4º ESO

Entrega da mención de honra da Balconada co título 'Doce' na edición Betanzos 800 anos

O pasado 12 de agosto, na sala de plenos do Concello, as alumnas autoras da Balconada 'Doce' e o seu profesor J.M. Rey Bao, recolleron diplomas acreditativos e agasallos da mán da alcaldesa María Barral. Moi orgullosos deste gran logro. Parabéns!

fotografiando ao fotógrafo premiadas
premiados

 

A BALCONADA DAS ALUMNAS DO AGUIAR CONSEGUE UNHA MENCIÓN DE HONRA

 

Moi satisfeitos por este logro:
A balconada n.º 22, titulada Doce, realizada por grupo dalumnas de o IES Francisco Aguiar formado por Ana Boado, Celia Cernadas, Ana Pérez e Sonia Vázquez, baixo o asesoramento do profesor José Manuel Rey Bao, consegue unha Mención de Honra.
 
 
 
 
 Primeiro premio. Balconada número 15 “ Tempus fugit” da autora Aida Rodríguez Donoso

Balconada 2019 proposta do alumnado de 4ºESO para #Betanzos800 #Balconadas #2019oanodeBetanzos

Betanzos está xa engalanado coas Balconadas e, por segundo ano consecutivo o alumnado de Educación Plástica de 4º con José M. Rey Bao á fronte, presenta unha creación propia. Este ano, a proposta é un calendario agrícola inscrito no rosetón principal de Santa María do Azougue.

Balconada Balconada

 

Compartimos as fotografías da balconada na súa ubicación e de novo o álbum, con máis fotografías do proceso de creación, incluíndo unha espectacular (dou fé) tarta de iogur con rosetón de chocolate receta exclusiva de Sonia. Preme na imaxe para navegar polo álbum ou accede á nosa galería fotográfica

Álbum: Departamento de Plástica e Visual 2018-2019 -> Balconada 4ºESO

Preparandonos para as #Balconadas2019

Aínda que xa rematamos o curso, un pequeno grupo de alumnos/as de 4º da ESO continúa a vir a traballar ao centro. O seu traballo, algo con moito significado e cunha gran ilusión, unha balconada que agardamos entre a concurso na edición de Balconadas 800 aniversario. A proposta representa un calendario agrícola dentro do rosetón da igrexa de Santa Mª do Azouge. Noraboa a todos os participantes na súa elaboración polo seu bó facer e creatividade. 

Álbum: Departamento de Plástica e Visual 2018-2019 -> Balconada 4ºESO

Fotografías do acto de entrega de premios e despedida de 4º de ESO no #Alfonsetti

Álbum: Curso 2018-2019 -> Entrega de premios 4º ESO

Entrega premios #findecurso #4ESO no #Alfonsetti #sentidiño coas invitacións lembrade o aforo máximo

Entrega premios fin de curso 4ºESO no Alfonsetti o venres 21 ás 18:00. Lembrade que o aforo do local é de 200 asientos apróximadamente. Podedes invitar á familia, pero facédeo 'con sentidiño' despedida  4º

Charla 'Fundamentos léxicos para a ciencia e a técnica' a cargo de Mª Teresa Amado Rodriguez

07/06/2019 12:25
Etc/GMT+1
teresa amado O vindeiro curso estrenamos unha nova optativa, 'Fundamentos léxicos para a ciencia e a técnica', e quén mellor que Mª Teresa Amado para presentala ao alumnado. Charla de dúas horas de duración para os 4º de ESO no salón de actos.

Mosaicos con motivos de Betanzos do alumnado de Cultura Clásica

Fotografías dos alumnos de 3º e 4º de ESO que realizaron fermosísimos mosaicos coa supervisión da súa profesora Teresa Iglesias. Parabéns a tod@s!

Álbum: Actividades 2018-2019 -> Mosaicos Cultura Clásica 3ºESO e Latín 4º ESO

Plan director. Charla sobre Violencia de Xénero para alumnado de 4º ESO

plan director

 

 

Charla dentro do Plan Director da Garda Civil para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus Entornos. Nesta ocasión destinada a alumnado de 4º da ESO para educar na prevención da Violencia de Xénero.

23 Maio
4º C
de 9:35 a 10:25
4º A
de 10:40 a 11:30
24 Maio
4º D
de 9:35 a 10:25
4º B
de 10:40 a 11:30
Distribuir contido