Da Escola de Cruceiro a Iñobre e A Senra

Hoxe, acompañados por algúns familiares, fomos dar un paseo polas aldeas de Cruceiro, Iñobre e A Senra. Son das que están máis preto da escola sen ter que acercarnos á estrada comarcal que une Padrón e Boiro.

Polo camiño saudamos ós veciños e observamos parte do seu traballo ( como escunchaban os mexillóns da rocha, os cestos que fai o avó de Lía, ...).

Vimos cruceiros de capeliña e cruces de pedra, graneiras, reloxos de sol, lavadoiros,a capela do pazo de Vista Real...e as fermosas vistas que se observan dende alí.

   
   
   
   

Tamén fomos convidados a entrar na casa de Irene e Cesar para visitar o pombal, coa súa nova moradora, a araña branca. Coñececimos ós parrulos que van ter crías dentro dunha semana e o niño que fai tódolos anos un paxaro no alpendre. Vimos un arado de madeira e escoitamos a historia do pazo, a capela e a señora de Vista Real

   
   


Merendamos, xogamos, descansamos, aprendemos, camiñamos e cansamos.

   

Foiche unha boa aventura!!

 

 

Como se chama o lugar onde está o cruceiro que aparece na foto?

Fixéchedes un paseo moi lindo e fermoso, e tamén apoio a idea de que sair é moi divertido e amáis aprendense moitas cousas.

Mais para poder sair, hai que atender moitos ás profesoras, ter coidado cos coches, e coidar de non despistarse do grupo, vos que tal atendíchedes a Sol e a Paula?

As fotos que puxéchedes son moi fermosas, queríavos preguntar polo cruceiro de capeliña que aparece na foto, semella que non ten basamenta, que normalmente ten forma de escalóns. De todas maneiras, como se chama o lugar onde está ese cruceiro?

Amáis o Cruceiro ten algún nome?

Sabedes algún conto ou lenda que fale do Cruceiro?

Moitos bicos

Tobías

PILLABÁNS!

SILVIA E MÁIS TI SODES DOUS BOS PILLABÁNS. TODO O DÍA A PASEAR!!

SOBRE O CRUCEIRO DE CAPELIÑA, DICIRCHE QUE ANTES ESTABA SITUADO NA FINCA DA FAMILIA DE CESAR E IRENE PERO QUE O QUITARON FÓRA PORQUE DIN QUE ESTORBABA AS TAREFAS DA CASA. AGORA ESTÁ INSTALADO NUN CRUCE DE CAMIÑOS EN FRONTE DA SÚA CASA, NO LUGAR DE IÑOBRE. NON SABEN CANDO FOI MANDADO CONSTRUÍR. A XENTE MAIOR QUE VIVIU ANTES NA CASA XA NON O LEMBRABA.

ISTO É O QUE RECORDAMOS DO QUE NOS CONTARON O DÍA DA CAMIÑATA, PERO HABEMOS DE VOLVER A PREGUNTAR.

SOL E TODOS NÓS

CRUCEIRO DE IÑOBRE .

Cada un fala da feira segundo lle vai nela . . . ! ! !
É ben doado de comprender que a información que vos deron provén de a quen mais lle interesa " apropiarse " del ( do cruceiro ) . Po-la contra , se lle preguntades a calquera outro dos veciños de Iñobre ( e arredores ) confirmaranvos que éste sempre estivo ahí - na encrucillada principal da aldea ( no Camiño Sacramental ) - e que era público .
Foi " secuestrado " no ano 1.970 por esa familia . Cando lle quitaron os tres chanzos inferiores , que estorbaban pra anchealo camiño . Daquela foi valado ca actual aramiada .
Coñécese cos nomes de : " o cruceiro de Iñobre " , " o Santo Cristo de Iñobre " e " o cruceiro das Neves " .
Ainda conserva dúas ringleiras de chanzos debaixo do seu varal ; cubertos polas herbas e terra .
Os veciños de Iñobre levan anos tentando por recuperalo públicamente .

paseo pola aldea

gustoume moito o paseo e xogar o guante guante. Quero saír da escola máis a miudo. Son silvia