4º ESO

Viaxe de estudos London 2017

 

Londres, coa súa sociedade multicultural, o tipismo e encanto de mercados como o de Candem ou as vistas dende o "Eye";

 as visitas á Tate ,o British ou a National Gallery;

a asistencia a unha obra de teatro ( este ano Rei Lear) no mesmo teatro de Shakespeare....

e unha convivencia que inclúe unhas risas en Trafalgar Square,

un anaquiño en Picadilly e unhas fotos no London Bridge, 

ou o gusto de pasar de hemisferio cun só paso en Greenwich.

 

Un ano máis no Aguiar a Sección Bilingüe de matemáticas e o Departamento de Inglés ofrecen ao noso alumnado de 4º da ESO  a posibilidade de realizar unha, máis que proveitosa, viaxe de estudos. Un ano máis que agradecer ao profesorado que a organiza e préstase viaxar co alumnado, neste caso Cheché Varela, Chus Suárez e Elvira Charlín.

Entre o 5 e o 11 deste mes de outubro o Aguiar conta con embaixadores de nivel na capital do Imperio Británico.

Proxecto Ludantia. Intervención no espazo urbano. O barrio dos Xudeus (Toma 1)

 

Intervir no espazo urbán.

Participar coa nosa creatividade no proxecto de urbanización dun espazo público encadrado nun histórico barrio da nosa cidade, os xudeus.

Sumatorio de historia medieval ( os xudeus) e historia contemporánea ( o lúpulo)

Tardes voluntarias de pintura e risas 

 

continuará!

Aproximación a linguaxe do cinema: "En Construcción", J.L. Guerín

Curso 2016-2017. Amablemente recibimos a invitación de participar no programa Cinema en Curso dos Plans Proxecta. Dificultades de organización e de persoas dispoñibles lévannos a unha colaboración máis reducida e fora do estricto Plan Proxecta.

O profesor Xosé Luis Mosquera Camba traballa cos seus alumnos e alumnas de 4º da ESO sobre Pierrot le Fou de J.L. Godard.

O pasado 8 de xuño continuando con este traballo reunimos ao alumnado de 4º da ESO do noso instituto para unha proxección moi especial.

Convocámolos no que pasa por ser a sala de cine máis antiga de España (XI.1882), o Cine Alfonsetti. O motivo era  o visionado dunha obra cinematográfica de primeira entidade: "En construcción" de J.L. Guerín.

Pese á esixencia da proposta, cremos poder dicir que o alumnado puido descubrir na proxección algúns do valores do cine que, por desgracia, quedan agochados con moita frecuencia no cine comercial que consumimos adoito.

 

En Construcción nos cuenta, o nos muestra, la demolición de un viejo edificio en el Barrio Chino de Barcelona. Pero más que ser un mero documento que registre ese proceso, es una metáfora sobre el paso del tiempo, sobre el cambio de siglo, sobre el efecto que esto tiene para las personas, centrándose en unos personajes que aparecieron por casualidad, que se cruzaron con la idea del cineasta de realizar una película.

El cineasta muestra su preocupación constante por el paso del tiempo, preocupación por lo que dejamos atrás, como dice Mª José Ferris Carrillo ‘‘[J.L. Guerín] es un visitador de tiempos y espacios…va en busca de lo efímero…’’. Guerín se interesa por capturar en el celuloide el ciclo vital del ser humano.

José Luis Guerín diluye la línea imaginaria que separa la ficción de la no ficción. Aunque el documental no sea un género propiamente, sino una amplia familia con múltiples ramificaciones, siempre se la ha entendido como la ‘‘antítesis de la ficción’’ , y es por eso que esa disolución de la frontera cobra mayor importancia.

El azar es un componente importantísimo en este filme. Desde el guión hasta el rodaje, el azar es el que va dirigiendo al equipo y al cineasta de un lugar a otro, de un personaje a otro, de una trama a otra. El propio Guerín dice ‘‘la experiencia que de verdad me interesaba era esa, partir sin un guión previo…’’ . A diferencia de otros documentales, como por ejemplo La Espalda del Mundo (2000) de Javier Cociera, En Construcción no parte ni de un guión ni de unas entrevistas previas con personajes pactados. Se busca la espontaneidad y el azar de lo cotidiano; sin embargo no puede separarse del género o del concepto documenta,l ya que ‘‘…habla de nuestro mundo, más concretamente del que estamos dejando atrás. ’’ 

Luis Deltell (enlace)

Se puxemos os alicerces para crear bos afeccionados ou non... diránolo o tempo

Xornada dos Clubs de Lectura en Santiago. 17.VI.2017

O pasado 17 con doses máis que sobradas de entusiasmo lector e desafiando calores e cansanzos... un grupo de entusiastas representantes dos nosos clubs de lectura, acompañados pola profesora Carmen Suárez Moledo,  participaron na Xornada dos Clubs de lectura que se celebrou durante todo o sábado en Santiago de Compostela.

