Apoios educativos

XA CHEGA O NADAL A PAZO

XA CHEGOU O NADAL Á ESCOLA DE PAZO E FIXEMOS UNHAS CARPETAS

CON CARTOLINA PARA LEVAR TODOS OS NOSOS TRABALLOS PARA A CASA.

COMO SE NOS ABRÍAN POLOS LADOS, COSÉMOLAS CUNS LAZOS DE CORES.

PERO O MELLOR DE TODO VEU DESPOIS!, PARA DECORAR AS CARPETAS E DADO

QUE ESTAMOS NO NADAL, FIXEMOS ESTAMPACIÓNS CUNHA PATACA,

E COA AXUDA DUN MOLDE EN FORMA DE ÁRBORE E OUTRO EN FORMA DE ESTRELA,

QUEDÁRONNOS UNS DEBUXOS NAVIDEÑOS BEN BONITOS!!

TAMÉN FIXEMOS UNS DEBUXOS DE CORES E FIXEMOS MAXIA COAS CERAS MANLEY

PINTANDO TODO DE NEGRO POR ENRIBA...

A GRAN SORPRESA CHEGOU CANDO RAIAMOS POR ENCIMA DO NEGRO

E NOS SAÍRON UNS DEBUXOS PRECIOSOS!!

AQUÍ VOS DEIXAMOS AS FOTOS PARA QUE VEXADES QUE BEN O PASAMOS

TRABALLANDO ANTES DAS VACACIÓNS!

 

BICOS E APERTAS PARA TODOS E TODAS DENDE O PAZO!Sonriente

  

    

  

  

  

 

 

OS AGASALLOS DAS ÁRBORES

 personaxes das obras de Seoane van axudarnos na recolleita dos froitos no outono

 mans á obra

 

  

agora á espera de que o tempo nos deixe desfrutar do magosto.

 

A MEMORIA DAS ÁRBORES

Seguro que recordades este conto

pois algo parecido ó que lle ocorreu a Tano, estanos a pasar no obradoiro de arte... somos levados e levadas polas pólas das árbores que nos achegan ás obras de diferentes artistas

 

ANTÓN MOUZAO

 

XURXO ORO 

 

IBARROLA 

KLIMT

HARING

SEOANE

VAN GOGH

CHEMA MADOZ

MONDRIAN

poderiamos poñer moitas  máis, cada unha distinta da outra. Para tódolos gustos e de tódalas cores.

UNHA FESTA INCRIBLE!!

O noso compañeiro Raúl dixo que a Guadalupe é " unha festa incrible  porque me encantan os coches de choque". Ben se nota o moito que disfruta nestas atraccións..., pero despois de falar durante máis dunha semana das festas grandes de Rianxo descubrimos entre todos  distintos elementos que fan desta unha festa realmente incrible!!!

A PROCESIÓN MARÍTIMA

OS FOGUETES DE CORES

AS ATRACCIÓNS

AS BENGALAS E...

 

... A RIANXEIRA!!!

UN CONTO DE DESPEDIDA

<object width=

" title="

" class="" />

OBRADOIRO DE PANCARTAS

GALEGO A FORZA DO NOSO AMOR

 

    

 

 

 As obras de Haring foron a base na que apoiamos o deseño da nosa pancarta para levar ó Correlingua. Tiñámola preparada pero a chuvia non nos deixou lucila na praza de Castelao.

Pero coma sempre, o resultado non é o máis importante, senón o proceso. Así foi como a fixemos.

 

 

Fixemos unha torre na aula, fixémola deitados para non mancarnos.

 

 

Trazamos cun xiz no cortizo. Estes eramos nos.

Agora cadaquén ten que facer o seu boceto.

 

 

Levamos unha silueta á pancarta, e logo pintamos

 

 

 

 

MARIÑEIROS NAMORADOS

 

                                    

Distribuir contido