Cronica da viaxe a Roma. Alberto e Mario
Ao saír do hotel visitamos San Pietro in Víncoli onde se atopa o Moíses de Miguel Anxo, que debería formar parte da tumba de Xulio II.
Despois coñecimos a Praza de España e a Piazza del Poppolo onde hai unha igrexa que ten dúas pinturas de Caravaggio.
Logo fomos cara o Tíber para ver o Ara Pacis de Augusto, monumento á Pax Romana. No mesmo museo había unha exposición fotográfica dun xaponés chamado Omon Ken.
Despois fomos visitar a famosa Fontana de Trevi.
Pola tarde visitamos no Trastévere a basílica de Santa María e ceamos alí.
Mario Fernåndez e Alberto Gómez