4º ESO
Regreso da viaxe de 4º da ESO a Londres
O avión retrasárase case dúas horas. A información que proporcionaban os aeroportos a través das suas páxinas web non estaba moi actualizada. As noticias que se sucedían eses días sobre o accidente nos Alpes introducían un plus de tensión na espera. As condicións meteorolóxicas do xoves en A Coruña facían temer aprazamento do vó ou desvío cara a Santiago....
Pero, ao fin, os 58 alumnos e 4 profesores( José Antonio Varela, Chus Suárez, Elvira Charlín e Massiel Vera) participantes na viaxe a Londres arribaron ao aeroporto de A Coruña.
Nos seus rostros o cansazo dun longo día de viaxes e esperas que seguían a uns intensos e frios días londinenses visitando museos ( British, Museo de Londres, National Gallery, Museo de Ciencias Naturales, Museo de Ciencias )e lugares importantes como o Teatro de Shakespeare ( The Globe ), Greenwich e asistindo a un Musical.
Pasado o ecuador da viaxe a Londres.
Non temos nesta redacción moitas noticias sobre as andanzas dos nosos viaxeiros de 4º da ESO en Londres. Pero imos coñecendo :
Que o frío está a ser protagonista da viaxe
Que se van cumplindo, sin problemas, visitas clave da viaxe:
- Os museos da Tate Modern, British Museum e a National Gallery;
- Os clásicos paseos por zonas comerciais ou axardinadas: Camdem, Birdcage Walk, Picadilly Circus, Oxford Street, Millenium Bridge...
- Imprescindibles como o cambio de garda en Buckingham Palace, as visitas a Westminster e ao "shakespeariano" Globe Theatre. O vó na noria do London Eye do que nos chega a imaxe que encabeza esta noticia na nosa web.
O martes pasamos xa o ecuador da viaxe...ou mellor, o meridiano. Porque toca unha esperada visita ao Royal Observatory de Greenwich ...e moito máis: Museum of London, Museum of Docklands Tower bridge...
10 marzo 2015.Visita á UTE do Centro Penitenciario de Teixeiro
O martes 10 de marzo dous grupos de 4º da ESO completaron o Taller de Prevención de Drogodependencias entre Adolescentes en colaboración coa Fundación Barrié e a Unidade Terapeutica Educativa do Centro Penitenciario de Teixeiro.
Se o programa comezou cunha visita dos internos ao noso Instituto o pasado 3 de marzo, agora tocaba devolver a visita. Desprazámonos ata Teixeiro, case ao completo, o alumnado de ESO 4º B e D.
Impresionante a entrada, as medidas de seguridade, as concertinas no alto dos altos muros...pero tamén instalacións coidadas (lonxe dos tópicos da pelis' americanas): limpeza, impresionantes murais deseñados polos propios internos, xardíns coidados por eles...
O modulo da UTE presidido por un busto en madeira de Concepción Arenal ( a pioneira ferrolana que cambiou diametralmente o modo de ver e tratar á poboación reclusa). Recíbennos cun agasallo. Unha preciosa pulseira de coiro elaborada por eles na que se pode ler o lema do programa: DI K NON
Alí un dos internos explícanos as instalacións e o funcionamento das mesmas: comedor, taboleiro de imposicións, economato...
De seguido, unha das experiencias máis impactantes. Visitamos as celas e pasamos nelas quince minutos observando, traballando e reflexionando. Para continuar, grupos de traballo que mesturan internos, titores da UTE e alumnado do Aguiar. O tema: as drogas. A novidade respecto doutros tratamentos do tema: o espazo e os protagonistas en primeira persona.
E como agasallo final dos internos interpretan dúas cancións que nos emocionan (novamente espazo e protagonistas)
Primeiro a canción "No Dudaría" de Antonio Flores
Si pudiera olvidar todo aquello que fui. Si pudiera borrar todo lo que yo vi.
No dudaría, no dudaría en volver a reír
(...)
