Educación Física

POLIDEPORTIVO

ESTA SEMANA DISFRUTAMOS DA SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE NO POLIDEPORTIVO DE RIANXO.

LEVAMOS A CABO UN MONTÓN DE ACTIVIDADES CENTRADAS NO NOSO CORPO.

AQUÍ VAN UNS EXEMPLOS.

   

 

                

                

DESPOIS DE TANTO ESFORZO MERECEMOS UNHA MERENDA SAUDABLE:

 

E DESPOIS DE RECUPERAR FORZAS CONTINUAMOS CON XOGO LIBRE:

 

 

REMATAMOS A SESIÓN CUNHA MASAXE RELAXANTE EN PARELLAS:

                        

POLIDEPORTIVO

O LUNS 28, MARTES 29 E MÉRCORES 30 DE NOVEMBRO TODAS AS ESCOLAS DO CRA REALIZARÁN UNHA SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE NO POLIDEPORTIVO DE RIANXO.

ver

  convite

Escola de Abuín

Escola de Capela

Escola de Cruceiro

Escola de Rañó

Departamento de Educación física

INVITACIÓN PARA O POLIDEPORTIVO

 

 

A última semana de novembro estades todos invitados a asistir a unha sesión de psicomotricidade no polideportivo municipal de Rianxo.

Como somos moitos teremos que vir repartidos en varios días.

O luns 28 virán os nen@s de Capela, Vacariza e Quintáns.

O martes 29 virán os nen@s de Rañó, Abuin e Pazo.

O mércores 30 virán os nen@s de Cuvide, Cruceiro e Outeiro.

Antes da sesión do poli faremos unha actividade sobre o mar como fonte de alimentos na Aula Activa.

Lembrade que debedes vir con roupa cómoda e tenis ben limpos nunha bolsa para cambiar no pavillón.

Como xa sabemos todos:

Se queres estar san e forte

come de todo e fai deporte.

ESQUERDA-DEREITA

 ESTA SEMANA XOGAMOS CO TWISTER OU ENREDOS, QUE ADEMÁIS DE SER MOI DIVERTIDO É MOI ÚTIL PARA IDENTIFICAR A NOSA    ESQUERDA E DEREITA.

 

 

 

                FIXÁDEVOS QUE POSTURAS MÁIS COMPLICADAS!!! TAMÉN HAI QUE TER BO EQUILIBRIO!

PROBAMOS AS FEIXOAS

                    

              

ESTA SEMANA ESTAMOS PROBANDO AS FEIXOAS DA HORTA DE JOSE.

É UNHA ÁRBORE QUE PROCEDE DE AMÉRICA. AS SÚAS FROITAS  PÓDENSE CONSUMIR FRESCAS, EN COMPOTA, EN MERMELADA,...

TEN VITAMINAS B E C.

UTILÍZASE MOITO COMO ÁRBORE ORNAMENTAL, NON ME EXTRAÑA, VICHES QUE FLORES TAN BONITAS?

NA ESCOLA PROBÁMOLAS FRESCAS.  A QUE ESTÁN RIQUÍIIIIIIIISIMAS?

 

                                              NEN@S DE PAZO PRIMARIA PROBANDO AS FEIXOAS

CACAHUETES

ESTA SEMANA EMPEZAMOS NAS AULAS O OBRADOIRO DE PROBADORES DE ALIMENTOS.

COMO NA HORTA DE JOSE HAI UN POUCO DE TODO, POIS LEVAMOS ÁS ESCOLAS UNHA PLANTA DE CACAHUETE. MIRADE QUE BONITA É:

       

       

                                           O FROITO NACE DEBAIXO DA TERRA.

SABIAS QUE O CACAHUETE É UN ALIMENTO MOI NUTRITIVO?.

TEN UNHA GRAN CANTIDADE DE PROTEÍNAS, É ANTIOXIDANTE, E BOÍSIMO PARA AS MULLERES EMBARAZADAS POLO SEU CONTIDO EN ÁCIDO FÓLICO.

É MÁIS DIXESTIVO SE SE COME TOSTADO, E DEBE SER CONSUMIDO EN CANTIDADES MODERADAS POIS SE ABUSAMOS PODE SER INDIXESTO.

                                   E, COMO NON, NA ESCOLA PROBÁMOLOS.  ESTÁN RIQUÍIIIISIMOS!!!!!!


A MILLEIRA

OUTRO ANO MÁIS, POR ESTAS DATAS, DESENVOLVEMOS NA AULA ACTIVIDADES PSICOMOTRICES RELACIONADAS COA COLLEITA DO MILLO.  É QUE OS CAROZOS DAN MOITO XOGO.

