Pasado o ecuador da viaxe a Londres.

Non temos nesta redacción moitas noticias sobre as andanzas dos nosos viaxeiros de 4º da ESO en Londres. Pero imos coñecendo :

Que o frío está a ser protagonista da viaxe 

Que se van cumplindo, sin problemas, visitas clave da viaxe:

  • Os museos da Tate Modern, British Museum e a National Gallery; 
  • Os clásicos paseos por zonas comerciais ou axardinadas: Camdem, Birdcage Walk, Picadilly Circus, Oxford Street, Millenium Bridge...
  • Imprescindibles como o cambio de garda en Buckingham Palace, as visitas a Westminster e ao "shakespeariano" Globe Theatre. O vó na noria do London Eye do que nos chega a imaxe que encabeza esta noticia na nosa web.

O martes pasamos xa o ecuador da viaxe...ou mellor, o meridiano. Porque toca  unha esperada visita  ao Royal Observatory de Greenwich ...e moito máis: Museum of London, Museum of Docklands Tower bridge...