4º ESO
"Fálame da Emigración". Proxecto interxeneracional co Centro de maiores da Fundación Abanca. Encontros co alumnado de 4º C
Retomando proxectos de colaboración co espazo +60 de Afundación en Betanzos, os maiores terán un encontro co alumnado de 4º C para contarlles as súas experiencias nunha escola que sen dúbida era moi diferente da época dos ordenadores e os móviles, aínda que igual de enriquecedora e formativa.
Para observar críticamente e pensar acerca da sociedade que foi e a que nos toca vivir.
"Fálame da Emigración". Proxecto interxeneracional co Centro de maiores da Fundación Abanca. Encontros co alumnado de 4º D
Retomando os proxectos de colaboración co espazo +60 de Afundación en Betanzos, recibiremos a visita de persoas maiores, que terán un encontro co alumnado de 4º D. O obxectivo é contarlles as súas experiencias nunha escola que sen dúbida era moi diferente da época dos ordenadores e os móviles, aínda que igual de enriquecedora e formativa.
Para observar críticamente e pensar acerca da sociedade que foi e a que nos toca vivir.
Charla sobre Gadisa
O día 8 de abril hai unha charla sobre GADISA, orientada ao o alumnado das materias económicas, Economía e Iniciativa de Obradoiro Empresariais.
Colaboración con CEIP Vales Villamarín
Enviado por Anónimo o Ven, 18/02/2022 - 09:18
A finais do pasado mes de xaneiro, a profesora Alba Alonso trouxo ao centro ao alumnado do CEIP Vales Villamarín, para que os rapaces e rapazas de 4º de ESO, na materia de Música, ensinasen aos nenos e nenas de 1º de Educación Primaria como fixeran a banda sonora dunha cortametraxe animada.
O alumnado do Vales Villmarín puido practicar tamén cos instrumentos, guiados polo alumnado do noso centro. Os nenos e nenas de Primaria desfrutaron moito da experiencia! Haberá que repetir logo para o ano.
Agradecemos a colaboración do CEIP Vales Villamarín, da súas mestras e do seu alumnado.
Charla sobre drogas, impartida por Juan Carlos Prado, psicólogo do Concello de Betanzos
A charla de Juan Carlos Prados versará sobre a cocaína ao grupo de 4ºD.
Charla sobre drogas, impartida por Juan Carlos Prado, psicólogo do Concello de Betanzos
A charla de Juan Carlos Prados versará sobre a cocaína, aos grupos de E4A, E4B e E4C.
Visita á Zona Monumental de Betanzos
O vindeiro martes día 1, entre 9 e as 10:30, o alumnado da materia de Educación Plástica visitará a zona vella de Betanzos no marco do Plan Proxecta.
Charla sobre a saúde na era poscovid, no Espazo Xove de Betanzos
O día 17 de decembro os grupos de 4º de ESO visitarán o Espazo Xove para recibir unha charla impartida pola psicóloga clínica Sara Purcell Sobrino orientada á saúde mental na era poscovid.
"Pasemos páxina á violencia de xénero", con Priscila Retamozo
A Asociación de Escritoras e Escritores es en Lingua Galega (AELG), organiza, coa colaboración da Deputación da Coruña, o programa "Pasemos páxina" que ten como obxectivo abordar a violencia machista nas aulas de secundaria a través do encontro con sete autoras galegas que tratan a temática na súa obra, tanto de narrativa como de ensaio.
A autora Priscila Retamozo visita 4ºA ás 12:35.
Conferencias no mes da Ciencia en Galego (II)
A Institución Galega de Ciencia ofrece unha serie de charlas sobre temas científicas.
A segunda charla desenvolverase no Salón de Actos o martes 23 ás 12 horas e versará sobre o COVID. O título da conferencia é Química e vida.
A conferencia será impartida por Maria Del Pilar Bermejo Barrera, Decana da Fac. de Quimica da USC
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »