UN LIBRO SORPRESA

HOXE LOLI TROUXO Á ESCOLA DO PAZO UN LIBRO

QUE NOS GUSTOU MOITO.

NA ASAMBLEA MIRÁMOLO E NON TIÑA LETRAS.  Ó LADO DO LIBRO HABÍA

UNA LANTERNA, NON SABÍAMOS  MOI BEN PARA QUE ERA.

LOLI DEUNOS ALGUNHA PISTA.

LOGO TIVEMOS QUE PENSAR NUN SITIO ESCURO  E ALÍ DESCUBRIRÍAMOS

 A SORPRESA  QUE  AGOCHABA ESTE CONTO.

DECIDIMOS IR Á ENTRADA DA NOSA ESCOLA, PECHAR AS PORTAS E APAGAR A LUZ.

 

LOGO DE ALUMEAR AS PÁXINAS DO LIBRO COA LANTERNA

APARECÍAN AS LETRAS E AS FERMOSAS ILUSTRACIÓNS.

E ASÍ FOI COMO, AS ESCURAS, ESCOITAMOS 

UN CONTO MOI BONITO SOBRE A LÚA.

O LIBRO DA LÚA

OLA AMIGO@S DE INFANTIL! TAMÉN NOS VIMOS O LIBRO MÁXICO,PARECEUNOS PRECIOSO E DISFRUTAMOS MOITO MIRANDOO.A VOS TAMÉN VOS PARECEU FANTÁSTICO?
APROVEITAMOS PARA DARLLE AS GRAZAS A LOLI, QUE SEMPRE ESTÁ DISPOSTA A DEIXARNOS AS SÚAS COUSAS PERSOAIS:LIBROS,C.D ...