Educación Primaria
AULA DE MÚSICA -BIBLIOTECA
DE NOVO FOMOS A AULA DE MÚSICA
¡ QUE DIVERTIDO FOI TODO !
OS XOGOS,PROBAR OS INSTRUMENTOS..
TAMÉN ESTIVEMOS NA BIBLIOTECA
DONDE NOS ESPERABA "A BRUXA REGAÑADENTES"
CON UN CONTO DE MOITO, MOITO MEDO...
- APIs de Blogue
DIA DA PAZ
HOXE LEMOS UNHAS POESIAS QUE FALABAN DA PAZ.
TAMÉN LEMOS OS LIBROS "O HOMIÑO DE PAPEL" E "LA BIBLIOTECARIA DE BASORA".
DESPOIS FIXEMOS UNS DEBUXOS E UN CARTEL.
ESPERAMOS QUE ALGÚN DÍA TODOLOS NENOS E NENAS DO MUNDO SAIBAN O QUE É A "P A Z"
A AULA DE MÚSICA
Este trimestre fixemos unha saída a aula de música a Asados e Marisa preparounos xogos. Foi moi divertido.
Tamén vimos a nova biblioteca e Tobías leunos un conto.
MIRAMOS OS XORNAIS
HOXE ESTIVEMOS MIRANDO MOITOS XORNAIS E TODOS TRAÍAN A MESMA NOTICIA REDACTADA DE DISTINTA MANEIRA, DESPOÍS FIXEMOS O NOSO TITULAR E SAIUNOS ASÍ:
UN DIA HISTÓRICO
O PRIMEIRO PRESIDENTE NEGRO QUE CHEGA A "LA CASA BLANCA"
4 DE NOVEMBRO : OBAMA DECLÁRASE O PRIMEIRO PRESIDENTE NEGRO NA HISTORIA DE ESTADOS UNIDOS.
PARABENS!!!
- APIs de Blogue
CONTACONTOS
MULLERES CIENTÍFICAS
O MARTES 21 FOMOS A SANTIAGO VER "AS MULLERES CIENTÍFICAS ".
ERA SOBRE AS MULLERES QUE NON PODÍAN IR A UNIVERSIDADE E TIÑAN Q U E DISFRAZARSE DE HOME.
ALGÚNS NENOS VESTIRONSE DE CIENTÍFICAS: BRAIS DE MATEMÁTICA, VICENTE DE BIÓLOGA...
TAMÉN FIXERON EXPERIMENTOS.
FOI MOI DIVERTIDO
SAIDA A SANTIAGO
O MARTES 21 DE OUTUBRO, OS
NENOS E NENAS DE 5 ANOS E
OS DE PRIMARIA, VAMOS A SANTIAGO
VER UN CONTACONTOS.
ESPERAMOS QUE SEXA DIVERTIDO.
LECCIÓN DE ORTOGRAFÍA PARA OS MAIORES
MIGUEL é un novo alumno do C.R.A. de Rianxo. Ten tres anos e está escolarizado na Escola de Cruceiro. Durante estes días escoitou moitas veces de Paula, de min e doutras profesoras o importante que é "portarse ben" ( saber compartir, estar tranquilo, escoitar o que nos din os demais...).
YAIZA ten cinco anos e empezou en setembro o seu derradeiro curso no C.R.A. Como ós seus compañeiros de aula, gústalle moito vestirse coas roupas e complementos que temos no armario. Hoxe decidiu poñer un colar e unha elegante capa vermella reberetada con fitas douradas.
Yaiza está no patio á miña beira e acércasenos Miguel.
- E voa? E voa?. Pregúntame Miguel sinalando a Yaiza.
Eu entendinlle:" É boa ? É boa ? ", e totalmente convencida contéstolle:
- Si, é boa ! Yaiza é moi boa ! e remato dándolle á nena un aloumiño.
Pero Miguel insiste, esta vez sinalando a capa:
- E voa? E voa ?
E, xa tendo claro que non debo confundir "voa" con "boa", nin " e " con "é ", respondinlle por fin:
- Pois non, non voa !!
Hata a prosima lecion, hamigos !!
Cáspistas ! Non sei se na despedida terei algún erro ortográfico. Se vedes algún, nos deixedes de correxirmo!
Un bico. Sol ( profe de Cruceiro )
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11