Taller de linguaxe
A HISTORIA DO PEIXE DA FONTE, AMIGO DE ZICO E DE LEONCIO
XOGO INTRODUCTORIO
Dominó de figuras incompletas.- Importante que os nenos e nenas verbalicen. Facemos un camiño seguindo un criterio, grande pequeño, os nenos e nenas deben verbalizar que animaliño é.
PRAXIAS:
Lembramos as praxias de ruidos do corpo, clac, coa língua, palmas,pitos cos dedos e tentamos introducir o asubío.
Praxia nova: Tentamos facer ritmos co corpo: clac – clac, pitos pitos, palmas, clac – clac, pitos pitos, asubío,
A HISTORIA DO PEIXE DA FONTE AMIGO DE ZICO E DE LEONCIO
Un día o burriño Zico foi beber á fonte que había onda a súa casa, e ao chegar cerca viu un peixiño morto. Asustouse moito.
Ah!, que lle pasou a este peixe??, como morreu?? QUE OS NENOS E NENAS REPITAN ESTA EXPRESIÓN.
Ah!, que lle pasou a este peixe?? como morreu??, variamos a expresión
Oh! Que lle pasou a este peixe,
Eh que lle pasou a este peixe,
Uih que lle pasou a este peixe
Ali cerca da fonte estaba Leoncio, que era amigo de Lorenzo. Leoncio sabía moitas historias. Era electricista e inventor. Inventou un idioma para falar cos paxaros, chamábase o idioma PAPA-PÍO, xogasmos coa palabra:
POPO PIO - PEPE PIO - PIPI PÍO - PUPU PÍO
Leoncio explicoulle: Pola mañán houbo moita, moita calor. Un paxariño quixo beber na fonte pero estaba tan canso e sedento que non daba chegado e case morria de sede. Entón o peixiño da fonte que o veu dou un brinco moi grande, saltou da fonte e púxose debaixo do peteiro do paxaro. Ao sentir o fresquiño, o paxaro reviviu, mollou o peteiro no corpo mollado do peixiño e voou ata a fonte.
O peixiño tentou vovler á fonte pero estaba tan fatigado e canso que pechou os ollos e finou.
ACTIVIDADES: Xogo das velas. Do bolso sacamos varias velas, velóns, observámolos, para que serven?, como se encenden??. Encendemos varios velóns e xogamos a apagalos soplando. Logo facemos o xogo de mover a lapiña da vela, soplando suave para movela pero sen apagala.
POESÍA FINAL
O gorrión é moi probiño
nunca sale de viaxe
¡ O gorrión é tan probiño
que tan soio ten un traxe
- APIs de Blogue
A HISTORIA DE LEONCIO E A BOMBA DA FELICIDADE
XOGO INTRODUCTORIO: Xogo de figuras xeométicas co de distintas forma e cores, sobre un soporte vanse agrupando según o criterio acordado
PRAXIAS: Lembramos as praxias de ruidos do corpo, clac, coa língua, palmas,pitos cos dedos e tentamos xogar con pauciños postos nos beizos.
Praxia nova: Co pauciño nos beizos: subímolo, abaixámolo, movémolo hacia un lado, hacia o outro ...
A HISTORIA DE LEONCIO E A BOMBA DA FELICIDADE
Un día que estaba chuvioso e había frio, estaban na casa de Zico, a galiña Churra e a porquiña Quina. Estaban tristes e aburridos. Como estamos tristes?? (Poñemos caras tristes). Case non falaban, so se queixaban do tempo.Nun momento sentiron que viña do camiño ruido coma dunha moto, puxeron a man na orella para escoitar mellor, (facemos o aceno), e efectivamente, viña un ruido coma dunha moto (Brrrum, brrummmm …) Parou onda o portal (brrmmmm,... ) e sentiuse pitar (piiii – piiiiii). Era Leoncio que viña na moto, con casco e cunha zamarra, moi abrigado. Viña moi contento, (poñemos caras de contentos).- Bo día dixo Leoncio. Podemos repetir o saudo. - Bo día dixeron Zico, a galiña Churra e a porquiña Quina, podemos repetir. Leoncio era electricista e inventor e hoxe viña todo contento porque viña de inventar a bomba da felicidade.
