3º ESO

Prácticas fotográficas 3º ESO (3)

24/05/2023
Etc/GMT+2

O día 24 de maio o grupo de 3ºC sae do instituto para tomar fotografías co profesor J.M. Rey.

Prácticas fotográficas 3º ESO (2)

23/05/2023
Etc/GMT+2

O día 23 de maio os grupos de 3ºA e 3º E saen do instituto para tomar fotografías co profesor J.M. Rey.

Práctica Fotográfica 3º ESO

29/05/2023
Etc/GMT+2

O día 29 de maio o grupo de 3ºB sae do instituto para tomar fotografías co profesor J.M. Rey.

Presentación dun libro da escritora Eva Mejuto

18/05/2023 10:35
18/05/2023 10:35
Etc/GMT+2

No contexto da Semana das Letras, o Departamento de Lingua Galega organiza un encontro coa escritora Eva Mejuto co alumnado de 3º de ESO.

Obradoiro de creación literaria

20/04/2023
Etc/GMT+2

O alumnado de 3º de ESO recibirá un obradoiro de creación literaria en colaboración co Concello de Betanzos. 

Charla con Andrea Maceiras

18/04/2023 07:35
18/04/2023 08:40
Etc/GMT+2

Charla coa escritora galega Andrea Maceiras.

Biografía - Andrea Maceiras

Bases do Safari Fotopoético 2023

 

SAFARI FOTOPOÉTICO LETRAS GALEGAS 2023

https://www.facebook.com/biblioteca.franciscoaguiar

 

 

 

 

A Biblioteca do IES Francisco Aguiar de Betanzos convoca á comunidade escolar a un safari fotopoético con motivo do día das Letras Galegas, que este ano homenaxea a Francisco Fernández del Riego.

 

Rexerase polas seguintes bases:

 

1.Poden participar todos os alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda a comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex- alumnos e ex-alumnas.

 

2.O safari fotopoético desenvolverase entre o 17 de abril e o 12 de maio do presente ano 2023.

 

3.O venres 12 de maio será a data límite para o envío / entrega das fotopoesías.

 

4.As fotografías deberán ser orixinais e, preferentemente, relacionadas con Betanzos, o seu casco histórico e os seus ríos.

 

5.As imaxes deben ilustrar algún texto dos que acompañan a estas bases nunha pequena escolma de Francisco Fernández del Riego.

 

6.O texto elixido debe aparecer integrado na propia imaxe.

 

7.As imaxes a concurso poderán entregarse nun formato dos usados habitualmente en imaxe dixital (preferiblemente JPEG), nun soporte pendrive na biblioteca do IES Francisco Aguiar, ou ben enviarse ao correo electrónico da Biblioteca:

bibliofranciscoaguiar@gmail.com

 

8.O premio consistirá nunha camiseta coa impresión da imaxe gañadora.

 

9.O xurado estará integrado por un representante do equipo directivo, un membro do equipo da Biblioteca, e dous profesores/as dos Departamentos de Lingua Galega e Ed. Plástica.

 

10.Os traballos presentados avaliaranse conforme aos seguintes criterios: 40% pola calidade e orixinalidade da imaxe

40% pola adaptación do texto á imaxe elixida

20% polo enxeño e creatividade na inserción do texto (ubicación, tipografía...)

 

FRASES DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO QUE PODEN INCLUÍRSE NO FOTOSAFARI

  • Cos ollos do noso esprito.
  • Galicia no espello.
  • Un país e unha cultura.
  • Letras do noso tempo.
  • A pegada das viaxes.
  • Camiño andado.
  • O río do tempo.
  • Desde a miña fiestra.
  • Palabras a eito.
  • Na espera do amigo.

Visita á exposición "Polaroid", na Fundación Barrié

 

A pasada semana os grupos de 3º de ESO visitaron a Fundación Barrié de la Maza, onde puideron visitar a exposición sobre Polaroid. Nesa mesma mañá tamén visitaron na dársena do porto a exposición de Steven Meisel.

 

 

Álbum: Curso 22-23 -> Exposición Polaroid

Exposición Steven Meisel

20/03/2023 08:40
20/03/2023 12:15
Etc/GMT+2

Os grupos de 3º de ESO visitarán a exposición de Steven Meisel, ademais da exposición temporal da Fundación Barrié.

Roteiro Rosaliano con 3º de ESO

21/03/2023
Etc/GMT+2

O 21 de marzo os grupos de 3º de ESO B e C realizan un roteiro rosaliano, visitando a Casa Museo de Rosalía de Castro e o Museo do Pobo Galego.

 

A Casa de Rosalía - Fundación Rosalía de Castro

Distribuir contido