4º ESO

Cuarta e derradeira cos cuartos

Completamos nesta semana  o noso percorrido de charlas sobre Prevención de Condutas Aditivas do psicólogo Juan Carlos Prados polos diversos cursos da ESO.  

Nesta cuarta e derradeira semana serán os alumnos e alumnas de cuarto  da ESO os que traballarán estes contidos entre os días 5 e 7 de febreiro.

 

Exhibición de capoeira no Aguiar

O venres 2 de febreiro comezará no noso instituto unha serie de inciativas do departamento de Educación Física para dar a coñecer  a capoeira.

Neste día os grupos A e B de 4º da ESO, na derradeira hora da mañá, terán a oportunidade de asistir a unha clase-exhibición de capoeira a cargo de Iandê Capoeira y Nagô.

 

Suprime o Control. Programa Socioeducativo de Prevención da Violencia de Xénero

Durante os martes, días 30 de xaneiro, 6 e 20 de febreiro, os nosos alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO terán ocasión de participar no Programa de Prevención da Violencia de Xénero que promove a Deputación Provincial, baixo o título Suprime o Contro(enlace)  

Ao longo destas tres sesións cada un dos grupos de 3º e 4º reflexionarán e traballarán sobre a construcción de identidades igualitarias; o fortalecemento da intelixencia emocional e resolución de conflitos; e identificación e prevención da violencia de xénero; e a desmitificación do amor romántico.

Para achegarse a estes temas fomentarase unha aprendizaxe cooperativa e participativa que empregará as TIC's como ferramenta indispensable. 

Como remate proporase a realización de microrrelatos que servirán para a realización dunha curtametraxe como a que agora presentamos froito do traballo dos alumnos e alumnas do CPI Fonte_Díaz de Touro,  no ano pasado.

 

A curta está gravada no propio centro, dirixida por Sergio Louzao Alonso e protagonizada por Rocío Sanín Fontenla e Xián Barreiro, coa colaboración do resto do alumnado de 3º da ESO e do profesorado.

  

Metamorfose (VOS) from DELOGA on Vimeo.

Os vapores do ferro de pasar, o xabrón de fregar os pratos, o mango da vasoira. Deixa de estudar; non fai falla que traballes…

Xestos de cariño detrás de miradas celosas e golpes detrás de sorrisos falsos.

 

Ela xa estaba farta de todo iso; quería ser libre; suprimir o control total; ser forte e voar de novo.

E sabedes que?

Fíxoo.

 

Entón recoñeceuse de novo diante do espello.”

Sergio Louzao Alonso

(Avance) Que fai un aguiar coma ti nun vales coma iste?

Que fai un aguiar coma ti nun vales como iste? podería ter sido a pregunta que o martes 19 de decembro lles fixeramos aos aluimnos de música de varios cursos do noso instituto.

O certo é que, un ano máis, achegáronse ata o veciño cole do Vales para disfrutar da alegría dos peques e levar o seu bo facer musical. 

Para estes menesteres buscaron unha colaboración moi especial, a do mesmísimo Papá Noel que tocou o baixo e dirixíu ao conxunto. Un Papa Noel, por certo, bastante baixado de peso. Inocente

Concerto 22 novembro ( festividade de Santa Icía, patrona de músicos e músicas)

Non hai xeito mellor para celebrar á música que con música.

Por iso o Departamento agasalla ao alumnado do IES Francisco Aguiar cun pequeno concerto que terá lugar durante o primeiro recreo da ESO no Salón de Actos. Participan alumnos e alumnas de 2º e 4º da ESO dirixidos pola profesora Blanca Bello

 

No PROGRAMA presentaranse dous básicos da música popular contemporánea:

          • Live is Life da banda austriaca OPUS poñerá a enerxía
          • Don't worry be happy aportará o "borrollismo" vital do mundo reggae da man de Bob Marley

 

LVCVS AVGVSTI. Descubrir o próximo... e aos próximos

O venres 17 de novembro un grupo de case corenta alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO, desafiando fríos, chegaron a vella capital dun dos "conventus" da "gallaecia" romana, Lvcvs Avgvsti

Guiados polas expertas, e máis que coñecedoras, indicacións do arqueólogo Felipe Arias descubrimos... o próximo. A marabilla do mundo romano perto da nosa casa vivindo situacións, problemas e reaccións nos que podiamos vernos retratados no século XXI:

  • Que a globalización xa era parte daquel mundo: Impresionantes superficies de mosaicos con formas e temas que poderíamos atopar igualmente en Túnez o en Emerita (Badajoz). Deuses e heroes que transitan por igual Braccara(Portugal) ou Barcino(Barcelona), Lucus ou Roma.
  • Que a integración tamén era un problema_reto para sociedades como a romana e a galaica que tiveron que convivir ata formar algo que só pode chamarse,con propiedade galaico-romano. Coñecimos, pola súa ara funeraria,  a unha "peluqueira_maquilladora" de nome grego ( tivo que resultar ben exótica esta grega no Lvcvs dos primeiros séculos)
  • Que tamén no mundo romano había quen procuraba que a memoria doutros desaparecese, mesmo borrando os seus nomes das pedras, "damnatio memoriae".
  • Que nun mundo como o actual (no que se fabrican productos para que duren pouco)sorprende que no mundo antigo se soubese deseñar e construir obras que aínda hoxe nos deixan coa boca aberta pola durabilidade. Unha muralla de 18 séculos deseñada para que drene perfectamente a auga que lle poidese chover por riba.

 

 

  • Que ao longo de miles de anos hai lugares que manteñen unha especie de atracción que os fai importantes ao longo do tempo. Nun momento da historia é o culto a Mitra,  e séculos despois case o mesmo lugar acolle o culto a Cristo "sol invictus". 
  • Que o labor do arqueólogo é ben difícil. Con poucos datos terá decidir se estamos diante dunha piscina para bautizar cristiáns ou de parte dunha terma, seica  "frigidarium" ou "tepidarium"

 

E claro,  posto que  unha saída didáctica é tamén unha experiencia de convivencia diferente (en canto a espazos e tempos) ao da escola, puidemos descubrir:

A resistencia ao frío dalgunha rapaza que non sabía das condicións climáticas de Lugo... ou pensaba que tiñan a calefacción acesa polas rúas

Que hai quen calza zapatillas ON e OFF.

Que alguns/nhas non poden pasar por unha tenda de roupa (Zara sen ir máis lonxe) sen lle botar unha ollada  (aínda que se retrasen un chisco na hora de encontro fixada)

Que algunhas representacións artísticas (coma as dos querubíns) poden dar a algúns tanta grima como unha pelicula gore.

Que a música de Bollywood que escoita Fatema (e imaxina bailada ao "bangladesh style"),  cando a escoita Fernanda (hai poucos meses chegada de Sudamérica) só pode imaxinala... bailada como unha samba! 

 

 

Pois si...en LVCVS AVGVSTI, descubrimos o próximo e aos próximos!

 

 

 

Segundo día...still alive!

Trafalgar Square

St Peter & St Paul

Un "lixeiro" refrixerio para seguir camiñando.

Xa en Londres. O primeiro día dos nosos enviados

Chegada e primeira noite sen ningún percance. Agardamos máis noticias e máis imaxes

Distribuir contido