Lemos o conto de Carlos Casares “A bomba da felicidade”
- A bomba da felicidade inventouna o Leoncio unha noite que durmíu nun portal pasando moito frío. Para botala teráse que subir nun paxaro e voar un quilómetro ceo arriba. Cando suba ben alto, tenlle que decir o paxaro en idioma "papapío": "Pas-pallis pío pío pían", que quere deir: "Prepárate que imos botar a bomba". Entón o paxaro respóndelle "Raspapín pau", que quere decir: "Estou preparado"
Cando diga esto, o Leoncio abre a mau dereita e deixa caer a bomba que é moi pequeniña. No pobo onde estoura, aparecen de repente vinte bandas de música tocando alboradas, pasodobles, muiñeiras e demáis. Chove roscós, rosquillas, e globos de cores. E por se fora pouco, o ceo ponse todo azul e o sol non queima. E a xente sinte unha grande felicidade.
ACTIVIDADES: (Reflexionar sobre as emocións, "ser feliz")
Descubrir o obxecto do bolso, (figura africana dunha muller) ver fotografías de Africa. A figura representa unha figura feminina, unha muller, cunha xarra na cabeza, para transportar a auga, cun bebé nas costas atado cunha faixa, a muller está embarazada.Observamos a figura fixámonos nos detalles. Na figura a cabeza non ten forma, e un óvalo liso, faltan os ollos, o nariz ...Despois de observalo prlantexamos, Esta muller, mamá está feliz ?? porqué??
POESÍA FINAL
O muiño roula roula
o muiño é roulador
¡Volta as augas do regato
en marmurio cantador!
- APIs de Blogue
A porquiña Quina
PRAXIAS:
Clac, clac coa boca
Clac, clac, clac
Coordenar clac con palmas
clac, palmas, clac, palmas, clac palmas
Abrir a boca, pechar: Coordenar abrir a boca e pechar con abrir a pechar as dúas mans
Botar a língua, meter: Coordenamos con abrir e pechar unha man
Abrir os ollos, pechar: Coordenar coas dúas mans
Abrir os ollos, pechar: Coordenar coas dúas mans e con respirar
CONTO: A PORQUIÑA QUINA
A porquiña Quina anda polo camiño do regato. Estivo toda a tarde a pasear e a comer. Comeu mazás, peras, cenorias, tamén landras e castañas. Pasou onda a casa do burriño Zico .
“Boa tarde Zico,”, lle dixo Quina.
“Boa tarde Quina, vas xa para a casa?
O burriño Zico estaba fora do cuberto, arranxando un cesto de vimbios
“Estás a arranxar o cesto, Zico”
“Hai Quiniña, faime falta para coller as uvas que xa están moi maduras”
“ Pois Zico, anda con coidado cos vimbios e coas tesoiras, non te manques”
“ Non me manco, Quina, non te preocupes”
“ Bon adeus, amigo Zico, xa me vou, que é tarde”
" Adeus, amiga Quina”, ata mañán”
Quina camiñou a modo ata a casa e entrou no cuberto, alí estaba a galiña Churra Churriña e os seus filliños
“ Boa noite Churra Churriña”
“ Boa noite, amiga Quina”
“ Boa noite Piros Piriños”
“ Adeus Quina Quiniña”
Antes de entrar na corte, limpou os pezuños e sacudiu as orellas. Tamén limpou o nariz, e o fuciño. Coa língua, lambiu os beizos. Coa língua tamén limpou os dentes: primeiro arriba, logo abaixo.
Ao final abriu a boca moito, moito e soplou, primeiro moi forte, logo suave, suave. Abriu a porta e con coidado entrou na corte. Colleu un libro moi gordo, gordísimo e leu un pouco. Afora fíxose de noite, todo se puxo escuro, viase algunha estrela e a lúa.
Todo estaba en silencio, durmía a galiña Churra e os seus pitiños Piros Piriños, tamén durmían o burriño Zico, e tamén os paxaros. So de vez en cando se escoitaba a raposa chiar: Ahhhh, ahhhh!!!
ACTIVIDADES:
1.- Comentar a Historia:
2.- Como se chaman? Da caixa sacamos varias cousas: Unha maza, … e preguntamos como se chaman?
3.- Onde están? No conto lembramos onde estaban: Quina Quiniña, Zico Ziquiño, Churra Churriña e Piros Piriños e debuxamolos
POESÍA FINAL
A señora Pita
leva a súa rolada
como unha señora
moi señoreada
- APIs de Blogue