Bases do Safari Fotopoético 2023
SAFARI FOTOPOÉTICO LETRAS GALEGAS 2023
https://www.facebook.com/biblioteca.franciscoaguiar
A Biblioteca do IES Francisco Aguiar de Betanzos convoca á comunidade escolar a un safari fotopoético con motivo do día das Letras Galegas, que este ano homenaxea a Francisco Fernández del Riego.
Rexerase polas seguintes bases:
1.Poden participar todos os alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda a comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex- alumnos e ex-alumnas.
2.O safari fotopoético desenvolverase entre o 17 de abril e o 12 de maio do presente ano 2023.
3.O venres 12 de maio será a data límite para o envío / entrega das fotopoesías.
4.As fotografías deberán ser orixinais e, preferentemente, relacionadas con Betanzos, o seu casco histórico e os seus ríos.
5.As imaxes deben ilustrar algún texto dos que acompañan a estas bases nunha pequena escolma de Francisco Fernández del Riego.
6.O texto elixido debe aparecer integrado na propia imaxe.
7.As imaxes a concurso poderán entregarse nun formato dos usados habitualmente en imaxe dixital (preferiblemente JPEG), nun soporte pendrive na biblioteca do IES Francisco Aguiar, ou ben enviarse ao correo electrónico da Biblioteca:
bibliofranciscoaguiar@gmail.com
8.O premio consistirá nunha camiseta coa impresión da imaxe gañadora.
9.O xurado estará integrado por un representante do equipo directivo, un membro do equipo da Biblioteca, e dous profesores/as dos Departamentos de Lingua Galega e Ed. Plástica.
10.Os traballos presentados avaliaranse conforme aos seguintes criterios: 40% pola calidade e orixinalidade da imaxe
40% pola adaptación do texto á imaxe elixida
20% polo enxeño e creatividade na inserción do texto (ubicación, tipografía...)
FRASES DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO QUE PODEN INCLUÍRSE NO FOTOSAFARI
- Cos ollos do noso esprito.
- Galicia no espello.
- Un país e unha cultura.
- Letras do noso tempo.
- A pegada das viaxes.
- Camiño andado.
- O río do tempo.
- Desde a miña fiestra.
- Palabras a eito.
- Na espera do amigo.