4º de ESO vai ao teatro. 19.X.2016

Ao longo das tres primeiras horas da mañá do mércores 19 de outubro un nutrido grupo de máis de cen alumnos de 4º da ESO no Aguiar, poderán disfrutar dunha experiencia teatral no centro Ágora de A Coruña. A eles sumaranse os seis alumnos de 2º BAC que están a cursar este ano a materia de Xeografía e Historia de Galicia. Todos eles acompañados polos profesores Carmen Suárez moledo, Emilio Duque, María Pazos e Julián Ferrer.

Na saída asistirase á representación teatral da obra "Foucellas" que cun texto de Cándido Pazó, pon en escea a Compañía "Talía Teatro". Nela abórdanse aspectos vitais moi interesantes dos últimos momentos da vida deste maquis lendario. Él  loitou precisamente nesta zona ao remate da Guerra Civil e que foi, finalmente, capturazo en Oza dos Ríos e axustizado a garrote vil en 1952. 

Ano 1952. Un maquis, un guerrilleiro, un resistente. Un dos últimos homes do monte. Dos que a xente podía chamar, xenericamente, un ‘foucellas’. Mesmo podería ser o Foucellas. Ou non. Ou si. Quen sabe!
Firmeza, teimosía, dúbida, certeza, lealdade, inercia, utopía, inxenuidade, rebeldía, resignación, adaptabilidade, determinación... as armas dunha crúa batalla dialéctica nun tempo terminal.
Ficción, mito e realidade nunha proposta para pensar un momento histórico... o pulso metafórico sobre un transo co que, privada ou colectivamente, ás veces nos enfrontamos: a xestión da esperanza, a administración da derrota.