SEGUNDA QUENDA da saída didáctica tralas pegadas de Blanco Amor por Ourense

A pasada semana dabamos conta dunha actividade do Departamento de Lingua e Literatura Galega: unha saída a Ourense na procura das pegadas na cidade da magna obra de Eduardo Blanco Amor, "A Esmorga".

Á espera dunha crónica máis detida da actividade as primeiras impresións de alumnado e profesorado foron excelentes. 

O martes 23 de maio toca repetir experiencia aos dous grupos de 4º da ESO que restaban por realizar a actividade, os grupos B e D. Desta volta estarán acompañados pola súa profesora Carmen Suárez e máis polos profesores Óscar García e Francisco Rodríguez. 

E do mesmo xeito que na primeira quenda, a actividade remata coa convivencia de mediodía nun espazo termal.

( e tamén como na primeira quenda a temperatura estimada para todo o día volverá a estar arredor dos 30 graos.

É Ourense. Eche o que hai!)