Escola de Rañó

DÍA MUNDIAL DA ÁRBORE E DA POESÍA

O 21 DE MARZO FESTEXAMOS O DÍA MUNDIAL DA ÁRBORE E O DÍA MUNDIAL DA POESÍA.

APROVEITANDO A SEMANA DA FROITA, INVESTIGAMOS SOBRE OS FRUTAIS QUE COÑECÍAMOS, OS SEUS NOMES, AS FROITAS QUE DABAN; ASÍ COMA OS FRUTAIS QUE SE ATOPABAN NA ESCOLA.

MACEIRA

 

 

MAZÁ

LIMOEIRO

LIMÓN

 

FALAMOS DA IMPORTANCIA DA NATUREZA NA NOSA VIDA E O SIMBOLIZAMOS PRANTANDO UNS GLADIOLOS NO XARDÍN.

FIXEMOS O BURATO, EMPREGANDO O SACHO

COLOCAMOS O BULBO, DENTRO DO BURATO PREVIAMENTE FEITO

CUBRIMOS BEN CON TERRA

REGAMOS A ZONA PRANTADA

ESTA CERCANÍA COA NATUREZA FÍXONOS LEMBRAR A UNHA ESCRITORA E POETISA CON FORTES RAÍCES COA NOSA TERRA GALEGA, ROSALÍA DE CASTRO. CONMEMORANDO ESTE DÍA, DECIDIMOS RECITAR O SEU POEMA: "ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES".

(PARA VER O VÍDEO HAI QUE PULSAR NO BOTÓN DEREITO - REPRODUCIR)

O SALÓN DO LIBRO

NA SÚA DÉCIMO SEXTA EDICIÓN, O SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA CONVIDOUNOS Á SÚA EXPOSICIÓN: "A TODA MÁQUINA". ALÍ DESCUBRIMOS MÁQUINAS ANTIGAS, MÁQUINAS MODERNAS E MÁQUINAS MÁXICAS QUE NOS FIXERON SOÑAR.

TAMÉN COÑECIMOS AOS 6 BARBUDOS QUE, AÍNDA QUE PARECÍAN MOI SERIOS, FIXÉRONNOS RIR E DANZAR COA SÚA MÚSICA DENDE AS NOSAS BUTACAS.


A SEMANA DA FROITA

A SEMANA PASADA TIVO LUGAR NA ESCOLA A SEGUNDA SEMANA DA FROITA

FESTEXAMOS O ANIVERSARIO DE BORJA FACENDO BROCHETAS DE FROITA

E TAMÉN PREPARAMOS ZUME DE MANDARINAS


A MALETA VIAXEIRA CHEGA A CASA DE YERAY

A MALETA VIAXEIRA DA ARQUEOLOXÍA CHEGA Á CASA DE YERAY

IMOS Á BIBLIOTECA E AO POLIDEPORTIVO

NESTE SEGUNDO TRIMESTRE VISITAMOS A BIBLIOTECA DE RIANXO. ALÍ, SOFÍA, MOSTROUNOS A TIPOLOXÍA DOS CONTOS, A SÚA ORGANIZACIÓN NOS ESTANTES, OS RECUNCHOS DE LECTURA, ASÍ COMO FACERNOS SOCIOS E SOCIAS DA BIBLIOTECA.

DESPOIS FOMOS AO POLIDEPORTIVO ONDE NOS AGARDABA O MESTRE ÓSCAR CON UN MONTÓN DE XOGOS E ACTIVIDADES PARA PASALO "PIPA".

ANIVERSARIO AIDA

O 11 DE MARZO FESTEXAMOS O ANIVERSARIO DE AIDA CON DÚAS TORTAS FEITAS POR AIDA E A SÚA NAI!PARABÉNS AIDA, XA TES 5 ANOS!



PATRICIA E ÁLEX VISÍTANNOS DE NOVO

O XOVES, 7 DE MARZO, OS CONTACONTOS: PATRICIA E ÁLEX VISITÁRONNOS DE NOVO Á BIBLIOTECA PARA CONTARNOS CONTOS QUE NOS FIXERON RIR, CANTAR E VOAR.

MOITAS GRAZAS E ESPERÁMOSVOS PARA O VINDEIRO CURSO!!!

A MALETA VIAXEIRA CHEGA A CASA DE RAQUEL

A MALETA VIAXEIRA CHEGOU A CASA DE RAQUEL. ALÍ DESCUBRIRON UNHA MOREA DE TESOUROS, ENTRE OS QUE SE ATOPABAN AS ARMAS QUE EMPREGABAN OS ROMANOS.

METEN MEDO SO CON VELAS!

Distribuir contido