         TANTO EN ACTIVIDADES DE CREACIÓN COLECTIVAS

       

                      COMO INDIVIDUAIS

       

PARA TRABALLAR DESPRAZAMENTOS CON OBXECTOS EN EQUILIBRIO (AO MESMO TEMPO QUE REPASAMOS O ESQUEMA CORPORAL)

       

       

                    PARA CREAR AUTÉNTICAS OBRAS DE ARTE

       

                                       

              UNHA VEZ CREADAS, AS OBRAS SEGUEN DANDO XOGO:

       

                                             

ESTAS SON ALGÚN EXEMPLO DO QUE SE PODE FACER CUN POUCO DE IMAXINACIÓN E GAÑAS DE MOVERSE. HAI MOITAS MÁIS!!

E PARA REMATAR, NADA MELLOR QUE UNHA BOA MASAXE RELAXANTE,...

       

POSTURAS CORPORAIS BÁSICAS

EMPEZAMOS UN CURSO MÁIS CON MOITA ENERXÍA E CREATIVIDADE.

MIRADE AQUÍ A QUE AMOSAN OS NEN@S DE PAZO PRIMARIA TRABALLANDO AS POSTURAS CORPORAIS BÁSICAS.

 

 

 

 

 

XOGOS CON CANCIÓN

AO LONGO DESTAS ÚLTIMAS SEMANAS ESTAMOS LEMBRANDO NO CRA ESES XOGOS CON CANCIÓN AOS QUE TANTO XOGABAMOS NÓS DE PEQUENOS E QUE AGORA ESTÁN UN POUCO ESQUECIDOS.


AQUÍ VAN UNHAS MOSTRAS:


          


          


               LA NIÑA QUE ESTÁ EN EL MEDIO, SE LE HA CAÍDO EL VOLANTE,...


          


          


                               ¿DONDE ESTÁN LAS LLAVES, MATERILE,...?


   


   


                            PASE MISÍ, PASE MISÁ, POLA PORTA DE ALCALÁ...


TAMÉN RECUPERAMOS OS XOGOS DE CORDA, DE GOMA,... E NON NOS DEU TEMPO Á MARIOLA, QUE QUEDA PENDENTE PARA O NOVO CURSO.


E AGORA UNHA PETICIÓN: SEGURO QUE VOS LEMBRADES DE MIL E UN XOGOS DA VOSA INFANCIA, SE É ASÍ ENSINÁDELLOS AOS VOSOS FILL@S E XOGADE XUNTOS.


                             VAI SER MOI GRATIFICANTE E BENEFICIOSO 



                            BO VERÁN PARA TOD@S!!       

COÑECEMOS UN NOVO DEPORTE

COMEZAMOS O MES DE XUÑO  CUNHA TOMA DE CONTACTO CUN NOVO DEPORTE ACUÁTICO: O PIRAGÜISMO.


A IDEA INICIAL ERA VOGAR POLO ULLA E FACER UN ROTEIRO POLA SÚA MARXE, PERO NON NOS FOI POSIBLE POLO ESTADO DO RÍO, ENTÓN ACOLLÉMONOS AO PLAN B: PROBAR NA LAGOA ARTIFICIAL DE CAMPAÑA - VALGA.


                                         O RESULTADO FOI FANTÁSTICO.


 VELAQUÍ UNHA PEQUENA MOSTRA DESTA PRIMEIRA XORNADA QUE AGARDAMOS TEÑA CONTINUACIÓN EN ANOS VINDEIROS:


 


COMEZAMOS CUN PEQUENO PASEO ARREDOR DA LAGOA, ONDE HAI PLANTADAS MOITAS ÁRBORES DE DISTINTAS ESPECIES.


 


MANUEL EXPLICOUNOS A ORIXE E  HISTORIA  E DEUNOS UNHAS NOCIÓNS BÁSICAS DESTE DEPORTE.


                   E PREPARADOS, LISTOS, XA!!


 


 


 


 ALGÚNS TIVERON DIFICULTADES.


 


PERO A MAIORÍA DESENVOLVEUSE MOI BEN:


  


  


 HOUBO INCLUSO QUEN SE ATREVEU A REMAR SOA, QUE VALENTE!!


 


 E COMO TODO O BO TEN UN FINAL, TIVEMOS QUE DESEMBARCAR


 


REMATAMOS A XORNADA CUNHA MERENDA SAUDABLE PARA RECUPERAR ENERXÍAS


 


MOITAS GRAZAS AOS MONITORES: DANI, IRIA, MARÍA E MANUEL DO CLUBE DE PIRAGÜISMO AS TORRES-ROMERÍA VIKINGA DE CATOIRA POLOS BOS MOMENTOS QUE NOS FIXERON PASAR.


               O PRÓXIMO CURSO REPETIMOS!

Distribuir contido