Programa EduMob de intercambio con Francia
A Consellería de Educación vén de publicar información sobre o programa EduMob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado de Francia durante o curso 2024/2025.
CARACTERÍSTICAS DO PROGRAMA: o alumnado residirá coa familia do seu homólogo francés e asistirá a clase no centro docente do seu anfitrión/anfitrioa, garantindo así a continuidade dos obxectivos curriculares e as competencias correspondentes á etapa educativa. Ao mesmo tempo, a familia do alumnado participante comprométese a acoller no seu domicilio e integrar na vida e actividades familiares a un alumno/a francés/a.
As datas previstas son as seguintes:
- Estadía en Francia: do 16/09/2024 ao 11/10/2024
- Acollida en Galicia: do 28/10/2024 ao 22/11/2024
DESTINATARIOS: alumnado que o vindeiro curso estea matriculado en 1º de Bacharelato, que curse francés como 1ª ou 2ª lingua estranxeira, que teña unha nota mínima de 7 no expediente da ESO e de 7 na materia de 4º de francés de 4º da ESO (ver outros requisitos na resolución que se achega).
PROCEDEMENTO E CRITERIOS DE SELECCIÓN: (ver Anexo II)
DOCUMENTACIÓN QUE O ALUMNADO DEBE PRESENTAR: solicitude de participación (ver Anexo I)
DATA TOPE DE PRESENTACIÓN: mércores día 5 ás 14.15