 

O lema ("Somérxete!") non podía estar máis acaído,  tendo en conta as altas temperaturas da fin de semana. Porén as nosas rapazas e rapaces despregaron durante toda a xornada unha enerxía e bo humor que os fixo chamar a atención da concorrencia.

Nos momentos serios, como cando lles tocaba expoñer a súa comunicación ao Congreso.Ou cando tiñan que escoitar a conferencia de César Mallorquí.

No seu momento "influencer", movendo a todo o auditorio a "desenfundar" móbiles para alumear a situación.


Tamén chamaron a atención nos momentos de lecer. Tomando almorzos sans,  ou botando unha animada repichoca como fin de xornada.

 

Con rapazada como ista,  como non iamos estar orgullosos!

 

 

 

Concerto fin de curso para alumnado e familias. Alfonsetti 15.VI.2017

Un ano máis os alumnos de Música de 4º ESO e 1º BAC, dirixidos pola súa profesora Blanca Bello, agasallarannos cun concerto.

Non é outra cousa que a posta de largo do traballo cotián durante todo un curso. 

O escenario, de luxo:  o Cine Alfonsetti. Praza García Hermanos. Betanzos

O momento, oportuno: xoves 15 de xuño ás 20.00

O mellor público: compañeiros e familias 

AGARDÁMOSVOS!

 

P.D.

a modo de aperitivo deixámosvos o video do concerto do curso pasado

 

 

Visita do alumnado de 4º Tecnoloxía á fabrica Alumán

De novo unha saída didáctica dos alumnos de Tecnoloxía, neste caso de 4º, para coñecer as instalacións da industria ALUMÁN no polígono de Sabón en Arteixo. 

O martes 30 dende as 8.45 e ata as 12.30 poderán coñecer de primeira man estas instalacións punteiras de carpintería metálica. 

"especializado en el diseño y ejecución de grandes proyectos de fachadas de edificios en aluminio,...

 

Aluman tiene en la actualidad un volumen de encargos de 200.000 metros cuadrados de fachadas en ejecución en todo el mundo, un tercio de los cuales están en Bélgica, Francia y el Reino Unido. La compañía se ha expandido, además, a Colombia y Panamá. La firma se dedica también al equipamiento comercial. En la actualidad tiene en ejecución 900 habitaciones en hoteles de lujo para cadenas como Hilton, Ritz y Four Seasons, entre otras."

 

 

http://www.lavozdegalicia.es

 

Contacontos Aguiar (pola Educación en Igualdade e a Coeducación) no Vales

Colaborando na organización das VI Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade xurdíu a posibilidade de que os nosos voluntarios da Biblioteca lesen contos aos nenos do colexio Vales Villamarín.

Fixose unha escolma de contos arredor do tema das Xornadas: "Educación en Igualdade e Coeducación". Á procura de voluntarios/as ...sen nengún problema. O grupo da Biblioteca asume o reto con contaxioso entusiasmo pese a que están ben cargadiños de traballo.

O xoves 25 entre a 3ª e 4ª hora máis de 20 voluntarios do noso centro desprazaranse ata o colexio veciño do Vales para realizar a actividade.

Parabéns pola iniciativa...que se repita moitas veces!

SEGUNDA QUENDA da saída didáctica tralas pegadas de Blanco Amor por Ourense

A pasada semana dabamos conta dunha actividade do Departamento de Lingua e Literatura Galega: unha saída a Ourense na procura das pegadas na cidade da magna obra de Eduardo Blanco Amor, "A Esmorga".

Á espera dunha crónica máis detida da actividade as primeiras impresións de alumnado e profesorado foron excelentes. 

O martes 23 de maio toca repetir experiencia aos dous grupos de 4º da ESO que restaban por realizar a actividade, os grupos B e D. Desta volta estarán acompañados pola súa profesora Carmen Suárez e máis polos profesores Óscar García e Francisco Rodríguez. 

E do mesmo xeito que na primeira quenda, a actividade remata coa convivencia de mediodía nun espazo termal.

( e tamén como na primeira quenda a temperatura estimada para todo o día volverá a estar arredor dos 30 graos.

É Ourense. Eche o que hai!)

 

Distribuir contido