E como remate, o que eles chaman o himno da UTE unha canción que nos fixo pensar e que leva por título "Historias de Calle"
¿Por qué será, por qué será?
Retorno ao Insti para chegar á última clase da mañá cos corazóns repletos de vivencias e experiencias.
Só resta agradecer de corazón aos internos e aos titores e titoras da UTE o seu esforzo e traballo.
Debuxos finais Inkscape
Por fín, xa están todos agrupados. Debuxos orixinais ou debuxos copiados (algún calcado ). Debuxos máis traballados ou menos, imaxinativos ou realistas, sempre persoais e feitos con moito esforzo co programa de software libre inkscape. Agardamos que os gusten.
DI K NON. Obradoiro de Prevención do Consumo de Drogas
O martes 3 de marzo o IES Francisco Aguiar participa por primeira vez no programa "Di K Non" - Obradoiros para a prevención do consumo de drogas en adolescentes
Estes obradoiros están conducidos polos internos e o equipo da Unidade Terapéutica do centro penitenciario de Teixeiro (A Coruña), en colaboración coa Fundación Barrié, para previr o consumo de drogas entre adolescentes.
Di K Non diríxese especialmente a alumnos de educación secundaria, bacharelato e ciclos formativos por ser un grupo de risco e a idade de inicio do consumo de drogas.
Algunhas das persoas que están na UTE de Teixeiro comezaron, nesta idade, a delinquir como consecuencia do consumo de drogas e, agora, logo dun proceso de rehabilitación, queren transmitir a súa experiencia e información aos adolescentes para sensibilizalos/as e proporcionarlles instrumentos para evitar situacións de risco e consumo.
O obradoiro desenvólvese en dúas partes: a primeira delas, o 3 de marzo, realízase no centro escolar con todo o alumnado de 4º da ESO. A segunda, o vindeiro 10 de marzo, celebrarase no centro penitenciario de Teixeiro coa participación de dous grupos de dito curso.
O obradoiro desenvólvese dun modo bidireccional: os internos teñen a oportunidade de contribuír á prevención dun problema que teñen padecido e á comunidade educativa ofréceselle un proxecto innovador apoiado polos profesionais do equipo multidisciplinar da UTE Teixeiro.
30 de Xaneiro. Día escolar da paz. Debuxo con Inkscape 4º ESO
Dende a materia de Informática en 4º de ESO, quixemos sumarnos a tódalas iniciativas do instituto para a celebración do 30 de Xaneiro Día escolar da paz e da non violencia con debuxos feitos no programa de software libre Inkscape que estamos a traballar. Nótase que estamos comezando pero tamén se nota que os noso alumnado ten moito talento. Agardamos que vos gusten.
Encontro coa escritora Marta Sanz
O 21 de xaneiro, ás 12,35 h. Os alumnos e alumnas de 4º ESO B terán a oportunidade de manter unha, estamos seguros, estimulante charla coa escritora Marta Sanz.
Trátase dunha iniciativa do Departamento de Lengua Castellana y Literatura, impulsada polo profesor Francisco Rodríguez Coloma, que completa así o traballo na aula sobre unha das novelas desta autora, e polo Centro de Formación e Recursos de A Coruña a través do noso asesor para a formación do profesorado, Javier Pintor.
Algo deste traballo, os alumnos coma críticos literarios.
La estructura de esta obra está bien calibrada. Tras el primer Black, aparece esa segunda parte en la que se suspende la intriga; por ello el lector ha de preguntarse por el sentido de esa interferencia.
Nerea Nogueira
***
Lo que más me impresionó, después de haber leído este elevado número de páginas, es ese final abierto que invita a la imaginación del lector.
Pablo Buyo
***
La comunidad de vecinos es como una pequeña muestra de la sociedad actual en la que la gente muestra una cara (como el detective Zarco), pero tiene otra distinta, que es la que desvela Paula cuando revela, por ejemplo, la invención de Luz.
