O Castelo da Lúa

 

OLA, EU SON DANI E TEÑO 4 ANOS. VIVO NO PAZO E MOI PRETO DA MIÑA  CASA ESTÁ O CASTELO DA LÚA. VANESA, A MIÑA NAI, CONTOUME QUE CANDO ELA ERA UNHA NENA GUSTÁBALLE ESCOITAR AOS MÁIS VELLOS DA ALDEA CONTAR HISTORIAS MOI FERMOSAS SOBRE ESTE CASTELO.

A QUE MÁIS LLE GUSTABA  É A QUE SEGUE:

 
DANI E A SÚA IRMÁ IRENE NOS RESTOS DO CASTELO DA LÚA


 "FAI MOITOS, MOITOS  ANOS CHEGOU Á PRAIA DO PAZO UN BARCO ÁS ORDES DUN CAPITÁN MOI COBIZOSO, E ATRACARON NUN PEQUENO EMBARCADOIRO PARA CARGAR UNS POUCOS VÍVERES E SEGUIR LOGO O RUMBO.

CANDO ATRACARON, O CAPITÁN  QUEDOU ABRAIADO COA BELEZA DUNHA MOZA MORENA DE LONGA MELENA. MANDOU  OS SEUS MARIÑEIROS QUE A TROUXERAN E UNHA VEZ  QUE A TIÑA DIANTE PREGUNTOULLE O SEU NOME:"ERA XENIA" .

O CAPITÁN MANDOU A UNHA SERVENTA QUE VESTIRA A XENIA COAS MELLORES ROUPAS E ACAMPARON NUN CAMPO QUE HABÍA PRETO DO  EMBARCADOIRO.

POLA NOITE O CAPITÁN PEDIULLE A XENIA QUE CASARA CON EL E  PROMETEULLE QUE LLE CONSTRUIRÍA UN CASTELO NO MESMO SITIO ONDE ESA NOITA ESTABAN A CEAR. XENIA ESTABA NAMORADA DOUTRO MOZO DA ALDEA E ASÍ LLO FIXO SABER (O CAPITÁN MANDOUNO MATAR). XENIA REMATOU CASANDO CO CAPITAN E TIVERON UNHA FILLA QUE SE CHAMOU LÚA (PORQUE ERA TAN FERMOSA COMA ELA)

LÚA MEDROU DENTRO DO CASTELO E CANDO SE FIXO UNHA MOZA SENTIU CURIOSIDADE POLA ALDEA E QUIXO VISITALA. FOI CON SÚA NAI E NA VISITA VEU A UN MOZO MOI GUAPO, ERA O FILLO DO PANADEIRO. NAMORARONSE E FORONSE VENDO AS AGACHADAS. UN DÍA, LÚA, CONTOULLE O SEU ROMANCE A SEU PAI QUE NON O ACEPTOU POIS XA A TIÑA COMPROMETIDA CO MÁIS RICO DA ALDEA DO PAZO.

ANTE A NEGATIVA DE SEU PAI A PARELLA QUEDOU UNHA NOITE PARA ESCAPAR XUNTOS. CASE O CONSEGUEN NA NOITE ESCURA OIUSE UN DISPARO QUE DEU NO CORAZÓN DE LÚA E MÁIS TARDE OUTRO DIRIXIDO Ó SEU AMOR. AGONIZANDO CONSEGUIRON SUBIR A UNHA BARCA  QUE COA TORMENTA FOI FUNDIR Ó CHOCAR COA PEDRA DO CORVO.

CANDO XENIA SOUBO DESTE FINAL MATOU Ó SEU HOME E LOGO REMATOU COA SÚA VIDA DEIXANDO TODO EN MANS DOS NOSOS ANTERGOS"

                                                        VANESA, DANI e IRENE

 

MANOLA, A NAI DE LIDIA, CONTOUNOS QUE CANDO ERAN MOZAS A SÚA IRMÁN E ELA ÍAN XOGAR MOITO POLO CASTELO E ARREDORES.

OUTRA COUSA QUE RECORDA  MANOLA   E QUE OS MÁIS MAIORES DA ALDEA DICÍAN QUE DESDE O CASTELO DA LÚA ATA O MONTE DO CASTRO HAI UN TÚNEL AGOCHADO POR ALGURES.