Visita a comercios de Campo de Pasos ( Taragoña)
A escola de Cruceiro está situada en pleno centro comercial de Taragoña : bancos, cafeterías e restaurantes, farmacia,estanco ... están a un paso da escola. Dende hai uns meses, e durante dúas mañás ó mes, instálase tamén un mercadillo na praza que hai na beira da escola.
Estas mañás soleadas de marzo animáronnos a saír a facer algunhas compras e aproveitamos tamén para saudar a familiares e veciños.
Na floristería de Carmela mercamos algunhas plantas e distinto material de xardinería.
No supermercado mercamos alimentos doces, salgados, ácedos e amargos.
Na librería da mamá de Jorge mercamos varias caixas de ceras.
Na carnicería saudamos á tía de Miguel e lembramos que cando consumimos carne estamos dándolle ó corpo un montón de proteínas.
Na xoiería saudamos á mamá e á tía de Sergio e escoitamos as explicacións que nos deron sobre o seu oficio.
Foron unhas visitas ben interesantes !!
E gastamos ben poucos cartos !!
- APIs de Blogue
NA FROITERIA ESTA A MAMA DO
NA FROITERIA ESTA A MAMA DO NOSO ALEX, DIEGO