Club "Amigas e amigos de Daniel"

DOMANDO MONSTROS

AMIGAS E AMIGOS, ESPERO QUE TEÑADES RECIBIDO A MIÑA CARTA!
MOITA FALTA ME FACEDES NA NOSA BIBLIOTECA. PRECISO DE VOS PARA QUE ME AXUDEDES A DOMAR UNHA CHEA DE MONSTROS QUE ANDAN SOLTOS POLO MUNDO ADIANTE.
HABEDES DE VIR?

O VOSO AMIGO
DANIEL

ANIMACIÓN LECTORA PARA AS FAMILIAS

A BIBLIOTECA "AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL" CONVIDOU ÁS FAMILIAS DO CRA DE RIANXO A PARTICIPAR NUNHA XORNADA DE ANIMACIÓN LECTORA.
A ACTIVIDADE CONTOU COA PARTICIPACIÓN DE TERO RODRIGUEZ, DO CLUB DE LECTURA DA ANPA, E DESENVOLVEUSE NA NOVA BIBLIOTECA DO CRA, EN ATALAIA, ASADOS, O VENRES 17 DE OUTUBRO

ver a nova "Lectura en familia!"  na sección da Biblioteca

A ORIXE DO SAL NO MAR

SE ALGUÉN DE VOS QUERE SABER A AUTÉNTICA EXPLICACIÓN DE POR QUE A AUGA DO MAR É SALGADA, QUE DEIXE DE BUSCAR EN  LIBROS DE INFORMACIÓN OU INTERNET

NÓS PUIDEMOS ESCOITAR HAI UNS DÍAS O AUTÉNTICO RELATO, RIGUROSAMENTE DOCUMENTADO E ACOMPAÑADO DUN BÓ FEIXE DE PROBAS QUE ATESTIGUABAN A SÚA VERACIDADE

 PEDIMOS QUE OS NOSOS COMPAÑEIROS PUIDERAN SER TESTIGOS DO QUE ALÍ SE CONTOU

E TODOS COMPROBAMOS QUE AS PROBAS PRESENTADAS ERAN REAIS...
...E BEN SABOROSAS

aula de 4 e 5 anos

MENUDA AVENTURA!!!!

COMO TODOS OS DÍAS QUE NON CHOVE, SAIMOS Ó PARQUE QUE TEMOS Ó LADO DA ESCOLA, PERO NADA MÁIS CHEGAR... ATOPAMOS UNHA BOLSIÑA. QUÉ SERÁ???? PREGUNTÁMONOS TODOS. RÁPIDAMENTE ABRIMOS A BOLSA E...  "O CAN TRAMPULLEIRO" UN CONTO!!!!!!

Ó CHEGAR Á AULA A PROFE CONTOUNOS O CONTO E ENCANTÓUNOS!!!!!!! ASÍ QUE HOXE, 22 DE MAIO DO 2014, DEIXÁMOLO AGOCHADO NALGÚN SITIO DE TARAGOÑA. ESPERAMOS QUE O ATOPEN PRONTO E QUE DISFRUTEN TANTO COMA FIXEMOS NÓS.

CELEBRANDO AS LETRAS

PRIMEIRO DÉMOSLLE FORMA AS LETRAS.

 COAS LETRAS FORMAMOS PALABRAS.


 COAS PALABRAS XURDIU A POESÍA

Aula de 4 e 5 anos

A BELEZA FERIUME PARA SEMPRE

E COMO O POETA, NÓS DESCUBRÍMONOS FERIDOS POLA BELEZA DUN INSTANTE, DUNHA IMAXE, DUNHA LEMBRANZA, DUN DESEXO, DUN SENTIMENTO...

"... cuando le toqué a Minia, cuando nació, el pelo. Y me emocionó verla en el salón cuando subió y esperamos y esperamos, pero yo no me cansé de esperar "

"... cando a abuela me da besiños e da calorciño dentro do corpo"

"...na casa da tía de Bealo, cando xoguei con Lucía na casiña de Irene cando era pequena"

"... en el colo de mamá siento que me abraza y me quiere mucho"

"... cando me vin de pequena, nunhas fotos "

"... eu quero ter a miña irmá algún día no colo"

"... cando estaba coa avoa e Carla, sentía tranquilidade"

"... cando xogan comigo papá e mamá síntome contenta e sinto no corazón unha cousa que é un secreto para min e para papá, mamá ...e o canciño"

"... co cariño da miña familia sinto amor"

"... xogar con Aitor e darlle abrazos a mami e sinto emoción"

"... acordarme do cumpreanos de Timi"

"... cando Andrea se deitaba comigo e coidabame por si caía da cama"

E CANDO Ó REMATAR A SESIÓN, UN COMPAÑEIRO DI:

"molláronseme os ollos de emoción"

NÓS, CO GOZO DE ESCOITALO, NON PODEMOS DEIXAR DE DICIR :

aula de 4 e 5 anos

A MALETA VIAXEIRA

COINCIDINDO CO DÍA DO LIBRO A PROFE ANA ABREU A MALETA VIAXEIRA QUE ESTABA NA NOSA ESCOLA...

E QUE TIÑA?...MOITOS LIBROS: LIBROS DE POESÍA, DE CONTOS, DVDs,...

 

AO LONGO DESTES DÍAS IREMOS COÑECENDOA A FONDO.

HOXE ACERCÁMONOS AO SEU CONTIDO LEMOS ALGUNHAS POESÍAS.

 

RECORDAMOS AO ILUSTRE ESCRITOR DON MIGUEL DE CERVANTES SAAVEDRA AUTOR

DE EL INGENIOSO HIDALGO DON QUIJOTE DE LA MANCHA,

UNHA DAS OBRAS MÁIS IMPORTANTES ESCRITAS EN CASTELÁN.

 

GUÁ !

HOXE FALAMOS DE "GUÁ!" NA ESCOLA, E OS ARTISTAS E PERSONAXES DO ESPECTÁCULO VOLVERON ESTAR  Ó NOSO CARÓN.
E FLUIRON TAMÉN DE NOVO AS EMOCIÓNS DE ALEGRÍA,
TRISTEZA, SORPRESA, MEDO, RABIA, QUE DESPERTARON EN NÓS...

" Cando estaban cantando molláronseme os ollos " , "...e tívenme que limpar os ollos"

"cando cantaba Helena case choro porque había emoción"

" latíame o corazón " , "cando se enfadaba Teresa o corazón iba rápido"

" me daba ilusión..." , " me sentía muy mal"

" se lle rabuña non é unha amiga"

"el tío de Estela dijo que estaba a jugar un juego y eso era una mentira"

" ... "

aula 4 e 5 anos

Distribuir contido