Física e química

Terceira xornada da IV Semana da Ciencia e da Tecnoloxía. Mércores 15 de abril

Imos facendo etapas na nosa particular celebración da Ciencia e da Tecnoloxía. "Alucinamos" coas posibilidades da imaxe na detección precoz que nos amosou o Doutors Ruibal, percorremos corridores ás carreiras para cubrir a yincana matemática, xogamos e solidarizámonos co que nos tiñan preparado os alumnos da UDC, amosamos bo pulso cos relés e aprendemos a extarear ADN ...pero mañá seguimos.

 

Para empezar diremos que mañá a nosa semana da Ciencia terá un publico moi especial. Porque mañá visítannos os rapaces do Colexio Vales Villamarín que o ano próximos encherán de vitalidade as nosas aulas de 1º da ESO. Non se nos ocorríu mellor recibemento que integralos na chea de actividades desta terceira xornada da Semana da Ciencia e da Tecnoloxía.

 

1. Manteremos algúns esforzos xa feitos en días pasados: tecnoloxías agrarias tradicionais, sensacións de Física, invernadoiros mecanizados con Arduino, extracción de ADN, Corazón Corazón, e yincana matemática.

2.- Pero tamén iniciaremos algunhas novidades sobre todo no ámbito da tecnoloxía:

  • Alumnos de 2º da BAC ensirarannos o funcionamento de motores de corrente alterna (¿iso tiña algo que ver con AC/DC?)
  • Alumos dese mesmo curso porán en funcionamento  montaxes de electro pneumática en un robot MoWay

3.- No recreo poderemos disfrutar do lindo cunha competición de 6 coches  seguedores de liñas(o noso particular "fast &furious")

 

Segunda xornada da IV Semana da Ciencia e da Tecnoloxía. 14 de abril.

Na primeira xornada da Semana da Ciencia e da Tecnoloxía coñecimos por dentro corazóns (de tenreira), pelexamos con coches trazadores que dun día para outro se volveron rebeldes, manchamos as mans co óxido da vellas tecnoloxías agrarias, degustamos un sabroso chocolate feitiño cos fornos solares á porta do Insti', comprendimos e sentimos a conducción do calor.... e aínda estamos aquí.

A primeira xornada da IV Semana da Ciencia e da Tecnoloxía  foi unha primeira proba de axuste de horarios que podemos dicir que foi salvada con notable éxito.

 

Pero isto é só o inicio. O martes 14 ¡segue a festa da Ciencia e da Tecnoloxía!

1. Volveremos a contar no IES Francisco Aguiar cunha conferencia do prestixioso doutor Dn. Alvaro Ruibal, catedrático de Radioloxía e Mediciña Física da Universidade de Santiago de Compostela, e Xefe de Mediciña Nuclear do Hospital Clínico Universitario de Santiago (ao que puidemos coñecer e disfrutar o ano pasado)  Impartirá unha ilustrada conferencia baixo o título. " Imaxe molecular e o seu impacto na vida diaria"

 

2. Os alumnos e compañeiros de tecnoloxía volveran a permitirnos pelexar para que os coches manteñan al liñas que lles marcamos  e proporánnos unha novidade: un xogo de pulso firme con relés.

3.- ¡YINCANA MATEMÁTICA!    que vai poñer a divertida proba  a algúns grupos de 3º da ESO. Entre outras cousas cos mundialmente coñecidos mega-sudokus de Cheché e moitos xogos nos que anda enleada i enleando Natalia Pou.


 

4. Da man dos compañeiros de bioloxía e os seus alumnos/as aprenderemos un xeito para a extracción caseira do ADN

 

5. Novos cursos pasarán a coñecer as cinco "máquinas simples" a través das vellas ferramentas agrarias

6.- Tamén contaremos coa visita dun grupo de ex-alumnos da UDC (Universidade de A Coruña) encabezados por Laura Antón que xogarán coas matemáticas nun proxecto de aprendizaxe-servizo que servirá tamén para recoller alimentos para o Banco de Alimentos de A Coruña 


 

 

IV SEMANA DA CIENCIA E DA TECNOLOXÍA

 

O luns 13 de abril comeza no IES Francisco Aguiar esta grande festa da Ciencia e da Tecnoloxía á que lle adicamos especialmente unha semana...e imos xa pola IV edición.

Participan, desta volta, máis Departamentos Didácticos: Tecnoloxía, Física e Química, Bioloxía, Matemáticas, Ciencias Sociais e mesmo a Biblioteca cun certame de microrelatos sobre o patrón do número "pi".

Para o primeiro día :

1.-   Profesorado e alumnado de tecnoloxía deixarannos coa boca aberta amosando un invernadoiro de teito automatizado con Arduino            ( aclaramos que non é o nome do señor que dá ao botón. Arduino é unha plataforma de prototipado de circuitos); tamén haberá unha demostración de coches que seguen liñas trazadas

2.-  Varias experiencias biolóxicas: "Corazón, corazón" ( non confundir con programa de TV); extracción caseira de ADN; "coñecer as árbores do noso instituto".

 

3.-  Tamén dende o departamento de Física lograrán asombrarnos e mesmo descubrir a beleza coa súa presentación "sensacións de Física".

