4º ESO

Debuxo vectorial con Inkscape

Mostramos aquí algúns dos nosos traballos feitos en Informática co programa de debuxo vectorial libre Inkscape. Agardamos que vos gusten ou vos parezan interesantes na nosa iniciación ao debuxo co ordenador. A maioría completamente orixinais, outros baseados en debuxos coñecidos e outros adaptacións de diferentes titoriais libres.... todos reflexan dalgún xeito a personalidade dos seus autores e autoras, que continuamos aprendendo día a día este e outros aspectos da Informática.

Estou orgullosa de todos vos.

Obradoiros de danza moderna para 4º da ESO

Grazas á colaboración do Concello de Betanzos,  un ano máis terán lugar no "Aguiar" os obradoiros de danza impartidos por Fani e Alba, da Compañía de Danza Moderna e Hip Hop , "AS DRÍADAS"   .  

Cada un dos grupos de 4º da ESO terá unha sesión particular deste obradoiro ao longo da mañá do martes 10 de decembro. Finalmente,  todos os grupos poderán amosar os seus progresos nunha sesión final conxunta  na última hora da mañá.

(se vos apetece velas en  acción pinchade na imaxe)

PREMIO BANDA DESEÑADA

1º PREMIO BANDA DESEÑADA

A alumna Sarela Lorenzo Robledo de 4º ESO C, recibe o 1º premio do certamen de banda deseñada "AXI" convocado polo IES Arcebispo Xelmírez e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, en Santiago de Compostela.

                                                                 ¡NORABOA!

VIAXE A LONDRES

 

Do 9 ata o 14 de maio

 

15 Alumnos/as da Sección Bilingüe 

de 4º C de ESO viaxan a Londres

 

¡Boa viaxe! 

 

 

 

 

 

 

 

Conferencia sobre as enerxías renovables

        18-Febreiro-2013

enerxias_renovables

 

 

Charla ofertada pola Universidade de  Santiago de Compostela baixo o título: "As enerxías renovables como solución dun problema", sendo o conferenciante José Antonio Rodríguez Añón do Departamento de Física Aplicada.

Destinada ao alumnado de 4º de ESO e organizada polos Departamentos de Física e Química e Tecnoloxía, en colaboración co Departamento de Orientación. 

 

Charla sobre Pena Furada

25-Maio-2012

a moura

Antón Malde e Manuel Gago explican de primeira mán a primeira intervención arqueolóxica en Pena Furada (Coirós).

Actividade organizada polo departamento de Xeografía e Historia para alumnado de 4º da ESO.

Máis información deste interesantísimo xacemento arqueolóxico na súa web penafurada.net

e na súa páxina en facebook Sitio Arqueolóxico de Pena Furada.

Fotografía penafurada.net

 

 

Monólogos e diálogos co Audacity!

Traballos co Audacity.  Ademáis admítense aplausos e risas en lata.Guay Esperamos os vosos "gústame" e comentarios en Ivoox ao que podedes acceder premendo no auddio que vos guste. Non é necesario estar rexistrado para participar. A qué esperas??? Vota ao teu favorito.

 

 

 

 

 

 

Fotos Sicilia-Roma 2012

Xa están na galería fotográfica a selección de fotos da viaxe a Sicilia-Roma. Preme na imaxe para acceder directamente ao albúm.

sicilia-romaImaxe cambiada a petición popular feita nos  comentarios dos implicados Guiño.

Obradoiro de creación literaria con Miguel Anxo Fernán-Vello

Do 7 ao 11 de Maio de 2012

MAFernanvello

Concello e Vicedirección organizan este interesante obradoiro destinado ao alumnado de 4º da ESO. O encargado de dirixir esta actividade é o escritor e editor galego Miguel Anxo Fernán-Vello.

 

 

 

 

foto Galipedia

Liga de Balonmán

22-Maio-2012

b

 

Nova xornada da liga de Balonmán organizada por Raimundo Fernández con partidos de alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato.

Os partidos desenvolverándse de 10:15 a 12:40.

 

 

Distribuir contido