LETRAS GALEGAS : A PANCARTA
A pancarta que fixemos para levar á CARREIRA POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS era un panel de recomendacións de libros de contos e poemas. Nenos e nenas elixen na biblioteca un ou máis libros que lles gusten, debuxan as súas portadas, danlle color e as pegan na bandeira galega. Logo debúxanse a sí mesmos e colócanse detrás para que nenos e nenas das outras escolas vexan cales son os libros recomendados. Van colocados por ámbolos dous lados da pancarta.
Vímolo facendo tódolos anos así. Penso que é unha bonita maneira de honrar este día , difundindo os libros de contos e poemas cos que disfrutamos na escola.
Os títulos seleccionados foron :
ROSEIRA DO TEU MENCER
FREDERICK
NADARÍN
GAROTO BUSCA UNHA ESTRELA
PACO PAPÁN
CORRE CORRE, CABACIÑA
OS TRES BANDIDOS
TITIRITESA
A BRUXA REGAÑADENTES
CHOCOLATA
XAIME E AS LANDRAS
RITA
CATARINA E O OSO
SOLDADIÑO DE CHUMBO
TITIRITESA
QUEN BEN CHE QUER
Descubrides a ilustración de cada conto?
- APIs de Blogue