4º ESO

Musiqueando en Boqueixón. Devolución de visita

O pasado  27 de abril, celebramos no Aguiar i en moitos institutos de Galicia un día de música na rúa.

Grazas á iniciativa, que levaba o título de "Musiqueando" , do Departamento de Música poidemos escoitar música nos recreos xunto á cafetería. E do mesmo xeito, recibimos a visita do grupo musical escolar do IES de Boqueixón que tamén nos deleitou cun concerto no porche da biblioteca.

A actividade completouse cunha xornada de convivencia ao mediodía que levou aos convidados e aos anfitriones de 4º da ESO do Aguiar a compartir comida e visita a Betanzos baixo a atenta mirada das profesoras Blanca Bello e Teresa Bellón. 

 

O venres 19 de maio os participantes de 4º da ESO devolven a visita desprazandose ata Boqueixón onde lles agarda tamén actuación, convivencia, comida e interesantes visitas.

Que as aproveiten!

"A Esmorga" de Blanco Amor nos seus espazos urbanos

Os vindeiros 16 e 23 de maio os alumnos de 4º da ESO terán a oportunidade de viaxar na procura das pegadas de "A Esmorga",  a magna obra de Eduardo Blanco Amor,  na cidade na que se desenvolve a novela, Ourense.

Descubrir eses espazos, as rúas, tabernas, fontes... como un xeito de achegarse a esta obra é unha proposta do Departamento de Lingua e Literatura Galega  que completa perfectamente o traballo das aulas sobre esta obra cumio da literatura galega.

Como remate da xornada: comida de amizade e sesión de termas ( como non en Ourense!)

CHARLA DE ORIENTACIÓN PARA ALUMNADO DE 4º DA ESO

O Departamento de Orientación, coa orientadora Mar García,  e o profesor do Ciclo Superior, Victoriano Rodriguez, organiza para o alumnado de 4º da ESO unha sesión informativa sobre as posibilidades de estudo ao remate do ensino secundario obrigatorio.

A charla terá lugar na 5ª hora  no noso Salón de Actos o xoves 11 de maio. 

Crónica do 4º día da viaxe a París. Julia Medín

O cuarto día da viaxe do alumnado de 3º e 4º da ESO a París comezou ( ben cedo pola mañá) coa visita ña famosísima Torre Eiffel;deseguido fomos á zona de Montmartre. Entramos na Basilique du Sacre Coeur e xantamos pola zona.

Pola tarde tamén nos desprazamos ata a Praza da Concorde e ao Parque des Tuilleries.

Despois entramos no Musée du Louvre e contemplamos as obras de arte con admiración, rematando así a xornada.

 

 

Julia Medín Crespo, 4º A

3ª crónica da viaxe a París. Nuria Torregrosa

Despois de 20 minutos en autobús, chegamos ao centro de París onde puidemos ver a zona máis xuvenil de París: Le Quartier Latin.

Máis tarde visitamos os xardíns de Luxemburgo onde aproveitamos para descansar da longa camiñata. 

Pasamos polo Eliseo, vivenda do presidente francés.

Chegamos á coñecida catedral de notre Dame e por alí comemos algo.

No barrio da arte moderna non chegaban as miradas para observar as obras de arte urbana.

E rematamos o día coa visita ao Arc de Triomphe.

Logo da longa marcha e as emocións acumuladas foi hora de volver ao hotel, sen forzas para falar sequera.

 

Sen dúbida foi un día moi memorable.

 

Nuria Torregrosa 4º A

 

Viaxes de estudos a París e Londres

Na derradeira semana diste trimestre(1-7 abril, 2017) máis de 100 dos nosos alumnos e alumnas atópanse embarcados en senllas viaxes culturais promocionados polos Departamentos de Francés e Inglés.

O alumnado de 3º da ESO ( cunha pequena representación de 4º) viaxan cara a París cun programa que inclúe polo camiño outras visitas interesantes ( véxase neste enlace o plan de viaxe): Bourdeaux, la duna de Pilat, un percorrido pola historia de Francia en París, Eurodisney.... Guiados e dirixidos polas profesoras Beatriz Vázquez Agilda, Melanie Pintos e Carmen Suárez Moledo.

O alumnado de 4º da ESO, acompañado polas profesoras Chus Suárez, Mª José Pereira, Elvira Charlín e Amparo Mejuto, cursan visita á cidade de Londres. Todo un clásico nas viaxes culturais do Aguiar que inclúe: o London Eye, The Globe Theatre, Picadilly, Camden, British Museum, National Gallery e Victoria&Albert, entre outros. 

Agardamos poder dar conta dos pormenores distas viaxes, se os nosos reporteiros cumplen o seu compromiso.

Celebrando o día da poesía ALDAOLADO

María e Lucía sempre nos fixeron dis-frutar cando pasaron polo Aguiar

 

A colaboración entre o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística que dirixe Xan Munín e o Departamento de Normalización do Concello de Betanzos, permítennos celebrar o Día da Poesía convidando, unha vez máis,  ao noso Instituto a dúas persoas queridas e aprezadas:

Lucía Aldao e María Lado

co seu espectáculo "Moita poesía, menos diversión", 

co seu dinamismo e

coa simpatía e bo rollo que transmiten,

deleitarán   ao alumnado de 4º da ESO .

 

Será no noso Salón de Actos, na última hora da mañá.

Obradoiros de Xornalismo. Luns 20 de marzo de 2017

Hai uns meses recibimos o convite do Colexio de Xornalistas de Galicia para participar nuns obradoiros sobre xornalismo.

Proposta a actividade á Carmen Suárez, profesora de Lingua Galega pareceu oportuna e moi interesante e decidíuse poñela en marcha con dous grupos de 4º da ESO, os grupos C e D.

Impatirá estes obradoiros a periodista Águeda Penedo. A 1ª e 2ª hora estará traballando con 4º C ; e a 3ª e 4º con 4ºD.

Agardemos que sexa esta unha actividade proveitosa para o noso alumnado.

8 de marzo: o día da muller e un teorema científico demostrado

 

Unha vez máis podemos confirmar a través dos nosos concienzudos estudos un teorema científico  xa indiscutible:

 

Dádeme un punto de apoio e un pau (de piruleta) , e o alumnado do IES Francisco Aguiar moverá o mundo

 

(E desta volta é ben necesario, e urxente,  que o fagamos.

O 8 de marzo nolo reclama)

 

 

A tarde do martes 7 de marzo, todos os colaboradores da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez traballaron en equipo para conseguir que toda a comunidade do noso IES repare no feito singular de que hoxe, 8 de marzo, é un día adicado a subliñar que todos os días terían que ser o día da muller.

01 Fase preglucémica

 

 

A tarde do martes 7 de marzo, todos os colaboradores da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez traballaron en equipo para conseguir que toda a comunidade do noso IES repare no feito singular de que hoxe, 8 de marzo, é un día adicado a subliñar que todos os días terían que ser o día da muller.

02 Fase posglucémica

Imaxe: Muxote Potolo Bat (enlace)

 

Distribuir contido