4º ESO

"Chouting" noTrampoline Park.

Os días 20 e 21 do presente mes de febreiro, e por iniciativa da súa profesora de Educación Física (Edda G. Beltrán), os alumnos e alumnas de 4º da ESO puideron choutar a pracer  nunha instalación de trampolíns que se atopa no centro comercial COMCORD no Polígono de A Grela en A Coruña.

Agardamos crónica e fotos .

 

Charlas sobre cultura inglesa

Grazas á colaboración dunha coñecida empresa de libros de texto  e coa xestión dos profesores do Departamento de lingua Inglesa, o vindeiro mércores 8 de febreiro terá lugar no Salón de Actos do instituto unha serie de tres charlas sobre cultura inglesa.

Ocasión inmellorable para que os nosos alumnos de 3º e 4º poidan prácticar a lingua e coñecer dun xeito divertido curiosidades dista cultura. 


ESO3º A,B,C................................ 1ªh

ESO 4ºC, D(16 alumnos)3º D........  2ªh

ESO4ºA,B, D (9 alumnos).............. 3ª h



Booktubers do Aguiar: Julia Nieto

JANE AUSTEN, Orgullo e prexuízo, Sotelo Blanco, Santiago, 2005, 527 páxinas.

 

Magnífica reseña de Julia Nieto, alumna de 4º da ESO do IES Francisco Aguiar, sobre esta novela.

Non só é brillante na análise do discurso e da historia da novela; tamén, na disposición fílmica dos contidos.

                                                       Parabéns para Julia ! ...e para os seus "proxelectas" profes´

Crónica da visita á UTE de Teixeiro pola nosa correspondente: Julia Nieto Mantiñán

 

 O xoves día 12, un grupo reducido de rapaces de 4º da ESO fomos escollidos a través dun sorteo para visitar o cárcere de Teixeiro, famoso por albergar presos tan soados nos medios coma Rosario Porto ou Alfonso Basterra, pais e asasinos da nena de non máis de catorce anos Asunta Basterra.

 

   Con relatos tan arrepiantes como referencia quizais o aspecto lúgubre que o cárcere amosaba na lonxanía se viu incrementado. Os quilométricos muros e as fortes medidas de seguridade nada tiñan que ver co que o seu interior albergaba. Parecía case como entrar noutro mundo. A súa propia cafetaría, igrexa, hospital, xardíns, rúas...Pero o que realmente cambiou  por completo a nosa forma de velo foron os seus habitantes. Nada tiñan que ver cos prexuízos establecidos na nosa sociedade. Ninguén escondía o seu sorriso e nada máis chegar agasalláronnos cunha pulseira de coiro feita por eles a cada un de nós.

 

   O seguinte que tivo lugar foi un cúmulo de experiencias. Descubrimos os diferentes ámbitos nos que a vida dos condeados transcorre: clase de arte, música, cerámica, biblioteca... E mesmo nos deixaron vivir de primeira mana súa estanza no cárcere dispoñéndonos por parellas, elixidas ao azar, en diferentes celas durante dez minutos. O resultado: agobio, aburrimento... Penso que ninguén quedou con ganas de pisar unha. Despois disto, repartidos en pequenos grupos, tivemos a oportunidade de vernos cara a cara con aqueles presos que tiveran problemas coas drogas no pasado. O seu testemuño foi escoitado no silencio respectuoso que acompaña a aquelas historias máis duras. Falouse das diferentes drogas (legalizadas ou non), da importancia das amizades que un escolle e do apoio incondicional das familias. Non só coñecemos por primeira vez os efectos das drogas (aspecto que ningunha charla sobre esta temática podería amosar)   senón que aqueles que falaron connosco transmitíronnos o seus sentimento de superación e o seu desexo, como eles din, de empezar de cero. 

 

   Deixamos o cárcere ademais sabendo que a “terapia” foi recíproca, xa que mesmo algunhas das historias que saíron á luz non foran nin sequera escoitadas no seu día polos funcionarios que nos acompañaban.   É que para min as historias máis bonitas non son aquelas que deixan pegada en quen as escoita, senón as que tamén liberan da carga de sostelas a aqueles que as contan, demostrando así a súa valentía.

 

Julia Nieto Mantiñán 4ºESO A.

DI K NON

Pola aceptación do alumnado, pola emoción vivida, pola intensidade da experiencia ta só poderemos cualificar como un éxito,a nosa colaboración coa UTE do Centro Penitenciario de Teixeiro.

O martes 10 tivo lugar a visita ao noso instituto. Logo dunha alegórica representación e o visionado dunha presentación audiovisual, a narración das experiencias dos participantes na UTE do Centro Penitenciario de Teixeiro foi un estímulo que moveu corazóns e cabezas para rexeitar a droga.A rolda de preguntas completou unha impresionante experiencia que emocionou a máis de un.

