Internacionalización do centro
Intercambio EduMob - despedida de Metz
A nosa alumna Sofía despediuse da súa familia francesa en Metz e xa está de regreso connosco despois dun mes de inmersión lingüística e cultural co intercambio Edumob da Consellería de Educación. Pronto recibiremos no noso centro á súa correspondente Mathilde.
Jobshadowing en Finlandia
O Centro de Formación e Recursos (CFR) da Coruña ofreceunos a posibilidade de participar, xunto con outros 11 centros de secundaria da provincia, nunha mobilidade a Helsinki (Finlandia). A docente Ana Ruiz, en representación do noso IES, visitou tres centros educativos. Foi unha intensa e moi enriquecedora visita de tres días na que puidemos intercambiar experiencias co profesorado finlandés, observar distintas clases e falar tamén co alumnado.
Intercambio co Liceo Statale Alessandro Volta
Enviado por laurateacher o Dom, 10/03/2024 - 16:55Durante unha semana, 12 alumn@s italianos de Colle di Val d'Elsa conviviron con 15 estudantes do noso IES no marco dun intercambio escolar.
Hoxe foi o día do "Ci vediamo presto!" no aeroporto, xa que en menos dun mes serán os galegos os que visiten a Toscana para aprender do seu sistema educativo, da súa cultura e da súa arte.
Ata entón, poderemos gozar dos recordos resumidos neste pequeno álbum de fotos.
Selo de Calidade Nacional - A Collection of Short Stories in English
O IES Francisco Aguiar conseguiu o Selo de Calidade Nacional eTwinning pola participación no proxecto A Collection of Short Stories in English, colaborando con alumnado de Alemaña, Turquía e Andalucía.
Grazas ao alumnado que traballou nel e á súa profesora!
Selo de Calidade Europeo - A Collection of Short Stories in English
Miguel Amado, Ángela Castro, María Dans, Alfredo Faraldo, Lara Fraga, Pablo Fraga, Olalla Gándara, Ánxela Manigrasso, Ariadna Rienda e Sofía Suárez participaron o curso pasado no proxecto eTwinning "A Collection of Short Stories in English".
Co seu traballo, non só acadaron o Selo de Calidade Nacional, senón que nos acaban de comunicar que tamén obtiveron o Selo de Calidade Europeo. Parabéns!
Proxectos eTwinning
Ano 2022-2024
A Collection of Short Stories in English
Profesora: Laura Rodríguez Manso
Premios recibidos: Selo de Calidade Nacional e Selo de Calidade Europeo
Proxecto eTwinning
Dez estudantes de 3º da ESO do IES Francisco Aguiar participaron ao longo deste curso, e xunto con outros 118 rapaces e rapazas de Alemaña, Turquía e España (Andalucía), nun proxecto europeo eTwinning chamado “A Collection of Short Stories in English”.
Dirixidos pola súa profesora de inglés, Laura Rodríguez Manso, escribiron pequenos contos en inglés de xeito colaborativo en grupos mixtos internacionais.
O resultado foron 21 historias que foron publicadas nun eBook As tres mellores, votadas por todo o profesorado participante, tamén se poden desfrutar en audio.