Videoconferencia. IV Día da Ciencia en Galego


 

O martes 12 de novembro entre as 12.30 e a 13.30 , terá lugar no Salón de Actos unha videoconferencia para conmemorar o IV día da Ciencia en Galego. Esta actividade está organizada polo Equipo de Normalización e Dinamización Ligüística e a colaboración do departamentos de Física e Tecnoloxía. Participarán alumnos e alumnas de 4º da ESO,  1º e 2º de Bacharelato.

 

O título da videoconferencia será: "Como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol". Correra a cargo de Jorge Mira Perez. Doutor en Física e Catedrático da Área de Electromagnetismo do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. A súa actividade investigadora está centrada no estudo do magnetismo en sólidos e a nanotecnoloxía, e tamén no estudo de sistemas de falantes con idiomas en competición. Publicou numerosos traballos especializados en publicacións de prestixio e desenvolve un importante labor divulgador en libros, nos medios de comunicación ou do programa "ConCiencia" (USC), do que é responsable. Páxina web: http://www.usc.es/fagms/Mira/jorge.htm

Para abrir boca unha breve sinopse: Poucas etapas da historia amosaron un talento tan brillante como a da Grecia clásica. Contaremos como fixeron eses gregos para sabe-lo tamaño do mundo que habitamos e calcula-la distancia á lúa e o sol e os seus tamaños, usando tan só o bo hábito de observar con coidado o que nos rodea.

 

 

...................................................................&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&.....................................................................