Educación Primaria
O RÍO DO PEREIRO
OLA, EU SON VICENTE E ESTOU A REMATAR 1º DE PRIMARIA.
VOU CONTAR O QUE SEI DO RÍO QUE PARA POR ONDE VIVO
CHAMÁMOSLLE O RÍO DO "PEREIRO", É PEQUENO E CURTO. NACE ENTRE SOIGREXIA E MÁMOA, AN ASADOS.
PASA POR VILAS, LUSTRES, OUTEIRO, LAXIDO E BARRAL.
Ó CHEGAR Ó PAZO CÓLLESE A SÚA AUGA PARA O LAVADEIRO QUE ESTÁ Ó PE DA NOSA ESCOLA.
DESENVOCA NA PRAIA DA TORRE
NA PONTE QUE HAI Ó LADO DA MIÑA CASA COLLEMOS CÁGADOS E UNHA VEZ
VIMOS A CABEZA DUNHA SERPE.
ANTES, CANDO CHOVÍA MOITO, DESBORDABA E A AUGA INUNDABA AS CASAS E AS LEIRAS
A PENA DO CORVO
OLA, SON AINHOA E VIVO NA CARBALLERIA, ENTRE RIANXO E PAZO
DENDE A MIÑA CASA POIDO VER A CHAMADA “PEDRA DO CORVO”
QUE ESTÁ SITÚADA NO MAR, ENFRENTE DO “CASTELO DA LÚA”.
TEN A FORMA DUNHA MONTAÑA CON TRES PICOS: CANDO SOBE A MAREA TAN SÓ SE VE O PICO MAIOR E, CANDO BAIXA PÓDESE CHEGAR A PÉ ATA ELA.
CHÁMASE” PEDRA DO CORVO” PORQUE É NEGRA, E TAMÉN PORQUE ANTIGAMENTE CANDO EXISTÍA O CASTELO, OS CORVOS ÍANSE POUSAR NELA.
A MIÑA NA, CANDO ERA PEQUENA, GUSTÁBALLE
CRER QUE ERA A "TORRE VIXÍA" DO CASTELO.
NELA PÓDENSE ATOPAR MEXILLÓNS E CARAMUXOS.
- APIs de Blogue
A RA DE MARTÍN
OLA: SON MARTÍN E QUEROVOS CONTAR QUE UN DÍA FUN O RÍO DO PAZO COLLER CÁGAD0S E ATOPEI UNHA RA,COMO TIÑA CORES MOI BONITOS, EN VEZ DOS CÁGADOS, TROUXEN A RA.
SAQUEÍLLE DUAS FOTOS E DESPOIS VOLVINA AO RÍO. GUSTAVOS?
CORRELINGUA
ESTE ANO O CORRELINGUA DA BARBANZA FOI NA POBRA DO CARAMIÑAL. OS NEN@S DO C.R.A PARTICIPAMOS NA CARREIRA
OS MAIORES FIXERON UNHA CARREIRA PO-LAS RUAS DA POBRA E DESPOIS XUNTAMONOS TODOS DONDE ESTABA COLOCADO O PALCO.
ALGÚNS NEN@S LERON UN MANIFESTO PARA RECORDAR A IMPORTANCIA DE TER UNHA LINGUA PROPIA E DESPOIS HOUBO AS ACTUACIÓNS
PARECEUNOS FANTÁSTICA!
- APIs de Blogue
PARA MARISA E MARTA
OS NENOS DE PAZO QUEREMOSLLES DICIR A MARISA E A MARTA QUE NOS GUSTOU MOITO A SESIÓN DE BIBLIOTECA E A DE MÚSICA.
GRAZAS POR FACELO TAN DIVERTIDO.
UN NOVO AMIGO
ESTA PRIMAVERA,OS NEN@S DE PAZO TEMOS UN NOVO "AMIGO": UN PAXARIÑO VEU FACER O SEU NIÑO NUN BURATO DA PAREDE DA ESCOLA E, XA DEBERON DE NACER OS PAXARIÑOS NOVOS, PORQUE ENTRA ES SAE CONTINUAMENTE.
ESTAMOS MOI CONTENTOS DE QUE ELEXIRA A NOSA ESCOLA PARA FACER O NIÑO,ESPEREMOS QUE LLE GUSTE O SITIO E NON SE VAIA!
Reunión de ciclo
O próximo martes,3 de marzo,os de primaria teremos a reunión de ciclo no canto da de orientación,pois Tobías quere comentar as probas de nivel que temos que pasar ós de 2º.
- APIs de Blogue
SAIDA A CORUÑA
O PASADO DIA 11 DE FEBREIRO OS NEN@S DE PRIMARIA FOMOS A CORUÑA.
PRIMEIRO VISITAMOS A DOMUS: VIMOS UNHA PELÍCULA DE DINOSAURIOS EN TRES DIMENSIÓNS ESTUPENDA,PARECÍA QUE SAÍAN DA PANTALLA...
DESPOIS FOMOS VE-LAS SALAS
POLA TARDE FOMOS Ó PLANETARIO SAUDAR ÓS PLANETAS, AS CONSTELACIÓNS...PERO O TEMPO ERA POCO E NON PODEMOS VER AS EXPOSICIÓNS
UN ENORME TELESCOPIO
OS NEN@S DE PRIMARIA ESTAMOS A ESTUDIAR O UNIVERSO,
O PAPÁ DE BRAIS É UN AFICCIONADO A ASTRONOMÍA E TROUXONOS A ESCOLA UN ENORME TELESCOPIO QUE USA PARA OBSERVAR OS PLANETAS, AS CONSTELACIÓNS...
TAMÉN NOS ENSEÑOU COMO SE MANIPULA O TELESCOPIO COA AXUDA DUNHA BRÚXULA,TROUXONOS UNS MARAVILLOSOS LIBROS E DEIXOUNOS DE REGALO UNHAS ESTUPENDAS FOTOGRAFÍAS DO SISTEMA SOLAR.
O ENTROIDO
ESTE ANO OS NEN@S DE PAZO FOMOS FESTEXAR O ENTROIDO A QUINTÁNS,XUNTO COS DE ABUÍN, RAÑÓ E VACARIZA .
FOI UN ENTROIDO DE MOITO MEDO POIS TODOS LEVABAMOS UNS DISFRACES "HORRIPILANTES" QUE FIXEMOS NÓS. MIRADE
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »