Educación Física
MENS SANA...
DICÍAN OS ROMANOS:
"MENS SANA IN CORPOREN SANO"
NÓS PODEMOS DICIR :
"MENTE SANA NUN CORPO SANO"
- APIs de Blogue
BIBLIOTECA MUNICIPAL E POLIDEPORTIVO
OS DÍAS 11, 12 E 13 DE MARZO AS ESCOLAS DO CRA REALIZARON UNHA VISITA A DOUS EDIFICIOS MUNICIPAIS: A BIBLIOTECA EO POLIDEPORTIVO.
SOFÍA E ÓSCAR FORON OS ENCARGADOS DE GUIARNOS NAS ACTIVIDADES QUE ALÍ REALIZAMOS
consulta a visita da
Escola de Pazo
Biblioteca e Polideportivo
- APIs de Blogue
POLIDEPORTIVO
UNHA MAÑÁ NO POLIDEPORTIVO PARA PRACTICAR O DEPORTE E A AMIZADE
DESPEDIDA
E CHEGOU O VERÁN, E CON EL AS VACACIÓNS.
QUE RÁPIDO SE PASOU O CURSO E CANTAS COUSAS APRENDEMOS!!
E CHEGOU TAMÉN O MOMENTO DA DESPEDIDA.
FORON MOITOS ANOS DE XOGOS, BAILES, CANCIÓNS, HABILIDADES,
DEPORTES, ... E SOBRE TODO DE APRENDER A DIARIO, CONSTANTEMENTE.
PARA MIN FOI UNHA EXPERIENCIA ÚNICA E IRREPETIBLE, SEMPRE LEVAREI
NO MEU CORAZÓN AS ESCOLAS, AS FAMILIAS, OS COMPAÑEIR@S MESTR@S, E
SOBRE TODO O ALUMNADO E AS EXPERIENCIAS VIVIDAS.
MOITOS BICOS PARA TOD@S E NON ESQUEZADES ESTES TRES CONSELLOS:
- XOGADE MOITO.
- ALIMENTÁDEVOS BEN.
- PRACTICADE ALGÚN DEPORTE A DIARIO.
ESTE É O MEU RETRATO FEITO POR UNHA ALUMNA, A QUE QUEDEI GUAPA?
XOGOS CON PARACAÍDAS
PARA REMATAR O CURSO ADICAMOS UNHA SESIÓN A XOGOS COOPERATIVOS CON PARACAÍDAS. XOGAMOS A ONDIÑAS E TEMPORAL, AOS INTERCAMBIOS BAIXO O PARACAÍDAS, AO GATO E O RATO, O CANGREXO, FACEMOS PALOMITAS,... E O QUE MÁIS NOS GUSTA: AS OVELLIÑAS E O LOBO.
- APIs de Blogue
XIROS
DESPOIS DE TANTA ACTIVIDADE NO EXTERIOR RETORNAMOS Á NORMALIDADE, AO TRABALLO DE AULA. ESTA SEMANA ESTAMOS TRABALLANDO OS XIROS, OU VOLTERETAS, OU TOMBOS DE GATO, ... DE CANTAS MANEIRAS PODEMOS CHAMARLLES!!
PRIMEIRO FACÉMOLOS EN PLANO INCLINADO, QUE É MÁIS DOADO
A CONTINUACIÓN ATREVÉMONOS EN PLANO HORIZONTAL
PODEDES PROBAR TAMÉN NO VOSO TEMPO LIBRE, PERO SEMPRE EN SITIO SEGURO.
NON SE VOS OCURRA PRACTICAR NO SOFÁ OU NA CAMA!! QUE É PERIGOSO.
- APIs de Blogue
PIRAGÜISMO
O TEMPO METEOROLÓXICO NON ACOMPAÑOU, PERO SI A ILUSIÓN , O ENTUSIASMO E AS GAÑAS DE PROBAR ALGO DIFERENTE. PESE Á CHUVIA, SAÍMOS A REMAR!!
