LETRAS GALEGAS 2008: XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ
Non sempre temos a sorte de que o Día das Letras Galegas se lle adique a un escritor ou escritora que teña obra poética ou narrativa adicada especialmente aos nenos e nenas.
"Unha mañá do mes de maio de hai moitos anos entrou por debaixo da porta un airiño que arrecendía a rosas. O aire viña cantando e traía no colo unha nena que acababa de nacer, a filla de Mª Luisa e o seu home, Xosé Mª, o escritor do día das Letras Galegas de 2008. Aos pais fixéronlle moita gracia as tres cores da cara da neniña : o cabelo loiro, os ollos azuis e as fazulas vermellas. Por iso lle puxeron de nome Colorín. E Xosé Mª escribiu un libro enteiro para ela : Roseira do teu mencer".
Quen así escribe é o seu fillo Xosé Mª Álvarez Cáccamo.
Comprácenos recomendar pois :
Xosé Mª Alvarez Blázquez : "Roseira do teu mencer". Ed. Xerais. (Conta este libro cunha biografía do autor que nos permite achegarnos mellor a súa figura.
Xosé Mª Álvarez Blázquez : "O que ben che quer" . Ed. OQO. Fermoso libro adicado a Colorín e delicadamente ilustrado pola súa irmá Berta Cáccamo, pintora que pon nel todas as cores dos poemas do seu pai.
Xosé Mª Álvarez Cáccamo e Marisa Núñez : "O libro dos cen poemas" (Antoloxía da poesía infantil galega) Ed. Espiral Maior.
EQUIPA DE BIBLIOTECA
- APIs de Blogue