Apoios educativos

PINTURA RUPESTRE

Pintura rupestre en Abuín e Cruceiro coa profe de apoio Mª Carmen.

ATENCIÓN EDUCATIVA

ARCIMBOLDO:

Giuseppe Arcimboldo foi un pintor italiano que pintou entre outros cadros catro que representan as estacións do ano: primavera, verán, outono e inverno. Cada figura está composta por froitas, prantas e verduras que crecen na estación do ano que representan.

Estamos en OUTONO  e os nenos e nenas de ATENCIÓN EDUCATIVA pintamos o ARCIMBOLDO DE OUTONO con: follas, uvas, cabaza, castaña, cogumelo...

 

ATENCIÓN EDUCATIVA

Cristina de Pazo e Noel de Abuín son xa moi maiores (están en 2º de Primaria) e fixeron unhos debuxos dos castros moi bonitos.

ATENCIÓN EDUCATIVA

 

En atención educativa celebramos o magosto facendo moitas castañas coa profe Mª Carmen.


OS POEMAS DE RAÑÓ

EN RAÑÓ COMEZAMOS OUTUBRO CUN POEMA DE XOAN NEIRA...

 

   

SURCANDO OS MARES DA RÍA

NUNHA FOLLA CALQUERA

EU TAMÉN DEBUXO UN NAVÍO DE PARTIDA

CARGADO DE BOS AMIGOS E BOAS AMIGAS

Moitos bicos!!!!!!

RIANXO E AGUIÑO

Este é un traballo entre centros, o ceip de Aguiño e as escolas de Cuvide e Cruceiro do CRA de Rianxo. Unha obra de arte conxunta.O primeiro paso foi pintar sobre cartón. E facerllo chegar a Aguiño.

A nos chegáronnos os de Aguiño e puxémonos mans á obra.

Así quedaron as nosas caras.

MAGRITTE

  




ISTO NON É UN TUBO 



UN VOLCÁN EN CRUCEIRO

ÉRASE UNHA VEZ UNS NENOS QUE LLES GUSTABA XOGAR CO FRIO E COA CALOR...

UN DÍA PREGUNTÁMONOS SI A AUGA FRÍA SE MESTURARÍA COA AUGA QUENTE...IMAXINÁBAMOS QUE SI, PORQUE ERAN IGUAIS. SÓ AS DIFERENCIABA A SÚA "TEMPERATURA". ESTA PALABRA TAN COMPLICADA ÍANOS DAR GRATAS SORPRESAS.

COMEZAMOS O NOSO EXPERIMENTO E DISPUXÉMONOS A MESTURAR A AUGA FRÍA E A AUGA QUENTE.

PARA ISO PRECISÁBAMOS...

-O QUENTABIBERÓNS DA PROFE LAURA

-UN VASO PARA ENCHER DE AUGA QUENTE

-UN GRAN CACHARRO PARA ENCHER DE AUGA FRÍA E QUE SE MISTURARAN

-TINTA PARA DIFERENCIAR A AUGA QUENTE DA FRÍA CORRECTAMENTE.

E POR SUPOSTO...

AUGA!

EN CANTO QUENTAMOS A AUGA, METEMOS RÁPIDAMENTE O VASO DE AUGA FERVENDO DENTRO DO CUBO CON AUGA FRÍA. A AUGA QUENTE ESTABA TINGUIDA DE TINTA E ASÍ, PODERÍAMOS DIFERENCIALA DA FRÍA CANDO SE XUNTARAN.

E DE SÚPETO......

A AUGA QUENTE EMPEZOU A ELEVARSE COMO SI A LAVA DUN VOLCAN FOSE!!

E NON SE MESTURABA COA FRÍA SINON QUE QUEDABA NA SUPERFICIE.

PERO O VER ISO...TUVEMOS 2 SORPRESAS MÁIS.

METIMOS A MAN NA AUGA E VIMOS QUE ESTABA QUENTE POR ENRIBA E FRÍA POLO MEDIO!!

E A SORPRESA MÁIS PINTORESCA FOI QUE O CUBO EMPAÑOUSE POR FORA! TAL COMO LLES PASA ÁS VENTÁS CO NOSO ALENTO, FORMANDO ASÍ UNHA CONDENSACIÓN!

APRENDIMOS DÚAS INTERESANTES PALABRAS: "TEMPERATURA" E CONDENSACIÓN"...ADEMAIS DE VER COMO A AUGA XOGA CO FRÍO E CO QUENTE.

FINALMENTE QUEDOUNOS CLARO, PESE A QUE NOS COSTOU UN POUQUIÑO Ó PRINCIPIO, PORQUE A PALABRA ERA MOI COMPLICADA E VÍÑANOS MELLOR DECIR "TEMPERACIÓN".

FOI MOI MOI DIVERTIDO E CALUROSO!!

BICOS TEMPERADOS! Risa

PABLO E OS NENOS CONDENSADOS!

QUE RICA É A AUGA....OU NON!!

COMO XA SABEDES, OS NEN@S DE CRUCEIRO GÚSTANOS FEDELLAR NA AUGA...E UN DÍA INCLUSO XOGAMOS A BEBELA!

PERO DÉMONOS CONTA DE QUE ESTA, SABÍA "A AUGA" DECÍAMOS TODOS...É DECIR..QUE NON TIÑA SABOR A NADA. ASÍ QUE O PROFE PABLO DECIDIU BOTARLLE AZUCRE..

AQUELA AUGA SABÍA MOI DOCE!! E ENCANTOUNOS A TOD@S!!

ASÍ QUE LLE PEDIMOS MÁIS, PERO SEN DARNOS CONTA, BOTOULLE SAL!! E LEVAMOS UNHA SORPRESA UN TANTO SALGADA!!

ASÍ QUEDARON AS NOSAS CARAS CANDO A PROBAMOS!

AÍNDA ASÍ RÍMONOS COA BROMA QUE NOS FIXO O PROFE COA AUGA E PASÁMOLO TAN BEN DESCUBRINDO OS SABORES QUE A AUGA COLLÍA, QUE FIXEMOS 2 PÁXINAS DO NOSO LIBRO DAS LETRAS DA AUGA. AS PALABRAS "DOCE" E "SALGADO"

PODÉDELAS VER NA SECCIÓN "AUGA DE LETRAS"!

 

BICOS SABOROSOS!!Beso

PABLO E OS CATA SABORES DE CRUCEIRO.

Distribuir contido