4º ESO

Proxecto Terra. Curso 2017-2018

PROXECTO TERRA (I)

 

Un ano máis, o IES Francisco Aguiar participa no Proxecto Terra, unha iniciativa da Consellería de Educación e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia que trata de concienciar ao alumnado de Primaria e Secundaria sobre os valores da arquitectura tradicional, da arquitectura contemporánea e da identidade territorial, e da importancia que teñen no patrimonio cultural de Galicia.

Este ano centrámonos no estudo da arquitectura tradicional, da que o Casco Histórico de Betanzos contén numerosos exemplos. Como traballo práctico, o alumnado de 4º ESO elaborou propostas de intervencións en espazos públicos dese contorno monumental; tratábase de reflexionar sobre o uso e o potencial que eses ámbitos públicos teñen para mellorar a vida cotiá dos cidadáns, proxectando pequenos espazos máis ou menos efímeros cos que os veciños puidesen interactuar. A partir do concepto de "refuxio", foron xurdindo ideas como un pequeno pavillón cuberto con banco e detalles vexetais na praza da Constitución, unha referencia aos barcos que noutros tempos foron habituais nos ríos de Betanzos, unha proposta de cubrir a rúa Travesa ou un espazo de descanso e relación nun solar da rúa San Francisco. Nestas imaxes podedes observar un resume do traballo realizado.

 

 

PROXECTO TERRA (II)

 

Outra liña de traballo en relación ao Proxecto Terra estivo relacionada co "Dereito ao hábitat". Tratábase de afondar na idea de "onde vivimos importa", reflexionando sobre a importancia que o hábitat (considerado como o espazo natural e construído no que desenvolvemos a nosa vida) ten na nosa experiencia vital, e a súa consideración como un dereito de todos os cidadáns. Este dereito ten un sentido individual e privado (dereito a dispoñer dunha vivenda digna) pero tamén ten un sentido público (os espazos compartidos que deben ser obxecto de ordenación, na que con frecuencia o beneficio colectivo pode supoñer algunhas renuncias individuais).

 

Da idea de que o hábitat é un dereito que incide na calidade de vida colectiva xurdiu a idea de intervir nun espazo compartido no interior do instituto, tratando de darlle unha nova imaxe a un dos corredores. Tratábase de converter un lugar de paso nun espazo máis agradable, coa idea de que iso produciría unha mellora na vida cotiá da comunidade educativa. Eliximos o corredor dos laboratorios de Física e Química, cunha intervención que consistiu no pintado da parede, sinalética dos aseos e disposición dunha táboa periódica nun dos paramentos. Podedes valorar o proceso de traballo e o resultado final a través das imaxes que se acompañan.

 

Delia Vázquez gaña o Certame de Banda Deseñada do Xelmirez1

 

 

 Delia Vázquez González ven de resultar gañadora do primeiro premio na súa categoría (12-16 anos) do Certame de  Banda Deseñada que convoca o Instituto Arcebispo Xelmirez 1 de Santiago de Compostela.

 

Un galardón máis que merecido para Delia no que se xunta  talento persoal  de alumnos e alumnas; unido ctraballo dun instituto como o Aguiar( especialmente seus departamentos de Educación Plástica e Normalización Lingüistica),  que se preza de publicar cada ano ( e van once edicións) unha revista de banda deseñada (BDban-de)...      Xa o puidemos disfrutar con Sarela Lorenzo e agora volvemos a reeditar ledicia cunha nova promesa da Banda Deseñada.

 

Parabéns á artista, á súa  familia e ao creativo Departamento de Educación Plástica e Visual na persoa do seu Xefe: Xosé Manuel Rey Bao.

 

Premiados no VI Certame de Banda deseñada AX1

Categoría de 12 a 16 anos:
Primeiro premio: O que ve. Autora: Delia Vázquez González, do IES Francisco Aguiar de Betanzos.
Segundo premio: Prexuízos virtuais. Autora: Raquel Cambeiro Fernández, do IES As Insuas de Muros.

Categoría de 16 anos ou máis:
Primeiro premio: Triste inocencia. Autora: Isela Rodríguez Mascato, do IES Xunqueira I de Pontevedra.
Segundo premio: Mosquitap. Autora: Anaïs Cerezal Pacho, do IES Xunqueira I de Pontevedra.

 

Agardamos que este recoñecemento sexa un impulso

para o camiño creativo de Delia

que agora comeza cheo de grandes esperanzas.

