SEGUNDA SEMANA DA CIENCIA E A TECNOLOXÍA

II Semana da Ciencia e a Tecnoloxía

Celebrada do 29 de abril ao 3 de maio de 2013


Por segundo ano consecutivo celebrouse no Instituto esta Semana, coa que se quere fomentar a cultura científica dos nosos alumnos e motivalos na aprendizaxe das ciencias e a tecnoloxía.

Cartel

Esta actividade foi organizada polos profesores Luísa Muíño (Departamento de Física e Química) e Juan Neira (Departamento de Tecnoloxía), colaborando Emilio Duque ( Departamento de Bioloxía e Xeoloxía) e na elaboración do cartel os alumnos de María del Carmen Núñez Faraldo (Departamento de Tecnoloxía).

Preparamos nas semanas anteriores a alumnos voluntarios que actuaron como monitores e foron os auténticos protagonistas destas xornadas, tanto na realización como na explicación dunha serie de proxectos e experimentos aos compañeiros doutros niveles, facendo que a semana fora amena e educativa á vez. As experiencias resultaron atractivas tanto para os alumnos/as que as realizaron como para os que as recibiron.

Todo este traballo completouse con dúas conferencias. Na primeira, con Paulino Gasalla, responsable do área de Astronomía e Contaminación Lumínica da “Sociedade Galega de Historia Natural” de Ferrol, efectuamos unha imaxinativa viaxe espacial. Saíndo da Terra nunha hipotética nave percorremos o Sistema Solar, visitando todos os planetas, os seus satélites, asteroides, planetoides, cometas, etc, para despois entrar na Vía Láctea onde visitamos estrelas, nebulosas, supernovas, novas, cúmulos abertos, cúmulos pechados, nacemento de estrelas, galaxias satélites, galaxias do Grupo Local, e penetramos no Espazo Profundo, onde atopamos grandes galaxias, choques galácticos, cúmulos de galaxias, cuasares e así ata chegar aos confíns do Universo Coñecido.

Na segunda, Antonio Sanduende Otero, responsable do Departamento de Servizos Enerxéticos na empresa Punto de Solucións de Enxeñería Galega, S.L.L. e Consultor de Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética, falou da enerxía solar térmica e fotovoltaica e as súas aplicacións prácticas.


Os proxectos e ensaios realizados podedes velos resumidos brevemente no seguinte arquivo:

AdxuntoTamaño
Resumo_Semana_Ciencia_Tecnoloxia_2013.pdf2.95 MB