Gala Illanes
***
La primera virtud de la novela se encuentra en que esta escritora obliga al lector a ser creativo y trabajar propiamente como un detective para entender el todo. [...] Otra excelencia es la distribución de los blacks. El lector piensa que el diario de Luz nada tiene que ver con la historia, por ello se decepciona durante la lectura. Aunque, si se pregunta qué ha querido hacer con ello, advierte que Marta Sanz desea que el lector se enfade, ya que no lo trata como un cliente al que se le da todo hecho, como ocurre en la mayoría de las novelas negras de crimen-resolución.
Nerea Nogueira
***
Marta Sanz ha sabido distribuir de forma ordenada los hechos relevantes que ha querido incluir en su novela y también adecuar la estructura a lo que los personajes (los anómalos vecinos del edificio y los intrusos Zarco y Paula) y las relaciones entre ellos piden, igual que reclama un espacio característico para el desarrollo de la acción y la trama.
María Peteiro
***
Mientras lee Black II el lector, al considerar que esa secuencia resuelve el caso, supone que las páginas siguientes supondrán un fatal pérdida de tiempo. Cuando se desvela que Luz ha escrito una ficción, la autora consigue dar un giro radical al relato de los acontecimientos.
Martín Gómez
***
Cuando el lector reflexiona sobre este mundo dominado por la violencia, la xenofobia, la soledad, el abandono... advierte que la crítica social que plantea Marta Sanz es profunda. Lo descrito resulta muy próximo al lector, incluida la mezcla de realidad y ficción que a muchas personas puede confundir.
Pablo Martínez
***
El obsesivo diario de Luz, con su cansino inventario de dietas, vicios y menstruaciones perdidas, reflexiona sobre la responsabilidad de la ficción, sobre las mentiras de las verdades y las verdades de las mentiras.
Paula Ois
Chegou aos nosos oídos...Stacy na I Velada de Radioteatro Amateur
Chegou aos nosos oídos...a actuación de Emilio (Stacy) alumno de 4º da ESO no Aguiar na Iª Velada de Radioteatro Amateur que impulsan e organizan os amigos do Laboratorio de Radio ( Sergio Pascual e a nosa ex, Lucía Abarrategui).
Velai "Subconscious"
Como ben dixo Francisco Erre, ¡que alguén lle grave unha maqueta!
Participación do IES Francisco Aguiar en tres Plans "Proxecta" da Xunta de Galicia
O 28 de novembro vén de publicarse a resolución definitiva dos centros participantes no Plan Proxecta da Xunta de Galicia .
No IES Francisco Aguiar confirmouse a nosa participación en tres destes plans:;
1.- Continuando cunha liña formativa de hai bastantes anos participaremos co alumnado de 3º da ESO no programa Quérote + dentro do Ciclo Vida Adolescente. Este ano trataranse temas arredor do núcleo: "Socializándonos" (Convivencia, uso responsable das TIC's, e fenómeno do botellón)
2.- Animados por Mª José Doporto, responsable do Espazo Xove de Betanzos, e coa colaboración de Amparo Mejuto, do noso Departamento de Orientación, catro alumnas de 1º BAC participan nun proxecto, "correspondentes 3.0" , que trata de levar información de interés xuvenil á beira dos mesmos xóvenes no noso Instituto: taboleiros de anuncios, actividades, información xuvenil, ofertas formativas.
3.- Aproveitando tamén o traballo iniciado o ano pasado co concurso "Betanzos en Detalle", José Manuel Rey Bao profesor de Educación Plástica e Visual, coordina ao alumnado de 4º da ESO no proxecto "Fotografía en curso". Quere ser esta actuación un achegamento ao mundo da fotografía e ás súas virtualidades estéticas e de formación dunha cidadanía crítica , dende unha actividade esencialmente práctica.
Obradoiros de danza moderna. 1 de decembro
O pasado 1 de decembro o alumnado de 4º da ESO participou nun Obradoiro de Danza Moderna e puido asistir á actuación do grupo "Catro no Metro" .
Versión con música libre. Freepublik, "First Love"
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- …
- seguinte ›
- última »