IMAXES DA VIAXE CULTURAL VIGO_CIES_BAIONA

DÍA 1. VIGO

Visitando o xacemento arqueolóxico "Salinae" , salinas de época romana en Vigo.

Casa Quiñones. O centro histórico da cidade olívica

Parque arqueolóxico de O Castro.

DÍA 2. ILLAS CÍES

Fundidos trala primeira camiñata !

A paisaxe que xustifica o esforzo.

O xélido_reparador baño de regreso  

DÍA 3. BAIONA_COMPOSTELA_BETANZOS

Prohibido tomarse unhas pintas na reprodución da Pinta!

 

GRAZAS aos alumnos organizadores.

Grazas a Mónica e Rosina! 

Viaxe cultural VIGO_CIES_BAIONA 1 a 3 de xuño 2018

Os vindeiros 1,2 e 3 de xuño o grupo D do noso curso de 4º de ESO preparou ( cun protagonisno moi meritorio do alumnado) unha viaxe cultural. No mesmo estrán acompañados por dúas boas coñecedoras dos territorios que visitarán, as profesoras de Latín, Mónica Rodríguez Costas, e de Xeografía e Historia, Rosina Baños de Almeida.

Durante estes tres días achegaranse ata o sur de Galicia para coñecer Vigo ( os xacementos arqueolóxicos de Salinae ligados co mundo romano ou do Castro de época castrexa). Visitarán as illas Cíes do Parque Natural das Illas Atlánticas. E tamén coñecerán a histórica vila de Baiona.

aluman 8.V.2018

Un ano máis o alumnado de 4º da ESO poderá visitar unha das empresas punteiras de Galicia:Alumán

"especializado en el diseño y ejecución de grandes proyectos de fachadas de edificios en aluminio,...Aluman tiene en la actualidad un volumen de encargos de 200.000 metros cuadrados de fachadas en ejecución en todo el mundo, un tercio de los cuales están en BélgicaFrancia y el Reino Unido. La compañía se ha expandido, además, a Colombia y Panamá. La firma se dedica también al equipamiento comercial. En la actualidad tiene en ejecución 900 habitaciones en hoteles de lujo para cadenas como Hilton, Ritz y Four Seasons, entre otras."

Acompañados pola profesora Carmen Núñez, partirán a las 9,30 para regresar arredor das 13.30. 

O Radón e a nosa Semana da Ciencia na prensa

Alumnos del Francisco Aguiar reciben nociones del gas radón en la Semana de la Ciencia

redacción | Betanzos 27.04.2018 | 01:54

Responsables de Inteko, ayer, con los alumnos del instituto.
 
Responsables de Inteko, ayer, con los alumnos del instituto. la opinión

La empresa especializada en medición, detección y extracción de gas radón, Inteko Radón Galicia, participó ayer en la Semana de la Ciencia que organiza el instituto Francisco Aguiar, de Betanzos. La empresa explicó a los alumnos de cuarto de la ESO nociones básicas sobre el gas radón y sus riesgos El objetivo de estas charlas formativas es alertar de los perjuicios sobre la población derivados de la exposición a altas concentraciones de este gas radioactivo natural

http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2018/04/27/alumnos-francisco-aguiar-reciben-nociones/1285811.html

Sección bilingüe en Navantia. 24.IV.2018

O martes 24 de abril a  sección bilingüe de matemáticas en 3º e 4º da ESO visita as instalación de Navantia en Ferrol.

Coñecer o mundo do mar e da construcción marítima da man dos expertos, e con explicacións en inglés, é o plan que os alumnos e alumnas da nosa sección bilingüe teñen para este martes. Completarán a xornada cunha visita a Pontedeume. Estarán, en todo momento, acompañados polos seus profesores Elvira Charlín e José Antonio Varela.

Fotografía en Curso. 2018. ESPAZOS BALEIROS

Un ano máis, capitaneados polo profesor Rey Bao, o noso alumnado traballando a fotografía de "espazos baleiros".

 (curso 14-15 enlace) (curso 15-16 enlace) 

 

PARABÉNS!

Xogando con robots

Os de 4º da ESO aplicadas imos comezar en Tecnoloxía a xogar con robots. Comezamos cun brazo moi cutre para perder o medo. Temos moitas ideas na cabeza e agardamos poder presentar aquí algunha. Mentres unha pequena mostra xa que, como era altamente sofisticado Guiño, xa desmontamos este robot.... para ... montar outro.

profeticsbeta@gmail.com

Distribuir contido