Viaxe de estudos London 2017
Londres, coa súa sociedade multicultural, o tipismo e encanto de mercados como o de Candem ou as vistas dende o "Eye";
as visitas á Tate ,o British ou a National Gallery;
a asistencia a unha obra de teatro ( este ano Rei Lear) no mesmo teatro de Shakespeare....
e unha convivencia que inclúe unhas risas en Trafalgar Square,
un anaquiño en Picadilly e unhas fotos no London Bridge,
ou o gusto de pasar de hemisferio cun só paso en Greenwich.
Un ano máis no Aguiar a Sección Bilingüe de matemáticas e o Departamento de Inglés ofrecen ao noso alumnado de 4º da ESO a posibilidade de realizar unha, máis que proveitosa, viaxe de estudos. Un ano máis que agradecer ao profesorado que a organiza e préstase viaxar co alumnado, neste caso Cheché Varela, Chus Suárez e Elvira Charlín.
Entre o 5 e o 11 deste mes de outubro o Aguiar conta con embaixadores de nivel na capital do Imperio Británico.