Imaxes dunha inesquecible xornada festiva: Visita dos do Entroido de Samede ao Aguiar
Este pasado martes 11 recibimos pola trde a un grupo de integrantes da asociación cultural que está a recuperar o Entroido de Samede. Despois dunha charla no salón de actos do centro, despois dunha breve demostración no pavillón do centro, o alumnado de 1º e 2º da ESO case na súa totalidade animáronse a aprender a bailar a 'Muñeira cruzada'.
Grazas a Martín e Alejandro, gaiteiros incansables, e grazas aos integrantes da asociación. Un auténtico pracer.
Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.