Normalización Lingüística
Día das #letrasgalegas 2019: A figura de 'Antón Fraguas' narrado para os 2º da ESO
Xoves 16 de maio de 2019.
De 10:40 a 11:30, no salón de actos, a actriz e contadora de historias, Soledad Felloza co espectáculo 'Do teu xardín', acerca ao alumnado dos 2º da ESO a figura de Antón Fraguas, homenaxeado neste día das letras galegas 2019.
Venres 10 maio Teatro no liceo para os 4º da ESO: 'Pelos na lingua' de Talía teatro
Organizado polo departamento de Normalización lingüística en colaboración co Concello de Betanzos. O alumnado de 4º da ESO asistirá á representación teatral da obra 'Pelos na lingua' de Talía teatro no edificio Liceo de Betanzos. De 12:00 a 13:30.
Obradoiro de poesía e escritura creativa para 3º ESO C e B
Mércores 10 de abril: Actividade do departamento de Normalización Lingüística en colaboración co Concello de Betanzos.
O obradoiro que leva por título 'Achegándonos á palabra' está impartido pola poetisa e actriz galega Antía Otero.
Grupo | Horario |
3º C | de 10:40 a 12:35 |
3ºB | de 8:45 a 10:25 |
Día da poesía: 'Ninguén é poeta' a cargo do grupo Aldaolado para 1º BAC
Luns 18 de Marzo 2019
Celebración do día da poesía cunha actividade organizada por Xan Munín Neira, xefe do Departamento de Normalización Lingüística e profesor de Lingua Galega e Literatura en colaboración co Concello de Betanzos.
De 10:25 a 11:15 no salón de actos para todos os 1ºBAC
A actividade correrá a cargo do grupo Aldaolado do que vos animamos a ver moitas das súas actuacións que se atopan grabadas en vídeo na plataforma youtube.
Xincana literaria para o alumnado de 1ºA e B da ESO
O martes 26 de febreiro, celebrando aínda que seña algo tarde o día de Rosalía. Organizada polos Departamentos de Normalización Lingüística e Lingua Galega e Literatura a través do Concello de Betanzos. A actividade desenvolverase no Ximnasio de 9:35 á 10:40 aproximadamente e virá da man do grupo de educación e dinamización sociocultural Xandobela. |
|
Gañadores do certame Busca-Ciencia
O equipo da Biblioteca comprácese de anunciar os gañadores do certame interclases Busca Ciencia:
1º Ciclo da ESO: 2ºA
2º Ciclo da ESO: 4ºA
Lembrar que hai un premio para toda a clase na cafetería do instituto. Os gañadores deben contactar co titor para concretar a sesión de titoría na que se disfrutará deste premio. Que aproveite!
26-30 novembro 2018 Semana da Ciencia en Galego
Ao longo da vindeira semana para celebrar o Día da Ciencia en Galego, o equipo da Biblioteca preparou un interesante concurso inter-clases acerca de cuestións científicas. Cada clase participará nos recreos cuns representantes elexidos con eles. A clase gañadora disfrutará dunha gorentosa sorpresa na cafetería do centro. Boa sorte a todos. |
Música e lingua, repaso da nosa música contemporánea e o papel da muller nel
O alumnado de 3º da ESO asistirá a unha actividade de dinamización lingüística, proposta polo Concello de Betanzos,co título "Música e lingua, repaso da nosa música contemporánea e o papel da muller nel". O evento terá lugar ás 12:00 da mañá no aula de Cultura Xulio Cuns do Edificio Liceo e estará ofrecida polo grupo galego Zenzar.
O alumnado desfrutará, en primeiro lugar, dunha vídeo-charla con membros do grupo, falando da historia do rock en galego como elemento dinamizador da lingua na nosa cultura. Dentro desta parte faráse unha pequena introspectiva do que é o papel da muller na música galega, coas ilustracións de Laura Romero, creadora do proxecto "Músicas galegas ilustradas".
A segunda parte será un concerto a cago de Zenzar.
Premiados Fotosafari das Letras Galegas
Porque algunhas veces un máis un non é necesariamente dous.
Propoñemos cada ano escoller un verso ou sentencia escrito pola persoa á que cada ano se lle adica a conmemoración da Letras Galegas. E vencellar dita cita a unha imaxe propia tomada polos nosos alumnos e alumnas. Isto ven sendo o Safari fotopoético das Letras Galegas que ten grande tradición xa no noso Instituto.
O resultado, non é unha simple suma. A miúdo palabra e imaxe multiplícanse para acadar que un máis un sexa infinito.
'O galego, a miña lingua propia' con Monoulious Dop
'O galego, a miña lingua propia'
Temos unha lingua que é moi rica e é nosa. Nela pódese facer ciencia, arte, cantar, debuxar e amar. O galego é a nosa lingua propia, un idioma en que se pode facer banda deseñada, rapear, ligar ou viaxar polo mundo enteiro. O galego é a nosa lingua propia e queremos gabarnos dela, porque si, porque nos peta. E temos exemplos abondo nos que nos reflectir!!!!
Potenciar o uso asiduo do galego en todos os ámbitos da vida e afortalar a identidade lingüística da poboación moza, estes son dous dos obxectivos trabe da nova campaña de dinamización lingüística lanzada pola Deputación da Coruña, e que o 24 de maio chega ao IES Francisco Aguiar da man do divertido grupo Monoulious Dop
A presente campaña diríxese á xente nova á que quere ofrecerlle referentes atraentes para ela, por mor da súa actividade pública e que, ademais, sexan ou poidan constituírse tamén en referentes en canto ao uso da lingua e ás actitudes de compromiso cara a ela. Un proxecto ambicioso e ilusionante e que lle trasladará á mocidade o positivo de empregar o galego, en todos os ámbitos da vida como o fan nos seus respectivos as xentes que forman parte do proxecto en primeira persoa, mais abre a participación a todo o persoal técnico, profesorado, e alumnado que participará de xeito activo, aprendendo e gozando con profesionais de ámbitos tan variados como a música, a literatura, as artes plásticas, o audiovisual, a comunicación, o mundo da moda ou a sanidade, todas elas co galego como lingua propia
'O galego, a miña lingua propia' pon en valor que temos un idioma propio, para convencer á mocidade de que o incorpore á súa vida cotiá; tamén busca reafirmar o uso da lingua en mozos e mozas que a usan só nalgúns contextos, crear demanda de falantes de galego, promover a sensibilización idiomática e en definitiva fomentar unha actitude positiva dos e das adolescentes fronte á lingua, gozando con ela de todas as actividades propostas.
Coordina e promove no noso Instituto, O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e o Departamento de Lingua e Literatura Galega
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »