GUÁ !

" GUÁ É UN BURATO QUE UNHA NENA FURA NA TERRA QUE OUTROS PISARON "
... E É TAMÉN O NOME DA PROPOSTA LITERARIA QUE O NOSO AMIGO DANIEL NOS OFRECEU PARA CELEBRAR O MES DOS LIBROS, DESTA VOLTA
, UNHA PROPOSTA ABERTA A TODA COMUNIDADE EDUCATIVA.

PARA ESTA ACTIVIDADE AS AULAS DO CRA DESPRAZÁRONSE AO AUDITORIO DE RIANXO O VENRES 25 DE ABRIL, ONDE POIDERON OBSERVAR A EXPOSICIÓN DOS PARAUGAS DA PAZ , E COMPLEMENTARON A SAÍDA CUNHA VISITA Á  BILIOTECA MUNICIPAL

ver a actividade na

Escola de Outeiro

Escola de Rañó

Escola de Cruceiro (4 e 5 anos)

Escola de Pazo

Guá, parabéns !!!É un

Guá, parabéns !!!

É un orgullo pertencer a unha comunidade educativa na que de cando en vez caen as paredes das aulas para recibir un sopro de vida que veu dado pola  marabillosa posta en escena do conto "Estela grita moi forte!

Unha aposta tan atrevida como necesaria, tan chea de poesía como de honestidade e autenticidade.

No mundo en que vivimos urxe concienciar ás crianzas sobre o dereito que teñen sobre os seus propios corpos, sobre a urxencia de dicir non cando alguén lles faga algo que non lles guste, en calquera ámbito da vida; dicir NON, con amabilidade , e cun grito se fora necesario.

É  desexable a fantasía pero non como refuxio nin como fuxida dunha realidade brutal, senón para afrontala e revelala, e iso foi o que aconteceu o venres pasado no Auditorio de Rianxo : a través de distintas situacións expresadas unhas con humor, e outras coa sutileza que require o tema, foron desgranándose e revelándose distintas situacións de violencia das que era víctima Estela, na escola, no ámbito do vecindario, na condución temeraria, nos tiróns de pelo ao ser peiteada, ata chegar ao abuso sexual camuflado de xogo, cariño e engano por parte do seu tío.

Se actos así se diran frecuentemente nos centros escolares, coa asistencia das familias, pouco a pouco iríamos tomando conciencia de que os contidos da escola deben ir moito máis alá da aprendizaxe dun segundo ou terceiro idioma, da informática, da lectoescritura temprana... , iríamos tomando conciencia de que se pode e se debe falar de todo, especialmente daqueles temas dos que de non facelo estariamos máis desprotexid@s, seríamos máis vulnerables aos perigos  cada vez máis presentes na nosa sociedade.

Ás veces, cando escoitamos nos medios de comunicación que un menor foi vítima de maltrato no ámbito familiar ou de achegados á familia, nos parece que son cousas que ocorren ao marxe de nós pero non é así , todos os nenos e nenas están expost@s ao maltrato polo que hai que darlle recursos para que poidan detectar situacións de risco  e que sintan que teñen dereito a dicir NON!!! cando algo non lles guste, primeiro con delicadeza pero se non funciona cun forte grito : GUÁ!

   GRAZAS E PARABÉNS A HELENA,

                                        A JOSÉ E

                                         A TERO

 

 María, profesora de Outeiro

Dereito a dicir non

Fago miñas as palabras de María, palabras xa expresadas entre nós, e que é oportuno facer públicas.

Grazas a Isabel Olid e Martina Vanda, autoras de "Estela grita muy fuerte" e a Tero Roríguez, Helena de Alfonso e Jose Lara, creadores de "Gua!", por dar visibilidade a distintas formas e graos de violencia na infancia que, lamentablemnete, agochadas, desculpadas ou mesmo aceptadas socialmente, seguen existindo hoxe en día

E grazas tamén por darnos voz, pausada e tranquila ou enérxica e contundente, e lembrarnos que podemos e debemos dicir Non! ante situacións que nos desgustan ou nos firen, e que é bo sacar cun Guá! ben forte a dor que nos quedou gardada no corpo por non ter sabido dicir non, ou por non ter preto a ninguén que soubera ver en nós as palabras que non fumos quen de pronunciar

Sol