III Festival "A Familia en Concerto". Crónica de Antón Méndez

C:\Users\Usuario\Desktop\descarga.png

 

 

O xoves 24 de novembro, ás 12 e media, os alumnos de música de 4º da ESO, xunto coa nosa profesora Blanca Bello, acudimos ao Ceip Vales Villamarín para participar nunha xornada musical con motivo da celebración do III festival “A familia en concerto”, na semana adicada a Santa Cecilia, patroa dos músicos.

 

Desprazámonos a pé, levando algúns instrumentos do noso instituto e dous amplificadores, que por mor da choiva, tivemos que embolsalos para evitar que ao mollarse se estropeasen. Unha vez alí, só tivemos que colocar o que nós levabamos, pois varios dos instrumentos que necesitabamos xa estaban no escenario postos á nosa disposición polo colexio de primaria.

 

Interpretamos dúas obras musicais; a primeira foi un fragmento da banda sonora dunha famosa película de vaqueiros “El bueno, el feo y el malo” e a segunda “Beat it” de Michael Jackson.

 

Ao remate, as profesoras de música do Vales, regaláronnos unha chapa conmemorativa do evento e invitáronnos a unha pequena merenda.

 

Para nós foi unha boa experiencia e esperamos que aos nenos e nenas de primaria e aos seu profesores lles gustara, pois quedamos con ganas de ter a oportunidade de volver participar noutro momento semellante.

 

 

Antón Méndez Fernández ESO 4ºB