Ola chicos como vexo que vos gustan moito as lendas galegas do mar, vouvos a contar outra historia que me contaba meu avó e que ten como protagonista unha ave xigantesca chamada o Averró.
Contaba meu avó que o Averró era unha ave xigante, con enormes garras, que vivía (ou vive) no alto duns penedos moi escarpados que hai no medio da nosa ría (a ría de Arousa), pero que só coñecen a súa situación exacta, os mariñeiros máis expertos. Despois da guerra que houbo no noso país fai moitos anos ( na época dos vosos bisavós), a comida escaseaba e o peixe que pescaban os mariñeiros era para vender e poder sobrevivir. Entón meu avó me dicía que para non pasar fame os mariñeiros iban nas súas dornas e gamelas ata o medio da ría ao niño do Averró para lle roubar os ovos. Porque os ovos eran tan grandes que bastaba un só para facer unha tortilla para toda a familia.
A travesía era moi perigosa, e había que saír moi cedo para chegar as rochas antes de abrir o día. E ao chegar aos penedos tiñan que ter moito coidado coas ondas que rompían na base, e ao mesmo tempo tiñan que ir moi a modiño para se asegurar de que o Averró non estivera no niño. Meu avó me contaba como gabeaban polas rochas ata chegar ao niño, e como collían os ovos e fuxían, pendentes do ceo en todo momento, por si vían aparecer as grandes ás do Averró ou por si o sentían píar, contaba que daba uns chíos moi agudos que se oían dende moi lonxe. Pero unha vez iniciaban a viaxe de regreso o perigo non remataba porque si o Averró voltaba antes de que estiveran lonxe dos penedos , empezaba a perseguilos para recuperar os seus ovos , atacabaos e afundía as embarcacións.
Meu avó me contaba que el fóra en moitas ocasións e que sempre tivera moita sorte, incluso duhna vez que foran buscar os ovos aos penedos e ao chegar ao niño se atoparon co Averró durmindo, e case morren co susto e tiveron que baixar polas rochas moi a modiño e escapar na dorna o máis rápido que puideron.
Bueno xa vedes cantas historias me contaban meus avós, i eu estou encantada de compartilas con todos vos, espero que vos guste.
CELIA GRAZAS POR CONTARNOS ESTA HISTORIA TAN BONITA . TE DAMOS BICOS E AGORA IMOS XOGAR Ó AVERRÓ NO XIMNASIO E DESPOIS IMOS IR PARA A CLASE E FACER UN DEBUXO DO AVERRÓ QUE O IMOS POÑER NO PORTAL.FIN
ALEX, GABI,FRAN,CARLOS,FABIOLA, PAULA,ABEL.CLARA,HELENA,FROILAN,EVANGELINA BREOGAN SABELA E SOL
Moitas grazas a vós estou desexando que chegue o martes para ver os debuxos que ides facer do Averró, de verdade que me fai moitísima ilusión que vos gusten estas historias que formaban parte da miña infancia e que agora comparto con todos vos.
Algún día me gustaría que puidesemos facer unha expedición científica todos xuntos ao medio da ría para buscar os penedos e ao Averró e sacarlles fotos para colgalas no portal. Pero... qué sorte! dentro de moi pouquiño imos facer unha excursión a illa de Sálvora, e imos ter que facer unha travesía polo medio da ría subidos nun barco, así que temos que estar pendentes de si vemos algo, porque non vaia a ser que o niño do Averró estexa cerca de Sálvora.
Ola nenos e nenas como ben sabedes o mes de maio acaba de comezar, e como é costume na nosa terra, o derradeiro día de abril as casas galegas engalánanse con maios e con toxo da envexa, colocamos estas herbas nas portas, nas ventás ou nos balcóns das nosos fogares, como ritual de protección contra as meigas e a mala sorte.
Nas vilas mariñeiras, segundo o que me contaban meus avós, con esta costume escorrentamos ás meigas que fuxen cara o mar e quedan alí agochadas ata a noite de San Xoán.
O 23 de xuño celebramos a festa de S. Xoán e prendemos fogueiras e cacharelas como ritual de purificación, o que provoca que as meigas abandonen o mar e que a agua quede purificada. Entón según esta historia , cando eu era pequena, os vellos dicían que non te podías bañar no mar ata despois do 23 de xuño, porque ata entón as meigas agochadas na auga poden conseguir que enfermes de gripe.
Polo que xa sabedes nenos, ata despois de S. Xoán nada de bañarse no mar!
Espero que vos guste esta lenda que é moi antiga, e que vos divirtades moito debuxando maios, meigas agochadas no mar e fogueiras purificadoras.
Lenda mariña do Averró

Moitos biquiños da profe Celia
CELIA GRAZAS POR CONTARNOS
CELIA GRAZAS POR CONTARNOS ESTA HISTORIA TAN BONITA . TE DAMOS BICOS E AGORA IMOS XOGAR Ó AVERRÓ NO XIMNASIO E DESPOIS IMOS IR PARA A CLASE E FACER UN DEBUXO DO AVERRÓ QUE O IMOS POÑER NO PORTAL.FIN
ALEX, GABI,FRAN,CARLOS,FABIOLA, PAULA,ABEL.CLARA,HELENA,FROILAN,EVANGELINA BREOGAN SABELA E SOL
Moitas grazas a vós
Moitas grazas a vós estou desexando que chegue o martes para ver os debuxos que ides facer do Averró, de verdade que me fai moitísima ilusión que vos gusten estas historias que formaban parte da miña infancia e que agora comparto con todos vos.
Algún día me gustaría que puidesemos facer unha expedición científica todos xuntos ao medio da ría para buscar os penedos e ao Averró e sacarlles fotos para colgalas no portal. Pero... qué sorte! dentro de moi pouquiño imos facer unha excursión a illa de Sálvora, e imos ter que facer unha travesía polo medio da ría subidos nun barco, así que temos que estar pendentes de si vemos algo, porque non vaia a ser que o niño do Averró estexa cerca de Sálvora.
Moitos biquiños da profe Celia
Lenda galega dos maios e o mar
Ola nenos e nenas como ben sabedes o mes de maio acaba de comezar, e como é costume na nosa terra, o derradeiro día de abril as casas galegas engalánanse con maios e con toxo da envexa, colocamos estas herbas nas portas, nas ventás ou nos balcóns das nosos fogares, como ritual de protección contra as meigas e a mala sorte.
Nas vilas mariñeiras, segundo o que me contaban meus avós, con esta costume escorrentamos ás meigas que fuxen cara o mar e quedan alí agochadas ata a noite de San Xoán.
O 23 de xuño celebramos a festa de S. Xoán e prendemos fogueiras e cacharelas como ritual de purificación, o que provoca que as meigas abandonen o mar e que a agua quede purificada. Entón según esta historia , cando eu era pequena, os vellos dicían que non te podías bañar no mar ata despois do 23 de xuño, porque ata entón as meigas agochadas na auga poden conseguir que enfermes de gripe.
Polo que xa sabedes nenos, ata despois de S. Xoán nada de bañarse no mar!
Espero que vos guste esta lenda que é moi antiga, e que vos divirtades moito debuxando maios, meigas agochadas no mar e fogueiras purificadoras.
Moitos biquiños da profe Celia
GRAZAS POR CONTARNOS ESTA
GRAZAS POR CONTARNOS ESTA HISTORIA.
CELIA VICHES ALGUNHA BRUXA NO MAR?
QUEREMOSCHE MOITO!!!
ALEX, GABI,FRAN,CARLOS,FABIOLA, PAULA,ABEL.CLARA,HELENA,FROILAN,EVANGELINA SABELA E SOL
QUE BONITO, CELIA, UN OLÉ
QUE BONITO, CELIA, UN OLÉ POLA TÚA AVÓA