FESTA FIN DE CURSO DA ANPA "IRMÁNS ÍNSUA" DO CRA NO CAMPING DE RIANXO

O domingo 23 as familias do Cra celebramos a nosa festa de fin de curso no parque de aventuras do camping de Rianxo, na Praia do Porrón e no monte dos arredores.
Unha gran familia feita de familias máis pequenas

CLUB DE LECTURA INFANTIL

A ANPA IRMÁNS ÍNSUA CELEBROU A DERRADEIRA SESIÓN NESTE CURSO ESCOLAR DO SEU CLUB DE LECTURA.
A ACTIVIDADE DESENVOLVEUSE NA AREA RECREATIVA DE CAMPO MANEIRO O MÉRCORES 19 DE XUÑO E CONTOU COA ASISTENCIA DE MEMBROS DA ASOCIACIÓN AMICOS

REUNIÓN COAS FAMILIAS DE NOVO INGRESO

O CRA DE RIANXO REALIZARÁ O MARTES 18 DE XUÑO UNHA REUNIÓN DE BENVIDA PARA TODAS AS FAMILIAS DO ALUMNADO QUE SE INCORPORARÁ Ó NOSO CENTRO NO VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2013-2014.

O ENCONTRO TERÁ LUGAR NA SEDE DO CRA, EN ATALAIA, ASADOS, ÁS 18:30 HORAS

accede á benvida da ANPA Irmáns Ínsua

CONCERTO PARA AS AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL

DESTA VOLTA, XA REMATANDO O CURSO, O NOSO AMIGO DANIEL CONVÍDANOS A PARTICIPAR NO AUDITORIO DE RIANXO O MARTES 18 ÁS 12:30 H. NO CONCERTO DE
"MARÍA FUMAÇA",
UN PROXECTO EDITORIAL QUE BUSCA COMPARTIR  CON TODOS NÓS A ALEGRÍA DA MÚSICA E DA LITERATURA


PREMIO DO PROGRAMA A21

O PROGRAMA MEDIOAMBIENTAL "AXENDA 21" VEN DE PREMIAR Á COMUNIDADE EDUCATIVA DO CRA DE RIANXO POLO TRABALLO REALIZADO DURANTE O CURSO ESCOLAR  ENCOL DO AFORRO ENERXÉTICO

O PREMIO CONSISTE NUNHA SESIÓN DE CONTACONTOS CON ANXO MOURE O VENRES 14 DE XUÑO E NA DOAZÓN DE MATERIAL PARA A BIBLIOTECA DOS AMIGOS E AMIGAS DE DANIEL.

NORABOA POLO PREMIO E GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN NO PROXECTO!

consulta as novas da sección
Aforro enerxético

CLUB DE LECTURA DA ANPA

A ANPA IRMÁNS ÍNSUA ORGANIZOU, O MÉRCORES DÍA 5 DE XUÑO, UNHA NOVA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA INFANTIL NA ESCOLA DE QUINTÁN.
LECTURA, MÚSICA E PASEO COS AMIGOS Á BEIRA DO RÍO ULLA


XORNADAS NOS CENTROS RECEPTORES

 O ALUMNADO QUE CURSA O SEU DERRADEIRO ANO ACADÉMICO NO CRA DE RIANXO ESTÁ A REALIZAR NESTES DÍAS UNHA VISITA ÓS CENTROS RECEPTORES PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR, O CEP "BREA SEGADE", DE TARAGOÑA E O CEIP "CASTELAO", DE RIANXO .

navega polas páxinas web do

CEP Xosé Mª Brea Segade

CEIP A.D.R. Castelao

ROTEIRO ARQUEOLÓXICO

O CLUB DE LECTURA "FRORES DO MEU AMIGO" DO CRA DE RIANXO PROGRAMOU, O XOVES 30 DE MAIO, UN ROTEIRO ARQUEOLÓXICO ÁS "COVAS DOS MOUROS" (MÁMOAS DOS CAMPIÑOS) E Ó PETRÓGLIFO DO FOXO VELLO, EN LEIRO.


PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE

O MARTES 28 DE MAIO AS AULAS DO CRA REALIZARÁN UNHA VISITA DIDÁCTICA
Ó PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE ( PAAR ), EN CAMPO LAMEIRO,
CO OBXECTO DE PROFUNDIZAR NO COÑECEMENTO DOS PETRÓGLIFOS GALEGOS

Consulta información sobre o PAAR en

Actividades Complementarias

Saídas: PAAR. Campo Lameiro

ver a visita da

Escola de Pazo (Infantil)

Escola de Rañó

Escola de Cruceiro

Distribuir contido