 

O xoves 12 de xaneiro,  os alumnos e alumnas de 4ª A e os voluntarios da biblioteca doutros cursos devolveron a visita coñecendo de preto o Centro Penitenciario, as instalacións, a vida alí...

Por tanto, dende o instituto tan só nos resta agradecer:

Grazas aos funcionarios que fixeron posible tan impresionante vivencia ( especialmente a Cristina)

e aos profesores que a impulsaron e fixeron posible ( Emilio e Xosé Luis)

Grazas aos reclusos pola sinceridade e cercanía.

Grazas ao noso alumnado pola receptividade e respecto.

 

 

 

 

 

DI K NON !

Un ano máis o IES Francisco Aguiar participará nun programa de prevención de drogradicción  en colaboración coa UTE do Centro Penitenciario de Teixeiro .

O martes 10 recibiremos a visita dun grupo da dita UTE que representarán e falarán co alumnado. O xoves 12 serán os alumnos de 4º A e parte de B os que visiten o Centro Penitenciario.

As Driadas: Un ano máis chega en decembro o Obradoiro de danza moderna e hip-hop

Un ano máis, coa colaboración da Deputación de A Coruña e o Concello de Betanzos, o noso alumnado de 4º da ESO achégase ao mundo da danza.

E un ano máis son Estefanía e Alba, as enerxéticas i entusiastas compoñentes do grupo de danza moderna e hip hop "As Driadas", as encargadas de dirixir estes talleres.

Na 3ª sesión de clase participarán os grupos C e B. Na 4ª sesión, serán os de A e D. Como remate da mañá, na 6ª hora,  unha sesión conxunta e actuación para poñer en práctica o aprendido. 

 

Como confirmación do que ven sendo xa unha tradición decembrina,  basta un botón... Vai este video de hai dous anos...no que algúns que agora se agobian en 2º BAC poden recoñecerse :) máis relaxados.

 

Crónica "de Julias" do encontro coa escritora Ledicia Costas 9.XI.2016

 

 Cando se vai á presentación dun libro, espérase atopar un breve resumo da obra a tratar e unha recomendación por parte doutro autor, editor...

 

Hai unhas semanas (9 de novembro), algúns alumnos de 4º da ESO do IES Francisco Aguiar asistimos á presentación do novo libro da coñecida autora, Ledicia Costas. E todos os presentes levamos unha boa sorpresa. Ledicia fixo máis que un intento de dar a coñecer a súa nova obra, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, tratouse máis ben dunha conversa entre amigos. A autora mesmo se achegou a falar con algúns de nós antes e despois do evento, e preguntounos polos nosos estudos e afeccións. E durante a presentación do libro, non dubidou en compartir cos presentes algunha anécdota persoal e mesmo o relato do seu comezo como escritora, que parece saído dunha das súas novelas.

 

O mellor xeito de aprender e interesarse por algo é coñecer a razón da súa existencia, os segredos que se atopan detrás dunha liña ou mesmo as bágoas que caeron sobre o borrador. Por iso, coñecer ao autor dun libro, e máis sendo Ledicia, axúdanos a saber un pouco máis do mundo da literatura, o mundo cotián e o mundo que non se ve a simple vista.

 

Julia Nieto e Julia Medín 4ºA ESO.

 

III Festival "A Familia en Concerto". Crónica de Antón Méndez

C:\Users\Usuario\Desktop\descarga.png

 

 

O xoves 24 de novembro, ás 12 e media, os alumnos de música de 4º da ESO, xunto coa nosa profesora Blanca Bello, acudimos ao Ceip Vales Villamarín para participar nunha xornada musical con motivo da celebración do III festival “A familia en concerto”, na semana adicada a Santa Cecilia, patroa dos músicos.

 

Desprazámonos a pé, levando algúns instrumentos do noso instituto e dous amplificadores, que por mor da choiva, tivemos que embolsalos para evitar que ao mollarse se estropeasen. Unha vez alí, só tivemos que colocar o que nós levabamos, pois varios dos instrumentos que necesitabamos xa estaban no escenario postos á nosa disposición polo colexio de primaria.

 

Interpretamos dúas obras musicais; a primeira foi un fragmento da banda sonora dunha famosa película de vaqueiros “El bueno, el feo y el malo” e a segunda “Beat it” de Michael Jackson.

 

Ao remate, as profesoras de música do Vales, regaláronnos unha chapa conmemorativa do evento e invitáronnos a unha pequena merenda.

 

Para nós foi unha boa experiencia e esperamos que aos nenos e nenas de primaria e aos seu profesores lles gustara, pois quedamos con ganas de ter a oportunidade de volver participar noutro momento semellante.

 

 

Antón Méndez Fernández ESO 4ºB

Distribuir contido