COLORÍN E O GALO PEDRÉS

Hai uns días Jorge falounos de que os seus avós tiñan un galo que era moi malo porque pitucaba a todo o mundo. Pregunteille como se chamaba e dixo que era o galo Pedrés. Póñoo con maiúscula porque pensei que ese era o seu nome; despois entereime de que pedrés é un tipo de galo moi elegante, de plumas brancas e negras.

      Andabamos aqueles días lendo poemas de Xosé Mª Alvarez Blázquez e un falaba dos medos de Colorín, a súa filla, que a espertaban chorando : o vento, os paxaros...

     Moitos dos poemas que Xosé Mª fixo para a súa filla falan de animais : o año pitaño, a cabuxa luxa, o gato cegato, o coello vello, o galo ralo, a galiña Tiña, o vilorico de longo pico....

     De seguro que a Colorín malia terlles medo gustábanlle moito os animaliños así que aproveitando a intervención de Jorge dixen :

     Seguramente a Colorín gustaríalle visitar ao galo pedrés pero como Jorge di que é tan malo... que pensades que lle diría o seu pai cando ela quixera ir  velo ? E aquí foi nacendo o seguinte poema :

 

COLORÍN  E  O  GALO  PEDRÉS

COLORÍN,

NON VAIAS

ONDA O GALO

PEDRÉS,

QUE CHE PITUCA

NO CÚ

E NOS PÉS.

Bonito, verdade?

Para que vexades o elegante que é o galo pedrés de Jorge a súa mamá fíxolle unhas fotos que aquí vos mando e a ver se noutro momento tamén ilustramos este poema.

   
   

ESE GALO PEDRÉS!!!!

QUE POEMA TAN BONITO FIXESTES ADICADO AO GALO PEDRÉS. NAS FOTOGRAFÍAS VESE BEN GUAPO, SEGURO, SEGURO QUE É O AMO DO CORRAL DA AVOA DE JORGE.

ONTE, PATI E A SÚA AVOA TROUXERON Á ESCOLA UN PITIÑO E CONTÁRONNOS QUE NO SEU CORRAL TEÑEN GALOS PEDRESES QUE "PITUCAN"  MOITO 

BICOS DA ESCOLA DE CRUCEIRO, 3 ANOS.