Educación Física

POLIDEPORTIVO

A ACTIVIDADE PSICOMOTRIZ REALIZADA NESTE TRIMESTRE NO POLIDEPORTIVO DE RIANXO COMPLEMENTOUSE CON DÚAS SESIÓNS RELACIONADAS COA ALIMENTACIÓN SAUDABLE DESENVOLVIDAS NA AULA ACTIVA DO MAR.

PARA VISIONAR AS ENTRADAS RELACIONADAS CON ESTA NOVA, PREMEDE NOS DISTINTOS ENLACES...

Sesión polideportivo: os animais

Polideportivo e Aula activa

SESIÓN POLIDEPORTIVO: OS ANIMAIS

ESTA SEMANA TEMOS A SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE NO POLIDEPORTIVO.

BEN SENTADOS NA RODA, ATENDEMOS AS INSTRUCCIÓNS.

 

 XOGAMOS AOS REPTÍS:

 

 

 MOVÉMONOS NO CIRCUITO:

 

 

 

 REPRESENTAMOS DIFERENTES ANIMAIS:

 

 

 NO XOGO LIBRE DISFRUTAMOS CO MATERIAL QUE HAI NO POLI

 

 

 E DESPOIS DE TANTO MOVEMENTO PRECISAMOS RECUPERAR FORZAS CUNHA MERENDA SAUDABLE.

 

 AS PROFES TAMÉN O PASAMOS MOI BEN FACENDO DEPORTE.

 

 

E PARA REMATAR, TODOS COLABORAMOS RECOLLENDO O MATERIAL.

 

                                CANDO TOCARÁ VOLVER DE NOVO AO POLI? 

 

A COLLEITA

APROVEITAMOS A MOTIVACIÓN DO OUTONO, TEMPO DE COLLEITA, PARA LEVAR Á ESCOLA OS CAROZOS DO MILLO E MONTAR UNHA SESIÓN CREATIVA.

 EXPLORANDO LIBREMENTE SAEN MÚLTIPLES IDEAS:

  

  

                           XOGAMOS AOS PAQUETES:

  

               PAQUETE DE DOUS                                 PAQUETE DE TRES

  

            PAQUETE DE CATRO                               PAQUETE DE CINCO

E PARA PRIMARIA, PAQUETES DE 3+7, PAQUETES DE 2X8,...

                              FACEMOS MALABARISMOS:

  

          CONSTRUIMOS OBRAS DE ARTE, INDIVIDUAIS OU EN GRUPO, QUE LOGO DAN MOITO XOGO:

  

  

  

 E MOITAS OUTRAS PROPOSTAS QUE XORDEN COA IMAXINACIÓN E AS GANAS DE XOGAR E COMPARTIR MATERIAIS E EXPERIENCIAS. CONTINUADE PROBANDO NA CASA, XA ME CONTAREDES.

 

ESPELLOS II

DESPOIS DE EXPLORAR O MUNDO A TRAVÉS DO ESPELLO PROBAMOS NÓS TAMÉN A REPRESENTAR A SÚA FUNCIÓN.

QUE VOS PARECE?

     

     

XOGAMOS CON ESPELLOS

OS ESPELLOS SON UN RECURSO INTERESANTE PARA TRABALLAR O ESQUEMA CORPORAL E A PERCEPCIÓN DO ESPAZO.

AÍ VAI UNHA PEQUENA MOSTRA:

   

OBSERVAMOS O NOSO CORPO

   

E OBSERVAMOS O ESPAZO.

RESULTA CURIOSO VER O QUE NOS RODEA A TRAVÉS DUN ESPELLO.

¡FACEDE A PROBA!

ATAMOS E DESATAMOS

¡QUE IMPORTANTE É SABER ATAR E DESATAR!

É MOI NECESARIO EN MÚLTIPLES OCASIÓNS.

DURANTE A CLASE DE E. F. PRACTICAMOS UN POUQUIÑO.

¡NON ESQUEZADES SEGUIR PRACTICANDO NA CASA!

    

OLA

Riendo XA ESTAMOS DE VOLTA!!

EMPEZAMOS XOGANDO CO TREN DOS NOMES

E COA VISITA DA NOSA AMIGA LOLA

QUE NOS PRESTA O SEU SOMBREIRO

COMO NOS FAI CORRER ESTA LOLA!!! ESTÁ FEITA UNHA MANDARICA.

VACACIÓNS

XA ESTÁN AQUÍ!! 

A PRAIA, O CALOR, O SOL,...

ACHEGO UNHAS FOTOS DAS ÚLTIMAS SESIÓNS DE PSICOMOTRICIDADE,                                                                      

E DURANTE O VERÁN NON ESQUEZADES:

 FACER DEPORTE, PASALO BEN, E COMER DE TODO.

BO VERÁN PARA TODOS. 

MOITOS BICOS DE JOSE 


DESPRAZAMENTOS

APROVEITAMOS O LIBRO " CATARINA E O OSO ", EDITADO POLA EDITORIAL KALANDRAKA, PARA TRABALLAR DIVERSAS MANEIRAS DE DESPRAZARNOS, E MIRA QUE HAI MOITAS !

 

MÁIS EQUILIBRIO

                      CONTINUAMOS TRABALLANDO EQUILIBRIO

 

                  

                                                  CON CIRCUITOS

                 

                 

                                           E SOBRE ZANCOS 

               NON ESQUEZADES PRACTICAR NOS RECREOS!!! 

Distribuir contido