4.-  Se alguén quere botar unha ollada á tecnoloxía do pasado terá toda a semana unha pequena exposición de tecnoloxías agrarias tradicionais: sachos, fouces, roldanas, romanas.... ¡e moito óxido!

E isto é só o primeiro día. Temos unha semana enteira por diante

para disfrutar da Ciencia e da Tecnoloxía no IES Francisco Aguiar.

As Pontes. Visita Didáctica.

Organizada polos departamentos de Física e Química e Tecnoloxía, o mércores 18 de marzo terá lugar unha visita didáctica ás instalacións de ENDESA en As Pontes. 

Participará nesta saída un grupo de 37 alumnos e alumnas de 1º e 2º curso de BAC que cursan as materias de Física e Tecnoloxía Industrial. Estarán acompañados pola profesora de física M. Luisa Muiño,  e polo profesor de Tecnoloxía Juan M. Neira.

Exposición e Obradoiro de Sensores. Viaxe formativa a Lugo. 21.XI.2014

Organizado polos profesores Luisa Muiño e Juan Neira, o venres 21 de novembro un nutrido grupo de rapaces e rapazas de 2º BAC e 4º da ESO, alumnos de Física, Tecnoloxía e Electrotecnia, terán a oportunidade de realizar unha viaxe formativa a Lugo.

Alí poderán visitar unha exposición e participar activamente nun obradoiro sobre "Sensores". Ambas actividades tratarán sobre os sensores físicos: sensores de temperaturas, de son, de distancia, de luz, de infravermellos, acelerómetros, xiróscopos, GPS, de orientación... e o seu uso e aprendizaxe na clase, na ciencia e na arte.

1-. No obradoiro "SENSORES" os nosos alumnos aprenderán  a manexar os robots NXT  realizando, despois,  unhas dez experiencias de datalogging ou captura de datos. Fronte a outras maneiras de ver o ensino (materias illadas entre si e coa vida real) propónsenos nesta actividade que se impliquen todas as ciencias STEM (Matemáticas con representación de datos, Física con toma de datos físicos -son, temperatura, humidade, distancia...-  eTecnoloxía) , pois os aparatos son propios da clase de tecnoloxía, ainda que se empreguen noutras clases ou mesmo na Arte.

2.- O anterior sería un apartado que complementa a exposición "SENSORES" na que figuras artísticas feitas en Processing e outras linguaxes proxectadas cun canón evolucionen no tempo e esa evolución teña en conta os sensores que a compoñen, de luz, distancia, PIR, KINECT, etc.

 

Os nosos científicos-tecnólogos en ciernes sairán cara a Lugo ás 12.20 contando con chegar e facer unha comida rápida cos "bocatas" previamente preparados. De xeito que a actividade desenvolverase entre as 14 e as 17 horas. Ás 18 ou 18.30 contamos con estar de volta. 

 

Visita do alumnado de 2º de bacharelato ao "Ciclotrón"

A semana que transcorrerá entre o 7 e o 11 de abril será este ano a grande festa da Ciencia e a Tecnoloxía no Aguiar coa celebración da  III Semana da Ciencia e a Tecnoloxía.

Dentro das actividades desta Semana, o luns, a partir das 10,25, o alumnnado de Física e Tecnoloxía de 2º BAC viaxará ao Hospital Clínico Universitario de Santiago invitados por Dn. Álvaro Ruibal Morell, catedrático de Radioloxía e Mediciña Física da Universidade de Santiago de Compostela, e Xefe de Mediciña Nuclear do Hospital Clínico Universitario de Santiago. Con esta visita terán a ocasión de coñecer unha das últimas tecnoloxías no campo da imaxe molecular, o Ciclotrón (acelerador circular de partículas)

Estamos seguros que será de grande interese para o alumnado e un auténtico privilexio que os rapaces e rapazas do Aguiar poidan coñecer de primeira man instalacións tan punteiras.

"Imaxe Molecular" Conferencia de Dn. Alvaro Ruibal Morell

    Mañá venres,  31 de xaneiro, alumnos e alumnas de Física e Tecnoloxía do 1º e 2 de Bacharelato no IES “Francisco Aguiar” poderán asistir  a unha das actividades do programa “A Ponte” que promove a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e que  pretende achegar ao alumnado de secundaria á Universidade.

     Nesta ocasión a actividade iniciarase ás 10,25hs e consistírá nunha Conferencia que leva por título “Imaxe Molecular” e estará a cargo de Dn. Álvaro Ruibal Morell, catedrático de Radioloxía e Mediciña Física da Universidade de Santiago de Compostela, e Xefe de Mediciña Nuclear do Hospital Clínico Universitario de Santiago. Este profesor estará acompañado por lo seu estreito colaborador D. Michel Herranz, doutor en Bioloxía Molecular, "Molecular Imaging Program Director" e "PET Radiopharmacy Unit Director"


3º da ESO. Visita a SOTAVENTO

 Inicio 

Proyecto Divulgativo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Organizado polo profesorado de Física e Química e Tecnoloxía , o alumnado de 3º da ESO visitará o luns ( 3º B e C)

e martes (3º A e D) ao Parque Eólico Experimental  SOTAVENTO.

A expedición  Guiño  sairá do centro arredor das 9.20h para regresar apróximadamente ás 14.10

 

...................................................&...........................................................

Distribuir contido