4º ESO
Charla con D. Carlos Reigosa
28-Febreiro-2012
O departamento de Lingua Galega e Literatura, organiza unha charla co escritor D. Carlos González Reigosa para o alumnado de 1º de Bacharelato (grupos A, B e C) e 4º da ESO (grupos B e C).
Entre outras obras, Carlos Reigosa é o autor de Crime en Compostela (1984) gañadora do primeiro Premio Xerais e a iniciadora da novela negra na literatura galega, ademais dun dos libros máis vendidos en lingua galega.
Torneo de Balonmán de Entroido
16 de Febreiro de 2012
Destinado ao alumnado de 4º da ESO e 1º Bac. Organizado por D. Raimundo Fernández.
Viaxe a Sicilia e Roma
Do 16 ao 22 de Febreiro de 2012
Organizado polo departamento de Latín, 17 alumnos/as de 4º da ESO e 1ª de Bacharelato realizarán, acompañados por D. Sebastián Buedo e Dona Carmen Rama Faya, unha viaxe cultural a Sicilia e Roma.
Liga de balonmán
20-Xaneiro-2012
Primeira xornada do ano 2012 da Liga de Balonmán organizada polo profesor Raimundo Fernández do departamento de educación física. Nesta xornada enfrentaránse equipos de 1º de Bacharelato, unha selección de 2º de Bacharelato e 4º da ESO.
Horarios:
1º Bac selección de 2º Bac | 10:15-12:40 |
Selección de 2º Bac | 10:15-12:40 |
4º D ESO | 10:15-11:30 |
4º A EOS | 11:30-12:40 |
Campeonato de fútbol de Nadal
21-Decembro-2011
Dende o 1º recreo ata o remate das clases. Campeonato entre o alumnado de 1º de Bacharelato, 2º de Bacharelato e unha selección de 4º da ESO. Organizado polo departamento de educación física.
Imaxe open clipart atribución sam_uy
Liga de Balonmán
14-decembro-2011
Outro capítulo máis da emocionante "Liga de Balonmán" do centro. Partidos masculinos e femeninos a cargo do alumnado de 4º da ESO, 1º de Bac e unha selección de 2º Bac.
Organizado por Raimundo Fernández do departamento de Educación Física.
Fotos da obra de teatro de inglés "A Midsummer Night`s Dream"
Xa están disponíbeis na galería fotográfica do centro as fotografías da obra teatral. Entra para velas.
Videoconferencia sobre xenética
4-Novembro-2011
Co motivo da celebración do II Día da Ciencia en Galego o equipo de normalización lingüística organiza unha videoconferencia acerca de xenética.
Desenvolverase no Salón de Actos do Centro de 12:30 á 13:30 para o alumnado de 4º A e B da ESO e 1ºA e B de Bacharelato.
Liga de Balonmán
15-Novembro-2011
Outra xornada máis da emocionante Liga de Balonmán. De 10:15 á 12:40 disputaránse partidos entre alumn@s de 4º da ESO, 1º de Bacharelato e unha selección de 2º de Bacharelato. Organizado por Raimundo Fernández, profesor do Departamento de Educación Física.
Camiñata Pontedeume-Betanzos
22-Novembro-2011
Acompañados por Constantino Chao do Departamento de Lingua Castelá e Literatura, 50 alumnos/as de 4º da ESO e 2º de Bac farán unha camiñata dende Pontedeume ata Betanzos. Unha ocasión estupenda para admirar o principio das cores do outono nas nosas fragas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- seguinte ›
- última »