Normalización Lingüística
Obradoiro de Escrita Creativa (2)
O día 21 de abril é a quenda de 1º D de Bacharelato: asistirán a un obradoiro de escrita narrativa, organizado polo Departamento de Dinamización Lingüística.
Obradoiro de Escrita Creativa
O vindeiro 19 de abril o grupo de 1º E de Bacharelato asistirá a un obradoiro de escrita creativa, organizada polo Departamento de Dinamización Lingüística.
24 de febreiro, día de Rosalía
Mañá, 24 de febreiro, cúmprense 184 anos do nacemento da nosa maior poeta, Rosalía Castro.
O alumnado de Lingua Galega e Literatura dos grupos de 3ºA e 3ºB fixo un vídeo cos seus poemas recitados para celebrar o
Día de Rosalía.
Achegándonos á palabra: obradoiro literario
"Achegándonos á palabra" é un obradoiro literario, impartido polo Grupo Apiario e organizado polo Departamento Didáctico de Normalización lingüística.
O obxectivo é traballar a competencia artística e lingüística do noso alumnado, traballando a lingua escrita.
O obradoiro desenvolverase o 25 de novembro e está destinado aos grupos de 3º C e 3º D de ESO.
"Carvalho Calero: un espazo, un tempo, un creador".
Obradoiro que quere dar a coñecer ao alumnado de 1º de BAC D e E a figura homenaxeada no Día das Letras Galega 2019.
24 de febreiro Día de Rosalía no 'Aguiar'
Hoxe foron varias as actividades desenvoltas para conmemorar o día de Rosalía no Aguiar, primeiro o espectáculo teatral 'Sempre Rosalía' de Producións Dispersas para 1º BAC e 4º e 3º da ESO, organizado polo Departamento de Normalización Lingüística en colaboración con Concello de Betanzos.
Os de 1º e 2º da ESO tiveron a lectura dunha escolma de poemas preparados na titoría polo alumnado de 4º D con Natalia Pou.
Tamén temos os corredores adornados con produccións do alumnado de 4º ESO e a saída poética do alumnado de 4ºB por Betanzos repartindo caraveis e poemas de balde.
28 de febreiro Día de Rosalía no 'Aguiar' Espéctáculo 'Sempre Rosalía' de Produccións dispersas para 1º BAC, 4º e 3º ESO
Espectáculo de 20 minutos de duración para cada grupo. No salón de actos, a compañía teatral Produccións Dispersas realizará 3 pases do seu espectáculo 'Sempre Rosalía' nos seguintes horarios/turnos:
Curso | Sesión |
1º BAC | 1ª sesión ás 8:45 |
4º ESO | 2ª sesión ás 9:35 |
3º ESO | 3ª sesión ás 10:40 |
"Música e lingua, repaso da nosa música contemporánea e o papel da muller nel" no Liceo para os 1º de BAC
Venres 18 de outubro de 2019
O alumnado de 1º de BAC asistirá a unha actividade de dinamización lingüística, proposta polo Concello de Betanzos,co título "Música e lingua, repaso da nosa música contemporánea e o papel da muller nel". O evento terá lugar ás 12:00 da mañá no aula de Cultura Xulio Cuns do Edificio Liceo e estará ofrecida polo grupo galego Zenzar. O alumnado desfrutará, en primeiro lugar, dunha vídeo-charla con membros do grupo, falando da historia do rock en galego como elemento dinamizador da lingua na nosa cultura. Dentro desta parte faráse unha pequena introspectiva do que é o papel da muller na música galega, coas ilustracións de Laura Romero, creadora do proxecto "Músicas galegas ilustradas". A segunda parte será un concerto a cargo de Zenzar.
|
ban-de nº12 revista de banda deseñada do IES Francisco Aguiar #Betanzos800 #normalizaciónlingüística
Ola a todos! Xa estamos aquí de novo, un ano máis, para presentarvos o novo número de BD, a revista de banda deseñada do IES Francisco Aguiar. Este é un ano especial: Betanzos cumpre 800 anos e BD… vai camiño deles, de momento xa levamos 12, que non está mal.
O principal obxectivo do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística deste instituto é facer chegar e espallar a nosa lingua e a nosa cultura a todos os integrantes
da comunidade educativa; para tal fin entendemos que unha revista na que colaboran os alumnos e alumnas deste centro serve de forma atractiva e lúdica ao noso proxecto.
Como estamos de celebración, neste número ides atopar unha mostra de traballos que teñen como fío argumental a conmemoración dos 800 anos de vida de Betanzos. Son parte do traballo realizado polo alumnado de 3º ESO na área de Educación Plástica e Visual.
E como estamos soprando velas na nosa cidade, tamén lle dedicamos un apartado especial a outros aniversarios: os 90 anos de Popeye e Mickey Mouse, e os 60 de Mortadelo e Filemón (aínda que este, en realidade, foi o ano pasado).
Como vén sendo habitual, DB difunde a obra de autores importantes da banda deseñada. Dado que este número é unha homenaxe a Betanzos, faremos un percorrido polo traballo do noso autor máis recoñecido: Xosé Tomás.
En fin, esperamos que este pequeno traballo sexa do voso agrado, e ata o ano que vén, que celebraremos... 801 anos!
Preme na imaxe ou aquí para acceder á revista
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »