24 de outubro Día das Bibliotecas co mellor agasallo
Cola diante do mostrador durante o recreo da ESO. Atende hoxe o servicio de préstamos e devolucións Nuria Torregrosa.
Temos, os que formamos parte do Equipo da Biblioteca, moito que agradecerlle á entrega destes alumnos que desde o curso pasado colaboran activamente coa Biblioteca.
Eles fannos revivir co seu entusiasmo!
Por iso non temos dúbida, o mellor agasallo que a biblioteca recibe neste seu día é a presenza destes rapaces e rapazas voluntarios
Sempre están dispostos...
Na semana pasada, foron os encargados de repartir todos (e son moitos) os libros dos 20 Clubs de Lectura que comezaron a funcionar no IES.
Hoxe aceptaron o reto de decorar a Biblioteca para o conmemorar o día das Bibliotecas!
Este día, un ano máis a Biblioteca "Sebastián Buedo Jiménez" do IES Francisco Aguiar vístese de festa.
Durante toda a mañá, pero sobre todo nos recreos, xogo de pistas na procura de libros e agasallo de piruletas con forma de corazón:
Libros para soñar,
libros para viaxar,
libros para emocionarse,
libros para rir,
libros para chorar,
libros para indignarse,
libros para asombrar,
libros para tocar,
libros para descubrir o mundo,
libros para descubrirnos....
A FESTA DOS LIBROS E DAS BIBLIOTECAS!