4º ESO

Viaxe a Londres. Primeira fotografía.

Comeza a chegar algunha fotografía do alumnado de viaxe en Londres. A medida que envíen máis subirémolas á galería fotográfica do centro.  Desexamos que, agora que os problemas ca equipaxe se solucionaron, desfruten sen máis contratempos dunha enriquecedora e agradable experiencia.

Para ver a mellor calidade, pincha na imaxe. A verdade, é que mirando as expresións dos protagonistas da  fotografía só lles falta poñer "Aquí sufrindo".

londres 18

 

Agrqdecemento á Delegación do Goberno da Coruña

Corresponde expresar públicamente toda a gratitude á Delegación do Goberno da Coruña polas xestións para axilizar a restitución das maletas á expedición do IES Francsico Aguiar.

A Delegación do Goberno comunicou que as maletas chegaron ao Aeroporto de Gatwick ás 9:55.

Esperemos que pronto dispoñan dos equipaxes no hotel para comodidade de todos, e tranquilidade das familias.

Comunicado tranquilizador sobre a viaxe a Londres

incidenciaA compañía aérea non embarcou as maletas dos nosos alumnos e profesores por exceso de carga.

Onte, os profesores tiveron que buscar onde conseguir as medicacións dalgúns dos alumnos...e, finalmente, as conseguiron.

O telefóno móvil de contacto do IES, neste momento, non responde porque, o prioritario para os profesores é atender ás potenciais situcións de emerxencias.
[Tamén é certo que o cargador do teléfono quedou nunha das maletas]

Esta mañá aseguran que a situación está controlada, polo tanto, respiremos e deixémolos respirar o aire británico.

Probablemente, de volta, esta sexa unha das anédcotas que contar... e non a máis interesante.

Viaxe Londres 2018

londres 18

 

 

 

 

Do 10 ao 16 de outubro o Departamento de Inglés organiza unha viaxe a Londres con alumnos/as de 4º da ESO. Acompañan ao alumnado Elvira Charlín, Ana Ruíz, Ana Vicos e José Antonio Varela.

 

 

 

 

 

 

Reunión informativa Viaje a Londres 2018

26/09/2018 15:30
Etc/GMT+1

Reunión Londres 2018

 

 

 

 

Convócase aos pais/nais/titores do alumnado que participará na Viaxe a Londres 2018 a unha reunión onde se informará do programa da viaxe e diversas recomendacións.

O vindeiro mércores 26 de Setembro ás 16:30 no Salon de Actos do IES Francisco Aguiar.

 

 

 

 

XVI Bienal de pintura Balconadas de Betanzos. I participación do Aguiar

Xa están expostas até o 28 de Agosto as obras que participan no concurso da XVI Bienal de pintura Balconadas convocado polo concello de Betanzos. Para nós esta non é unha edición calquera, é a primeira vez que o alumnado do instituto, titorado e representado por José Manuel Rey Bao, participa. Unha honra que a obra dos alumos/as de 4º da ESO de Educación Plástica e Visual estea colgada ao carón doutras de artistas internacionais.

Parabéns e sorte.

balconad

PROXECTO TERRA. Curso 2017-2018. Guimaraês, Patrimonio

 

Un ano máis o Departamento de Educación Plástica e Visual, coa colaboración do Departamento de Galego participa nos encopntros interterritoriais do Proxecto Terra. 

Un ano máis os nosos alumnos e alumnas visitan a fermosísima cidade de Guimaraês, Capital Europea da Cultura no ano 2012, distinguida por un proxecto interesantísimo de revitalización urbana que inclúe unha nova forma de ollar o patrimonio.

Un ano máis alumnado e profesorado aprendendo e tomando nota. 

Un ano máis unha presentación en vídeos co fío condutor do novo punto de vista do patrimonio. Un patrimonio habitado no que non estamos sós os humanos. Un patrimonio que debe transformarse en recurso ( turístico, educativo...) e non en simple "floripondio". Un patrimonio que xestionado polo seus "donos" será máis patrimonio e máis respetado. E sobre todo un patrimonio que fuxe do modelo de parques temáticos para facerse escenario da vida cotiá. 

O patrimonio habitado. A Citania de Briteiros

O patrimonio feito recurso. Penha, Castelo e Couro. 

O patrimonio de xestión social. Souto de Sâo Salvador

Patrimonio para convivir. Guimaraês cidade ( no coraçâo) 

BAN-DE, XI anos

picar para abrir o enlace con BAN-DE

11 anos publicando nun instituto de xeito ininterrumpido unha revista xa é toda unha proeza. Se, por riba, a revista é de banda deseñada roza xa a pura utopía.

Pero o certo é que non hai nada de utópico.

O Aguiar pode sacar dende hai once anos a revista "bd" ...

  • Grazas ao impulso inicial de Uxía López Meirama  dende a Biblioteca  e co apoio de xente tan importante neste eido como Miguel Anxo Prado.
  • Ao Departamento de Educación Plástica que estivo sempre detrás do proxecto. Varios profesores e profesoras ao longo de varios anos e, sempre como fío conductor  e constante animador,  o profesor José Manuel Rey Bao.
  • Ao equipo da biblioteca que insisiste nas súas propostas de lectura de banda deseñada e mesmo é quen de traer ata o instituto a autores como David Rubín, Paco RocaKim e Altarriba  ou  Miguel Gallardo.  
  • A once xeracións de alumnos e alumnas que sostiveron co seu traballo este proxecto, algunhas  (Sarela Lorenzo) premiadas en importantes certames. Este ano, na undécima entrega de "bd": José Varela, Sonia Vázquez, Serafín Vázquez, María Mosquera, Ana Martínez, Ana Pérez, Lucas Mahía, Iago Porto, Lucía Sánchez, Sara Becerra, Celia Cernadas, Lucía Castaño, Lucía Vázquez López e , a recentemente premiada no premio de Banda Deseñada do IES Arcebispo Xelmirez 1, Delia Vázquez. 

 

 

 

PARABÉNS POR FACER REALIDADE A UTOPÍA!

 

DELIA VÁZQUEZ GONZÁLEZ recibe o premio do Certame de Banda Deseñada do Xelmirez1

O xoves 21, á tarde, a nosa alumna Delia Vázquez González recibía o primeiro premio de Concurso de Banda Deseñada que convoca o IES Arzobispo Xelmirez 1 de Santiago de Compostela. Estivo acompañada polos seus familiares e, en represantación do IES Francisco Aguiar polo seu profesor Xosé Manuel Rey Bao. 

PARABÉNS!

Que sexa o inicio dun camiño de traballo coroado de recoñecementos!

Clausurando o ciclo facendo memoria de catro anos

 

 

O pasado martes 19 de xuño nun acto sinxelo a promoción de 4º da ESO e as súas familias celebramos o remate do ciclo da Educación Secundaria Obrigatoria. 

Este video quere ser un incompleto recordo en imaxes deses anos compartidos

Distribuir contido