OS MONITORES DO CLUBE DE PIRAGÜISMO AS TORRES-ROMERÍA VIKINGA DE CATOIRA: ISMAEL, BELÉN, LUCAS E ADRIÁN EXPLÍCANNOS OS DIFERENTES TIPOS DE EMBARCACIÓNS E ESTILOS DE REMAR.
A CONTINUACIÓN ATREVÉMONOS NÓS TAMÉN A PROBAR
MENTRAS, O RESTO DO GRUPO ATENDÍA AS EXPLICACIÓNS DE ISMAEL NO XIMNASIO
DESPOIS DE TANTO ESFORZO RECUPERAMOS ENERXÍAS CUNHA BOA MERENDA
A CONTINUACIÓN VISUALIZAMOS UN VIDEO QUE NOS PRESENTOU BELÉN
MOI ATENTOS ÁS EXPLICACIÓNS
E REMATAMOS VENDO OS TROFEOS QUE FOI ACADANDO O CLUBE AO LONGO DA SÚA TRAXECTORIA, AQUÍ VEDES UNHAS MOSTRAS. HAI MOITOS MAIS!!
PINCHADE AQUÍ PARA VER A PRESENTACIÓN DAS FOTOS
- APIs de Blogue
PIRAGÜÍSMO
O MARTES 5 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, O ALUMNADO DE PRIMARIA REALIZOU NAS MARXES DO RÍO ULLA ACTIVIDADES DE SENDEIRISMO E PIRAGÜÍSMO EN COLABORACIÓN CO CLUB DEPORTIVO "AS TORRES" DE CATOIRA.
visualiza a nova en
- APIs de Blogue
XORNADA SAUDABLE EN FAMILIA
O SÁBADO 2 DE XUÑO O CRA DE RIANXO, A TRAVÉS DO SEU DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA, ORGANIZOU EN COLABORACIÓN CO CLUB DE PIRAGÜÍSMO DE CATOIRA UNHA XORNADA FAMILIAR DE ACTIVIDADES SAUDABLES.
ver a xornada no
- APIs de Blogue
XORNADA SAUDABLE
XORNADA SAUDABLE
DENTRO DO PROGRAMA DE EDUCACIÓN PARA A SAÚDE QUE ESTAMOS DESENVOLVENDO NO CRA PROMOVEMOS UNHA XORNADA SAUDABLE QUE SE LEVOU A CABO ESTE PASADO SÁBADO DÍA 2 DE XUÑO.
ALUMNADO E FAMILIAS XUNTÁMONOS FRENTE ÁS INSTALACIÓNS DO CLUBE DE PIRAGÜISMO AS TORRES-ROMERÍA VIKINGA DE CATOIRA.
MENTRAS MANUEL ISORNA IMPARTÍA UNHA CHARLA PARA OS ADULTOS CO TEMA: FAMILIA E DEPORTE. INFLUENCIA DO MODELO FAMILIAR. OS PEQUENOS TIVEMOS UNHA SESIÓN DE XOGOS COOPERATIVOS.
A CONTINUACIÓN PREPARÁMONOS PARA EMBARCAR E PRACTICAR REMO EN FAMILIA
FIXEMOS UN PEQUENO PASEO POLA SENDA DO RÍO ULLA
AO REMATE DO PASEO AGARDÁBANOS UNHA SORPRESA
O FREDERIKSUND É UN BARCO CONSTRUIDO NA CIDADE DANESA DO MESMO NOME, HERMANADA CON CATOIRA DESDE HAI VARIOS ANOS, SEGUINDO OS MÉTODOS TRADICIONAIS DAS CONSTRUCCIÓNS VIKINGAS.
É INDESTRUCTIBLE!
DESDE O BARCO VIKINGO VIMOS COMO ANXO ENTRENABA COA SÚA PIRAGUA DE COMPETICIÓN.
AO REMATE DA TARDE MERENDAMOS TODOS XUNTOS NO PARQUE
E AÍNDA TIVEMOS TEMPO PARA PARA COMPARTIR XOGOS
FOI UNHA XORNADA BEN BONITA E BEN APROVEITADA!
VELAQUÍ UNHA PEQUENA PRESENTACIÓN
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »