A Serea do Pozo Bastón

Estes días, relendo un libriño titulado " Os mouros no Imaxinario Popular ", de Mar Llinares García, atopei recollida unha lenda que fai referencia ó Pozo Bastón, un lugar onde o río Té , na súa baixada polos montes de Araño en busca do mar, forma unhas fermosas pozas.

Aquí tendes a historia tal e como alguén lla contou á autora do libro.

Saúdos para todos. Sol

♣ 

"NO POZO BASTÓN DURANTE UNHA SEMANA IBA UN MOZO E NON VIÑA DE VOLTA, OUTRO, E DESAPARECÍA.

O ÚLTIMO DÍA DA SEMANA FOI UN CURA.

ÁS DOCE SALEU A DAMA PEINANDO OS CABELOS LOIROS CUN PEINE DE PLATA. DENDE ENTÓN DIN QUE HAI UNHA SIRENA. ERA DAMA DE CORPO PARA ARRIBA E SIRENA PARA ABAIXO.

 OS MOZOS NAMORÁBANSE DELA E TRAGÁBAOS A AUGA.

O CURA DIXO QUE NON O CREÍA, E QUE IBA IR ÉL, E SE NON VOLVÍA ERA VERDÁ.

E NON VOLVEU. " 

 

QUE LENDA TAN BONITA.

QUE LENDA TAN BONITA. MOITAS GRAZAS POR COMPARTILA CON NÓS.

NÓS CREMOS QUE A HISTORIA É VERDADEIRA PORQUE A SIRENA É MOI GUAPA E TODOS SE NAMORAN DELA.

BICOS PARA TODOS.

RAÑÓ  12 DE MAIO DE 2009.