Recomendamos
AS NOSAS LETRAS
Os nosos compañeiros da escola de Cuvide invitáronnos a elaborar unha pancarta para a nosa Carreira das Letras co fin de recomendar algunhas das nosas lecturas preferidas.
Esta é a pancarta :
e estas, as nosas recomendacións :
... e a mellor recomendación: nunca deixedes de disfrutar dos libros!!!
|
Nenas, nenos e profes da Escola do Cruceiro.
- APIs de Blogue
UN LIBRO SORPRESA
HOXE LOLI TROUXO Á ESCOLA DO PAZO UN LIBRO
QUE NOS GUSTOU MOITO.
NA ASAMBLEA MIRÁMOLO E NON TIÑA LETRAS. Ó LADO DO LIBRO HABÍA
UNA LANTERNA, NON SABÍAMOS MOI BEN PARA QUE ERA.
LOLI DEUNOS ALGUNHA PISTA.
LOGO TIVEMOS QUE PENSAR NUN SITIO ESCURO E ALÍ DESCUBRIRÍAMOS
A SORPRESA QUE AGOCHABA ESTE CONTO.
DECIDIMOS IR Á ENTRADA DA NOSA ESCOLA, PECHAR AS PORTAS E APAGAR A LUZ.
LOGO DE ALUMEAR AS PÁXINAS DO LIBRO COA LANTERNA
APARECÍAN AS LETRAS E AS FERMOSAS ILUSTRACIÓNS.
E ASÍ FOI COMO, AS ESCURAS, ESCOITAMOS
UN CONTO MOI BONITO SOBRE A LÚA.
CONTOS DE MEDO PARA UN ENTROIDO DE MEDO
SEICA VOS GUSTA O MEDO?
AS VOSAS PROFES ANDAN A FALAR DE QUE EN TODAS AS ESCOLAS DO C.R.A. ESCOLLÍCHEDES DISFRACES RELACIONADOS CO MEDO PARA CORRER ESTE ENTROIDO: MONSTROS, BRUXAS, PANTASMAS, VAMPIROS, DEMOS,...
MENUDA TROPA!!
SE QUEREDES DISFRUTAR AÍNDA UN POUCO MÁIS CO MEDO NON DEIXEDES DE LLE PEDIR ÓS PROFES QUE VOS LEVEN Á AULA CONTOS COMO: " A BRUXA REGAÑADENTES " , " O PAPÓN " E " VERLIOKA " DE OQO EDITORA OU " TÍO LOBO " DA EDITORIAL KALANDRAKA.
UNHA APERTA DO VOSO AMIGO.
DANIEL.
- APIs de Blogue
DÍA ESCOLAR POLA PAZ
CORRE CORRE,CABACIÑA
NESTE TEMPO DE CABAZOS, CABAZAS E CABACIÑAS NON TEMOS MELLOR RECOMENDACIÓN DENDE A BIBLIOTECA QUE PROPOÑERVOS A LECTURA DO CONTO TRADICIONAL PORTUGUÉS RECOLLIDO POLA EDITORIAL OQO NO SEU LIBRO:
" CORRE CORRE, CABACIÑA "
DISFRUTADE DA SÚA LECTURA E CONTÁDENOS SE POLA NOITE SOÑADES CON CABAZAS FALADORAS...!
LETRAS GALEGAS 2008: XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ
Non sempre temos a sorte de que o Día das Letras Galegas se lle adique a un escritor ou escritora que teña obra poética ou narrativa adicada especialmente aos nenos e nenas.
"Unha mañá do mes de maio de hai moitos anos entrou por debaixo da porta un airiño que arrecendía a rosas. O aire viña cantando e traía no colo unha nena que acababa de nacer, a filla de Mª Luisa e o seu home, Xosé Mª, o escritor do día das Letras Galegas de 2008. Aos pais fixéronlle moita gracia as tres cores da cara da neniña : o cabelo loiro, os ollos azuis e as fazulas vermellas. Por iso lle puxeron de nome Colorín. E Xosé Mª escribiu un libro enteiro para ela : Roseira do teu mencer".
Quen así escribe é o seu fillo Xosé Mª Álvarez Cáccamo.
Comprácenos recomendar pois :
Xosé Mª Alvarez Blázquez : "Roseira do teu mencer". Ed. Xerais. (Conta este libro cunha biografía do autor que nos permite achegarnos mellor a súa figura.
Xosé Mª Álvarez Blázquez : "O que ben che quer" . Ed. OQO. Fermoso libro adicado a Colorín e delicadamente ilustrado pola súa irmá Berta Cáccamo, pintora que pon nel todas as cores dos poemas do seu pai.
Xosé Mª Álvarez Cáccamo e Marisa Núñez : "O libro dos cen poemas" (Antoloxía da poesía infantil galega) Ed. Espiral Maior.
EQUIPA DE BIBLIOTECA
- APIs de Blogue
POEMAS NO TEU CORAZÓN
ESTES DIAS ESTAMOS LENDO MOITOS POEMAS.Tania
QUEREMOS RECOMENDARVOS 1 POEMA DE GARCIA TEIJEIRO.Alex
POEMA DA
POEMA DO
POEMAS POEMAS
NO TEU
Irene, Desi, Lia, Ivan, Yaiza, Laura, Joel, Eva e Sol
LEMBRADE QUE ESTE SÁBADO ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO VISITA A BIBLIOTECA MUNICIPAL. ANIMÁDEVOS A ACOMPAÑALO E APROVEITADE ESTES DÍAS PARA LER NA CASA E NA ESCOLA ALGÚN DOS SEUS POEMAS.